Principais FAQs estado de alarma ITV

¿Pódense abrir as ITVs durante o estado de alarma?

Segundo Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) e Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, as estacións de ITV da Comunidade Autónoma de Galicia estarán pechadas.

¿Que sucede coa caducidade dos prazos da ITV? ¿Están suspendidos?

Si. A disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020 (suspensión de prazos administrativos) estabrece a suspensión dos prazos de validez de permisos, autorizacións, licenzas ou documentación acreditativa que requiran ampliación expresa ou nova autorización.

Polo tanto, durante este período, a obriga de realizar inspeccións técnicas e comprobación metrolóxica dos taxímetros está suspendida.

Se a ITV caduca durante o período de alarma, ¿pódese conducir sen problemas?

Dado que en aplicación da disposición transitoria terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, os prazos impostos pola administración para realizar a inspección quedan suspendidos, aqueles vehículos aos que lles caduque a inspección neste período poderán circular sen problemas relativos a multas e seguros. Para máis información, consulte a Dirección Xeral de Tráfico e a Dirección Xeral de Seguros, respectivamente.