Persoas
En Supervisión y Control SA temos contratadas a 13 persoas discapacitadas.
Desenvolven o seu traballo en oficinas ou nos distintos centros da rede galega de ITV. Realizan tarefas de auxiliar de oficina (escaneo de documentación, envíos...) e de limpeza, en xornada completa ou a tempo parcial.
Suma e segue
Rendibilidade e productividade nos nosos centros de traballo:
- Os discapacitados intelectuais son traballadores capaces e responsables.
- A nosa experiencia indica que contribúen de forma notable á produtividade, á estima do persoal e ó espírito de equipo.
- A implicación da empresa crece para o conxunto dos empregados. A razón é que ven nela máis obxectivos có simplemente económico.
Responsabilidade, imaxe e incentivos:
- A Lismi (Lei de integración social de minusválidos) establece unhas cotas obrigatorias de reserva de postos de traballo para persoas con minusvalías dun 2% nas empresas privadas, con 50 ou máis persoas no cadro de persoal, e dun 3% nas administracións públicas. En ambos os casos quedarán exentas desta obriga sempre que se apliquen as medidas alternativas determinadas regulamentariamente. (R.D.27/2000)
Bonificación nas cuotas da Seguridade Social.
- Incentivos da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais (ámbito galego, consultar outras administracións).
- Incentivos fiscales.
- A nosa empresa asume deste xeito a responsabilidade social corporativa.
Ábrelles camiño, compensa