Queremos axudarte

Ponemos á túa disposición as dúbidas ITV máis frecuentes dos nosos usuarios. Se éstas non dan resposta ás túas preguntas, podes facer a consulta a través do noso formulario de contacto.

Preguntas frecuentes

O Regulamento Xeral de Vehículos (RGV) aprobado no Real Decreto 2822/1998 de 23 de decembro do mesmo ano, no seu artigo 10, “Inspecciones Técnicas de Vehículos”, establece que:

“Los vehículos matriculados o puestos en circulación deberán someterse a inspección técnica en una de las estaciones ITV al efecto autorizadas por el órgano competente en materia de industria en los casos y con la periodicidad, requisitos y excepciones que se recoge en el anexo I”.

O artigo 6 do Real Decreto 920/2017, de 23 de outubro, polo se regula a inspección técnica de vehículos, establece a data e frecuencia das inspeccións técnicas periódicas dos vehículos dependendo das súas características.

Os vehículos deben someterse á inspección periódica nos períodos regulamentarios fixados pola lei, que dependen do tipo de vehículo e o servizo que prestan. Na sección da nosa web “Cando pasar  ITV” están detallados.

Pódese coñecer a validez da inspección anterior de diferentes formas:

  • No informe da última inspección realizada.
  • No distintivo de inspección V-19.
  • No reverso da tarxeta ITV (salvo tarxetas ITV electrónicas).

A primeira inspección e a periodicidade das seguintes varían dependendo da categoría de vehículo, a súa utilización a da súa antigüidade (segundo a data de primeira matriculación que consta no permiso de circulación do vehículo). Para máis información, visite a nosa sección “Cando pasar ITV”.

Ampliación excepcional do prazo de inspección

De maneira excepcional, e por unha única vez, auméntase o prazo de validez dos vehículos cuxa validez foi recortada en aplicación das medidas excepcionais implantadas con motivo da pandemia COVID-19.

¿A quen afecta?

Aos vehículos aos que lles caducou a inspección durante o Estado de Alarma (do 14/03/2020 ao 20/06/2020) e se lles recortou la validez.

¿Canto se incrementa o prazo de validez?

A ampliación do prazo consistirá no número de días que se recortou en aplicación das medidas impostas no ano 2020. Este prazo non superará o correspondente ás frecuencias de inspección europeas (*).

¿Como e cando se aplica esta medida?

De forma automática na primeira inspección periódica efectuada dende o 27/09/2022.

(*) Frecuencias de inspección europeas:

  • Vehículos M1 e N1 (turismos, furgonetas cunha MMA ≤ 3,5t) así como tractores de rodas das categorías T1b, T2b, T3b, T4.1b, T4.2b e T4.3b que se utilizan na vía pública sobre todo para o transporte comercial pola estrada: A primeira aos catro anos despois da data de primeira matriculación; despois, bienal.
  • Vehículos M1 utilizados como taxis ou ambulancias, así como vehículos das categorías M2, M3, N2, N3, O3 e O4 (autobuses, camións e remolques pesados): Anual.

A ITV ten que estar sempre vixente nos prazos que marca a lexislación. Unha vez que o vehículo foi sometido á súa primeira inspección ou sucesivas, a data de vencemento será a que figure no informe de inspección ou, no seu caso, no reverso da Tarxeta ITV, non existindo ningún prazo adicional e podendo ser sancionado polas autoridades.

Para que a espera sexa menor é moi recomendable pedir cita previa, dende a nosa web, así poderá xestionar mellor o seu tempo. Se se presenta sen cita, aínda que sempre trataremos de atenderlle no primeiro momento que teñamos libre, non poderemos garantir unha hora concreta de atención.

SYC Applus+ pon á súa disposición 26 estacións fixas e 10 unidades móbiles. Para máis información visite a nosa sección “Estacións”.

  • Ficha técnica (Tarxeta ITV).
  • Permiso de circulación.
  • Seguro obrigatorio do vehículo.

Para máis información visite a nosa sección “Documentación”.

Si, a lei sinala explicitamente que todos os vehículos que obteñan un ditame favorable na inspección técnica de vehículos deben exhibir o distintivo no parabrisas na parte superior dereita e aqueles vehículos que carezan de parabrisas deberán colocalo nun lugar ben visible.

Segundo o RD 920/2017, o resultado desfavorable inhabilita ao vehículo para circular polas vías públicas excepto para o seu traslado ao taller ou, no seu caso, para a regularización da súa situación e volta a unha Estación ITV para nova inspección nun prazo non superior a dous meses, contados dende a primeira inspección técnica desfavorable.

O noso procedemento de ordenación da demanda baséase principalmente na concertación de cita previa tanto para as primeiras inspeccións como para as inspeccións por rexeitamento (segundas inspecciones), co fin de minimizar os retrasos e para unha mellor organización do proceso de inspección. Aínda así, la cita previa non é obrigatoria pero si moi recomendable, pois evita esperas innecesarias e non se pode garantir en moitos casos hora de atención ou tempo de espera, principalmente naqueles momentos con alta demanda.

Segundo o establecido no RD 920/2017 de 23 de outubro existe liberdade de elección de estación ITV para efectuar tanto a primeira inspección técnica como as inspeccións sucesivas tras a corrección dos defectos.

Si recibiu o aviso para pasar a ITV pero xa non é titular do vehículo, non debe facer caso á notificación nin é necesario informar a ningunha entidade ao respecto.

A base de datos actualízase automaticamente coas últimas inspeccións realizadas e so envía unha única citación cando detecta que se aproxima a caducidade da inspección.

Esta base de datos é independente de tráfico e, por tanto, non ten ningún carácter de obrigatoriedade ou sancionador.

Na ITV compróbanse aspectos do vehículo relativos á seguridade viaria, protección do medio ambiente, inscricións regulamentarias, reformas e, no seu caso, vixencia dos certificados para o transporte de mercadorías perigosas e perecedoiras, de acordo co “Manual de procedemento de inspección de las estaciones ITV” do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Para máis información, visite a nosa sección “Que é a ITV”.

Pódense instalar pneumáticos equivalentes sen necesidade de realizar ningunha xestión en ITV. Para isto, deben cumprir todos os criterios de equivalencia que indicamos na nosa sección “Pneumáticos”.

Visita a nosa sección “Reformas e duplicados”.

Visita a nosa sección “Reformas e duplicados”.