"A seguridade dun vehículo ten que ser tal que a súa utilización en condicións normais de condución, respectando en todo momento as regulamentacións
técnicas e o Regulamento Xeneral de Vehículos, non poda producir perigo ningún, molestia ou dano ao seu condutor e demais usuarios da vía pública."
"O primeiro obxectivo da inspección periódica é comprobar que os vehículos non se teñen deteriorado por desgaste, dano ou envellecemento."
"Por iso, a ITV versa sobre as condicións do vehículo que atanguen a:
"Na inspección seguiranse os criterios técnicos descritos no Manual de procedimiento de inspección de las estaciones ITV."
(R.D. 2042/94 de 14 de outubro, que establece a obrigatoriedade da ITV e as frecuencias de inspección).
¿Sabe vostede cándo lle cadra pasar a ITV ao seu vehículo?.
Amosámoslle un cadro coas frecuencias de inspección, segundo o tipo e antigüidade do seu coche.
Cando vaia pasar a Inspección Técnica de Vehículos, non esqueza
levar consigo os seguintes documentos:
Se pretende regularizar algunha Reforma de importancia, pode utilizar o Manual de Reformas de Importancia, elaborado polo Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, como guía de referencia para a súa tramitación. Lembre que, salvo nos casos contemplados regulamentariamente, non está permitido suprimir, engadir ou sustituir pezas, elementos ou conxuntos do vehículo suxeitos ao cumprimento de algún regulamento técnico, por outros que non cumpran a devandita regulamentación ou ben non correspondan ao vehículo.
Para outras inspeccións, contacte co noso Centro de Atención ao Cliente e facilitarémoslle toda a información que poda precisar.
Estas son as tarifas vixentes dende 15 de outubro de 2007.
© Supervisión y Control SA