O Director de Supervisión y Control, nomeado presidente do Comité que concentra aos órganos de inspección de vehículos de todo o mundo
Juan Diego Rodríguez convertese no máximo representante de CITA, o que pon de manifesto o nivel de excelencia alcanzado polo sistema, metodoloxía e práctica profesional das ITV galegas.
A Asemblea Xeral do Comité Internacional de Inspección Técnica de Vehículos (CITA, polas súas siglas en francés) nomeou como novo presidente a Juan Diego Rodríguez, director xeral de Supervisión y Control, a empresa concesionaria da inspección técnica de vehículos en Galicia. De este xeito, o responsable da xestión das ITV da comunidade, convertese no máximo representante internacional dos órganos encargados de ofrecer o servizo de inspección de vehículos.
Juan Diego Rodríguez, que tamén é vicepresidente de Relacións Exteriores da asociación española, AECA-ITV, indicou no seu primeiro discurso como presidente de CITA, que a inspección de vehículos non representa unha mera cuestión técnica, senón que ten consecuencias que transcenden ao plano socieconómico, posto que debe de ser adaptada ás condicións locais de cada país. Puxo énfase tamén na importancia de que as estacións de ITV poidan acceder á información dos vehículos: “Si os axentes interesados non poden acceder á información dos vehículos o sistema de inspección non é sostible”, explicou.
CITA é a asociación internacional que agrupa empresas, organizacións e asociacións públicas e privadas que participan de forma activa na inspección técnica de vehículos. A ela pertencen países de Europa, Asia, América e África. Entre as súas funcións atópase a de mellorar a seguridade na estrada a través dunha constante mellora no desenvolvemento dos métodos e sistemas de control dos vehículos, constituíndo un órgano fundamental para intercambiar información, experiencia e metodoloxía en relación á inspección obrigatoria.