VANGARDA TECNOLÓXICA.

SyC é pioneira das ITVs españolas na implantación da sinatura dixital.

TRABALLA CON NÓS.

Sentímonos orgullosos de dispoñer dos mellores profesionais. Se estás interesado en formar parte de algunha das empresas do grupo, envíanos o teu currículo.

EMPREGO CON APOIO.

Levamos anos desenvolvendo un proxecto de integración de discapacitados intelectuais no noso equipo. Máis información na nosa web de emprego con apoio.

FOMENTO DE INICIATIVAS.

Supervisión y Control pertence ao grupo Fomento de Iniciativas, con corazón galego e implantación internacional.

web grupo Fomento de Iniciativas

Supervisión y Control, ¿Quén somos?.

Supervisión y Control, entidade concesionaria da Xunta de Galicia, é unha empresa privada integrada no Grupo Fomento de Iniciativas que ten como actividade a inspección técnica de vehículos ITV no eido xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia.

Realizamos todos os tipos de Inspección Técnica establecidos na normativa vixente para todo tipo de vehículos. Supervisión y Control garante en todo momento que as inspeccións técnicas dos vehículos fanse con total imparcialidade, independencia e confidencialidade.

I+D+i e calidade.

Supervisión y Control está acreditada como Entidade de Inspección por ENAC e tamén ten o seu Sistema de Xestión da Calidade certificado por AENOR.

Colaboramos con distintas entidades, organismos oficiais, universidades e centros de investigación en diversos estudos e proxectos I+D+i sobre seguridade vial e protección do medio ambiente.

Contamos contigo, envíanos o teu currículum.

En Supervisión y Control e no grupo Fomento de Iniciativas, sentímonos orgullosos de dispoñer dos mellores profesionais.

Dende o ano do noso nacemento fomos desenvolvendo día a día e con grande esforzo novos proxectos con diversidade de oportunidades de traballo para distintos profesionais.

En cada proxecto buscamos persoas que se queiran integrar nun equipo no que o dinamismo, a iniciativa e a integridade son as competencias que definen a forma de actuar.

Se estás interesado en formar parte de algunha das nosas empresas, a través da páxina web de emprego do Grupo Fomento de Iniciativas convidámoste a que nos envíes o teu currículo e engadiremoste en aqueles procesos  de selección e ofertas de emprego nos que consideremos que podes lograr un desenvolvemento profesional axeitado. Tamén pasarás a formar parte da nosa base de datos, poñendo á túa disposición a opción de manter actualizado o teu currículo mediante una clave de acceso persoal que recibirás por e-mail una vez te deas de alta.

Responsabilidade social. Son capaces.

Cumprindo coa nosa parte de responsabilidade social e mediante a tecnoloxía de 'emprego con apoio', levamos anos desenvolvendo un proxecto de integración de discapacitados intelectuais no noso equipo, cunha metodoloxía e resultados que temos reflectido nunha web propia.

Supervisión y Control, S.A. pertence ao grupo Fomento de Iniciativas, c/Enrique Mariñas Romero 36, planta 1ª - Edif. Torre de Cristal - 15009 A Coruña - Galicia - España.