¿CANDO?
¿Sabe vostede cándo lle cadra pasar a ITV ao seu vehículo?. Consulte as frecuencias de inspección.
PREGUNTAS FRECUENTES.
Bótelle un ollo a este documento pdf, nél respostamos ás preguntas máis frecuentes dos nosos usuarios. Resolveralle as súas dúbidas.
CITA PREVIA.
Non agarde. Non faga colas. Dende esta mesma web escolla o día e a hora para pasar a ITV.
UNIDADES MÓBILES.
Se vostede non chega a nós, nós achegámonos a vostede. Se o desexa, pode solicitar cita previa nunha das nosas unidades móbiles ou consultar o calendario. Lembre que as unidades móbiles soamente están destinadas a realizar Inspeccións Periódicas.
SERVICIOS TÉCNICOS OFICIAIS.
Consulte o Catálogo de Servicios Técnicos Oficiais designados polo MINETUR no ámbito dos Vehículos e Transportes.
Seguridade vial, protección do medio ambiente, control do transporte de mercadorías.
"A seguridade dun vehículo ten que ser tal que a súa utilización en condicións normais de condución, respectando en todo momento as regulamentacións técnicas e o Regulamento Xeneral de Vehículos, non poda producir perigo ningún, molestia ou dano ao seu condutor e demais usuarios da vía pública."
"O primeiro obxectivo da inspección periódica é comprobar que os vehículos non se teñen deteriorado por desgaste, dano ou envellecemento."
"Por iso, a ITV versa sobre as condicións do vehículo que atanguen a:
- Seguridade vial.
- Protección do medio ambiente.
- Inscricións regulamentarias.
- Vixencia dos certificados para o transporte de mercadorías perigosas e mercadorías perecedoiras."
"Na inspección seguiranse os criterios técnicos descritos no "Manual de procedimiento de inspección de las estaciones ITV." (R.D. 2042/94 de 14 de outubro, que establece a obrigatoriedade da ITV e as frecuencias de inspección).
¿Cándo?. Frecuencias de inspección.
¿Sabe vostede cándo lle cadra pasar a ITV ao seu vehículo?. Amosámoslle un cadro coas frecuencias de inspección, segundo o tipo e antigüidade do seu coche.
Tarifas.
Estas son as tarifas vixentes.
Documentación necesaria.
Cando vaia pasar a Inspección Técnica de Vehículos, non esqueza levar consigo os seguintes documentos:
- Permiso de Circulación.
- Tarxeta de Inspección Técnica.
Na estación ITV requerirán a acreditación do seguro obrigatorio e constatarán a súa vixencia. Recorde que para acreditar a súa vixencia mediante xustificante de pago, este deberá conter, polo menos, a identificación da entidade aseguradora, a matrícula do vehículo, o período de cobertura e a indicación da cobertura do seguro obrigatorio. (Art. 14 do Regulamento do Seguro Obrigatorio de Responsabilidade Civil na circulación de vehículos a motor).
Reformas de importancia.
Se pretende regularizar algunha Reforma de importancia, pode utilizar o Manual de Reformas de Vehículos, elaborado polo MINETUR, como guía de referencia para a súa tramitación. Lembre que, salvo nos casos contemplados regulamentariamente, non está permitido suprimir, engadir ou sustituir pezas, elementos ou conxuntos do vehículo suxeitos ao cumprimento de algún regulamento técnico, por outros que non cumpran a devandita regulamentación ou ben non correspondan ao vehículo.
Para outras inspeccións, contacte co noso Centro de Atención ao Cliente e facilitarémoslle toda a información que poda precisar.