Incremento de prazos de validez
Real Decreto 750/2022
De maneira excepcional, e por unha única vez, increméntase o prazo de validez dos vehículos cuxa validez foi reducida en aplicación das medidas excepcionais para a inspección técnica de vehículos implantadas con motivo da pandemia COVID-19.
A quen afecta
Vehículos afectados pola ORDE SND/413/2020 aos que lles caducou a inspección periódica durante o estado de alarma (do 14/03/2020 ao 20/06/2020) e se lles reduxo a validez da súa próxima inspección.
Canto se incrementa o prazo de validez
A ampliación do prazo consistirá no número de días que se minoró en aplicación das medidas impostas no ano 2020. Este prazo non superará o correspondente ás frecuencias de inspección europeas *.
(*) Vehículos M1 e N1 (turismos e furgonetas) , así como tractores de rodas das categorías T1b, T2b, T3b, T4.1b, T4.2b e T4.3b: A primeira aos catro anos; despois, bienal.
Vehículos M1 utilizados como taxis ou ambulancias, así como vehículos das categorías M2, M3, N2, N3, O3 e O4 (autobuses, camións e remolques pesados): Anual.
Como e cando se aplica esta medida
De forma automática na primeira inspección periódica efectuada desde o 27/09/2022.
Normativa de referencia:
- Real Decreto 750/2022
- Real Decreto 920/2017
- Orden SND/413/2020
- Directiva 2014/45/UE
- Tribunal Supremo REC.ORDINARIO (c/d)-204/2020