TÚNEL DE FRÍO DE GALICIA -LAFRIGA- ESTACIÓN OFICIAL ENSAIOS ATP

Somos un Laboratorio de ensaio acreditado por ENAC conforme ao establecido na norma UNE-EN ISO/IEC 17020 e autorizado polo Ministerio de Industria como estación oficial de ensaio ATP.

Realizamos ensaios para determinar ou verificar o coeficinte global de transferencia de calor “K”, que caracteriza a isotermia das unidades destinadas ao transporte de mercadorcías perecedeiras.

DIRECCIÓN

Laboratorio de Frío.
Estación SYC itv do Espírito Santo.
Estrada Nacional VI, Km 582 – Pol. O Espírito Santo.
15168 – Sada (A Coruña)

Tipos de ensaio

  • Determinación do coeficiente K

    Ensaio para determinar o coeficiente de transmisión térmica necesario para obter categoría isoterma normal “IN” ou isoterma reforzada “IR”. Aplica a unidades novas ou prototipos.

  • Verificación do coeficiente K

    Ensayo para verificar  que a unidade segue a ter o valor do coeficiente “K” que no seu día se lle otorgou ao devandito tipo de unidade (IN ó IR). É aplicable a:

    • Unidades en servizo 15 anos (dende a data de fabricación), agás as unidades que en data 01/07/2021 tiveran máis de 15 anos que pasarán o ensaio aos 21 anos.
    • Unidades en servizo de 24 anos (contados dende a data de fabricación).
    • Unidades en servizo importadas de máis de 6 anos.
    • Prototipos e vehículos de producción en serie.
    • Voluntariamente en cualquera situación.
  • Outros ensaios

    Fora do ámbito do ATP, colaboramos con fabricantes de vehículos que necesitan comprobar cómo funcionan as súas unidades baixo condicións reguladas de temperatura, humidade e velocidade do aire.

Marco legal

  • Acordo internacional ATP (ATP agreement)

    sobre transportes internacionais de mercadorías perecedoiras e sobre vehículos especiais utilizados neses transportes, do 1 de setembro de 1970.

  • Real Decreto 237/2000, do 18 de febreiro

    polo que se establecen as especificacións técnicas que deben cumprir os vehículos especiais para o transporte terrestre de produtos alimentarios a temperatura regulada e os procedementos para o control de conformidade coas especificacións.

  • Orde ITC 370/2021, do 14 de abril

    pola que se modifican os anexos e apéndices do Real Decreto 237/2000.

Contacte connosco


    Vostede ten dereito a opoñerse ao tratamento dos seus datos persoais, en calquera momento, cando o mesmo se base no interes lexítimo, incluíndo para fins como o envío de avisos recordatorios de próxima inspección e de vencemento de inspección enviando un correo electrónico a privacidad@sycitv.com, incluindo a referencia “Protección de Datos”.