Qué é exactamente a ITV?

É un control técnico que todos os vehículos do noso país deben pasar cada certo tempo. A súa función principal é asegurar que todos eles circulan nunhas condicións mínimas de seguridade e medioambiente.

Nas nosas estacións SYC Applus+ itv poñemos a disposición da cidadanía os mecanismos necesarios para asegurar a súa seguridade e a de todos certificando que os vehículos se encontran en condicións óptimas de circulación e que están exentos de anomalías que supoñan un perigo para a circulación ou o medioambiente.

Pasar a ITV é polo tanto un seguro de vida para todos os que facemos uso da vía pública.

Este servizo realízase segundo os parámetros establecidos no Manual de Inspección Técnica de Vehículos del Ministerio de Industria, Comercio y Turismo.

Os 10 PASOS da ITV

Pasar a ITV é un proceso sinxelo… ti encárgaste do cando e nós encargámonos do como.
Resumímosche o procedemento completo en 10 sinxelos pasos.

  1. CITA PREVIA
    Agora, é moito máis sinxelo solicitar cita previa a través desta web. Se o prefires tamén podes facelo no teléfono de atención ao cliente 902 90 50 54
  2. SOLICITUDE DE INSPECCIÓN
    Simplemente presenta a documentación necesaria ao chegar á estación SYC Applus+ itv escollida na data e hora da cita.
  3. EMISIÓNS CONTAMINANTES
    No box de emisións mediremos que as emisións e os ruídos non superan os límites establecidos pola lei.
  4. EXTERIOR E INTERIOR
    Funcionamento de indicadores, cintos de seguridade, limpaparabrisas, retrovisores… comprobaremos que todo está en orde por dentro e por fóra.
  5. ALUMBRADO E SINALIZACIÓN
    Asegurarémonos de que o teu vehículo é visible e capaz de iluminar as vías en condicións de visibilidade limitada.
  6. SUSPENSIÓN
    Utilizando o banco de suspensións avaliaremos o estado, a eficacia e o equilibrado do sistema de suspensión do seu vehículo, asegurándonos de que cumpren o seu labor de mitigar as vibracións na carrocería e saltos das rodas.
  7. FREOS E DIRECCIÓN
    O sistema de freado é un dos máis importantes para a seguridade dun vehículo. Usando o frenómetro asegurámonos de que está en perfectas condicións de uso.
  8. INSPECCIÓN EN FOSO
    Pneumáticos, eixos, escape, transmisión… dende o foso garantiremos o estado dos compoñentes visibles debaixo do vehículo.
  9. DETECCIÓN DE FOLGURAS
    Simularemos en parado movementos propios do vehículo en marcha. Así poderemos comprobar o nivel de desgaste en sistemas como a suspensión, dirección ou freado.
  10. REMATAMOS!
    Finalizada a revisión, entregarémosche o informe de inspección, indicando aspectos a solucionar en caso de que se detecten, así como a necesidade ou non de volver pasar a revisión.
    En caso de que non existan incidencias, entregarémosche o adhesivo ITV.
    Consúltanos se tes cualquera dúbida!