• INICIO
    • NOVAS
    • AXUDA
    • CONTACTO
    • INICIAR SESIÓN
    • Galego Galego Galego gl
    • Español Español Español es
    • English English Inglés en
    SYC Applus+ itv
    • INICIO
    • CITA PREVIA
      • CITA ITV PERIÓDICA
      • CITA ITV DESFAVORABLE
      • CITA REFORMAS
      • CITA REFORMAS DESFAVORABLE
      • USUARIOS REXISTRADOS
      • CONSULTAR CITA
    • ESTACIÓNS
      • Galicia
        • ESTACIÓNS FIXAS
        • ESTACIÓNS MÓVILES
      • A Coruña
        • A CORUÑA-SABÓN
        • FERROL
        • O ALLO
        • O ESPÍRITO SANTO
        • RIBEIRA
        • SANTIAGO–A SIONLLA
        • SANTIAGO-CACHEIRAS
        • SANTIAGO-TAMBRE
      • Lugo
        • FOZ
        • LUGO
        • MONFORTE DE LEMOS
        • VILALBA
        • VIVEIRO
      • Ourense
        • O BARCO
        • O CARBALLIÑO
        • OURENSE
        • VERÍN
        • XINZO
      • Pontevedra
        • BUEU
        • LALÍN
        • NIGRÁN
        • O PORRIÑO
        • PONTEVEDRA-BORA
        • PONTEVEDRA-CURRO
        • VIGO-PEINADOR
        • VILAGARCÍA
    • PASAR A ITV
      • QUE É A ITV?
      • PREGUNTAS FRECUENTES
      • CANDO PASAR A ITV?
      • RECOMENDACIÓNS
      • DOCUMENTACIÓN
      • TARIFAS
      • REFORMAS
      • PNEUMÁTICOS
    • TÚNEL DE FRÍO
      • LABORATORIO DE FRÍO
      • TARIFAS
    • QUEN SOMOS
    • ÚNETE
      • PERSOAS
      • NEXO
      • QUÉ CHE OFRECEMOS
    • Search
    • Menu Menu
    • recomendaciones

    Recomendacións

    Para un adecuado mantemento do teu vehículo, segue estes sinxelos pasos que che propoñemos no vídeo e rexistra a túa cita para o día, hora e estación SYC Applus+ itv que queiras.

    Así de doado, poderás pasar a ITV á primeira e sen esperas.

    O labor de SYC Applus+ é informar, dos defectos máis comúns que requiren da nosa atención como cidadáns responsables, débense tomar accións, moitas veces inmediatas, ante riscos que producen accidentes, e que en calquera caso supoñen un gran gasto social. A continuación faise unha breve análise dos principais defectos:

    Sistemas de seguridade activa

    ALUMBRADO E SINALIZACIÓN.

    Estado defectuoso dos dispositivos de iluminación.

    Os defectos observados en iluminación son por ter a orientación do feixe luminoso das luces de cruzamento demasiado alto cegando outros condutores, e polo fallo no funcionamento dalgún dos dispositivos (luces de freado, luces de cruzamento, luces indicadoras de dirección).

    Nos vehículos agrícolas e de obras e servizos detectamos numerosos defectos en canto á inexistencia dos sinais de velocidade ou sinalización inadecuada do propio vehículo.

    FREOS.

    Desequilibrio grave en rodas do mesmo eixo e falta grave de eficacia.

    Supoñendo ambos os dous un factor de risco moi importante para o vehículo. O desequilibrio no sistema de freado prodúcese cando nun mesmo eixo, ao exercer presión sobre o pedal de freo, a forza xerada en cada roda é diferente, podendo provocar un cambio de dirección de vehículo con alta perigosidade, a cal se agrava se este arrastra ademais un remolque ou semi-remolque.

    Cando un vehículo presenta o defecto de falta de eficacia de freado implica que este verá aumentada a distancia necesaria para poder ser detido, os valores obtidos representan a capacidade de freado do vehículo respecto á masa que pode transportar.

    PNEUMÁTICOS.

    Desgaste irregular e/ou excesivo da banda de rodadura.

    Intimamente relacionado coa eficacia de freado, pois este se realiza por medio da adherencia do pneumático sobre o pavimento, este defecto pode mesmo provocar que a dirección do vehículo non responda ás instrucións do condutor.

    Cando a banda de rodadura do pneumático é incapaz de dar unha boa adherencia por un desgaste irregular e/ou excesivo, estase a poñer en perigo a manobrabilidade provocando a ineficacia dos devanditos sistemas.

    ACONDICIONAMENTO EXTERIOR.

    Incumprimento de requisitos.

    As portas de servizo e de emerxencia en vehículos destinados ao Transporte escolar non cumpren coas especificacións requiridas en canto ao seu comportamento en condicións normais (atrapamientos), ante emerxencias (poder ser abertas tanto dende o interior coma dende o exterior), en relación ás forzas de peche (forza superior a 150 N) ou por defectos na súa rotulación específica.

    DIRECCIÓN E SUSPENSIÓN.

    Folgura excesiva.

    A folgura excesiva nas rótulas de dirección, compoñentes indispensables no sistema de dirección do vehículo, pode provocar o desprendemento dos compoñentes que forman estas unións facendo que a roda correspondente quede sen control.

    Con respecto á desviación excesiva das rodas directoras pode provocar que estas non manteñan a mesma traxectoria que o vehículo e deslicen sobre o pavimento, o cal implica un desgaste prematuro ou un quentamento excesivo que pode ser causa dun accidente de maior relevancia.

    Sistemas de seguridade pasiva.

    ACONDICIONAMENTO INTERIOR.

    Cintos de seguridade e as súas ancoraxes, fallos nos sistemas de retención ou o mal funcionamento do mando central de seguridade en autobuses.

    A misión dos sistemas de retención é suxeitar os pasaxeiros para que permanezan solidarios co vehículo e evitar que se golpeen ou sufran unha desaceleración excesiva. Estes sistemas están dotados de dispositivos pretensores que, en caso de colisión, aproximan os cintos de seguridade ao corpo dos pasaxeiros.

    A misión do mando central de seguridade que posúen os autobuses é a de, en caso de accidente, evitar o risco de incendio, liberar os peches de todas as portas para que poidan ser utilizadas, manter as luces de seguridade acendidas para facilitar o desaloxo do vehículo, etc.

    Protección do medio ambiente.

    EMISIÓNS CONTAMINANTES.

    Opacidade superior ao valor máximo admisible en vehículos de motor de arranque por compresión, e nivel de ruído superior ao valor límite máximo admisible en Ciclomotores.

    O feito de que os fumes, detectados nos escapes dos vehículos diesel, teñan unha opacidade excesiva indica que, ademais da contaminación atmosférica, se está a facer un gasto excesivo de combustible que, afecta á economía tanto persoal coma social. Estes defectos adoitan ser debidos a sucidade nos filtros de aire, nos filtros de partículas, desaxustes nas regraxes do motor ou nos aros do pistón, etc.

    O nivel excesivo de ruído en ciclomotores (50 cc e 45 km/h) é debido a roturas ou manipulacións do sistema de escape e afecta gravemente á protección do medioambiente e á convivencia social.

    Seguridade vial.

    REFORMAS NON AUTORIZADAS.

    Non anotadas na Tarxeta de Inspección Técnica (TIT) do vehículo.

    Non cabe dúbida que os vehículos deben manter as súas características técnicas durante a súa vida útil e estas non deberán ser alteradas nin polo uso nin polas modificacións realizadas nestes, co fin de seguir sendo tecnicamente seguros.

    Conforme á lexislación vixente, unha modificación, substitución, actuación, incorporación ou supresión efectuada nun vehículo deberá tramitarse a través da Estación ITV co fin de verificar que non mingua os requisitos de seguridade esixibles e realízase a pertinente anotación na Tarxeta ITV, co fin de que quede reflectida a nova configuración do vehículo.

    • Tes unha cita?

      Se o desexas, podes consultar, anular ou modificar a cita previa que tes concertada.
    • Preguntas frecuentes

      Tes algunha dúbida? o máis probable é que alguén a tivera antes. Esperamos resolver as túas dúbidas!
    • Cándo pasar a ITV?

      Dependendo do tipo de vehículo e antigüidade cambia a periodicidade de inspección.
    • Recomendacións

      Coñeces os defectos máis comúns das inspeccións non favorables?
    • Documentación

      Non esquezas ningún documento! Sen eles non poderás iniciar a inspección do vehículo.
    • Tarifas

      Consulta a tarifa para o teu tipo de vehículo e as diferentes inspeccións.
    • Reformas

      Necesitas regularizar algunha modificación do vehículo? Infórmate antes de realizala.
    • Pneumáticos

      Queres cambialos? Coñece as equivalencias para cada tipo de vehículo e modelo.
    AVISO LEGAL | POLÍTICA DE PRIVACIDADE | POLÍTICA DE COOKIES
    CONFIGURACIÓN DE COOKIES
    • INICIO
    • CITA PREVIA
    • ESTACIÓNS
    • PASAR A ITV
    • TÚNEL DE FRÍO
    • QUEN SOMOS
    • ÚNETE
    Scroll to top

    SYC Applus+ utiliza cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas (por exemplo, páxinas visitadas), para cargar contido multimedia ou para protexer a túa seguridade. Clica AQUÍ para máis información. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón 'ACEPTAR' ou configurarlas ou rexeitar o seu uso clicando o botón 'AXUSTES'.

    ACEPTARAXUSTES

    Panel de configuración de cookies



    Cookies técnicas

    As cookies técnicas permiten o funcionamento da web e protexer a súa seguridade.

    Consulta as cookies que almacenamos na nosa Política de cookies.

    Estas cookies deben estar sempre activas

    Cookies de análisis

    Permítennos coñecer como interactúas na web, o número de visitas nas diferentes seccións e establecer estatísticas para mellorar as nosas prácticas comerciais.

    Consulta as cookies que almacenamos na nosa Política de cookies.


    Axustes de Google Webfont:

    Vídeos de Vimeo e Youtube:

    Consulta as cookies que almacenamos na nosa Política de cookies.

    GARDAR CONFIGURACIÓNACEPTAR TODAS AS COOKIESREXEITAR TODAS AS COOKIES
    CONSELLOS
    1. Revisa as luces: o 20% dos vehículos rexeitados teñen que volver por unha simple lámpada que non funciona… Unha pequena revisión, con axuda de outra persoa, permitiranos verificar que funcionan correctamente todos os dispositivos e reparar aqueles que non funcionen correctamente antes de acudir a inspección.
    2. Checa os pilotos do cadro: ningún debe de permanecer aceso en cor laranxa ou vermello, dado que iso advirte dun mal funcionamento dalgún sistema.
    3. Comproba os pneumáticos: Asegurarnos de que teñen a presión adecuada, que teñen debuxo suficiente en toda a banda de rodaxe e que non presenten gretas, roturas ou deformacións nos laterais ou flancos evitaría o 22% dos rexeitamentos en inspección.
    4. Verifica os niveis: aceite, refrixerante, auga do limpa… Sen un nivel de aceite suficiente non poderemos realizar a proba de emisións.
    Información básica sobre protección de datos

    Responsable do tratamento

    Razón Social: SUPERVISIÓN Y CONTROL, S.A.U. (“SYC”).

    Domicilio Social: Estación de Inspección Técnica de Vehículos do Espírito Santo, Ctra. N-VI, km. 582, 15168 O Espirito Santo. Sada (A Coruña).

    C.I.F. A.-15.117.609

    Máis información

    Finalidades Principais

    1. Xestión do servizo de cita previa para a inspección técnica de vehículos, así como para a xestión de pago do servizo online, e se sé o caso, para o envío de avisos de confirmación / recordatorios de cita previa por correo electrónico e/ou mensaxes SMS, MMS ou servizos de mensaxería instantánea (p.ex. WhatsApp) ou outros medios electrónicos equivalentes, avisos de confirmación de acceso directo á liña de inspección, información e indicacións para o seu acceso, así como, se é o caso, remisión de factura en formato electrónico baixo correo electrónico.
    2. Xestión da prestación a clientes do servizo de inspección técnica.
    3. Xestión, atención e seguimento adecuado de suxestións, consultas e/ou reclamacións sobre os servizos de inspección técnica de vehículos.
    4. Xestión do grado de satisfacción do servizo ofrecido baixo a realización de enquisas a través do correo electrónico.
    5. Xestión de avisos recordatorios de vindeira inspección e de vencemento de inspección, baixo a realización de chamadas telefónicas ou envío de mensaxes por correo electrónico SMS, MMS ou servicios de mensaxería instantánea (p.ex. WhatsApp) ou outros medios electrónicos equivalentes.
    6. Participación en sorteos e promocións aos que vostede se inscriba.

    Máis información

    Bases lexitimadoras

    1. Execución dun contrato no que o interesado é parte.
    2. Cumprimento de obrigacións legais vixentes ás que SYC se atopa suxeita.
    3. Interés lexítimo.
    4. Consentimento.

    Máis información

    Datos persoais

    • Detalles Identificativos: nome e apelidos, sinatura e, no caso de solicitar factura, NIF.
    • Datos de Contacto: correo electrónico, teléfono de contacto, dirección postal.
    • Datos para o pagamento do servizo: tarxeta de débito ou crédito, conta bancaria (en caso de facturación diferida).
    • Outros: matrícula do vehículo, número de bastidor.

    En caso de clientes persoas xurídicas: nomes e apelidos, teléfono e datos de contacto do traballador, representante ou persoa de contacto na sociedade.

    Máis información

    Destinatarios

    Empresas do grupo Applus e outros prestadores de servizos.

    Forzas e corpos de seguridade, xuíces e tribunais, entidades reguladoras, autoridades gobernamentais ou outros terceiros competentes.

    Máis información

    Transferencias internacionais

    Os seus datos persoais poden ser transferidos, almacenados e procesados en países que non proporcionan un nivel adecuado de protección de datos de carácter persoal baixo o dereito da Unión Europea. Implementamos garantías axeitadas (en particular, compromisos contractuais) para garantir que os seus datos estean suficientemente protexidos.

    Máis información

    Dereitos

    Entre outros, os dereitos de acceso, rectificación e cancelación de datos persoais e o dereito de oposición ao tratamento de datos persoais e de revogar o seu consentimento. En particular, ten o dereito de opoñerse ao tratamento dos seus datos persoais en calquera momento, cando se basee no interese lexítimo de SYC.

    O exercicio destes dereitos pódese facer efectivo escribindo un correo electrónico, incluíndo unha copia do seu DNI ou documento de identidade a privacidad@sycitv.com

    Máis información

    Información ampliada

    Dispoñible nesta dirección.

    Recomendámoslle que lea esta información detidamente.

    Vostede ten o dereito para opoñerse ao tratamento dos seus datos persoais, en calquera momento, cando o mesmo se basee no interese lexítimo, incluíndo para fins como o envío de avisos recordatorios de próxima inspección e de vencemento de inspección enviando un correo electrónico a privacidad@sycitv.com, incluíndo a referéncia “Protección de Datos” e acompañando unha fotocopia do seu D.N.I. ou documento de identificación equivalente.

    Desexa rexistrarse?

    Se desexa rexistrarse pode solicitalo na Estación ITV máis próxima ou a través do noso Centro de Atención ao Cliente chamando ao 981 903 000

    Medidas máximas admisibles Móbil 2
    Distancia entre primeiro e segundo eixo 3200 mm
    Anchura total 1900 mm
    Voladizo posterior 1400 mm
    Roda xemelga Non admisible

    * Todas estas medidas aparecen reflexadas na Tarxeta de Inspección Técnica do seu Vehículo.

    Medidas máximas admisibles Móbil 6
    Distancia entre primeiro e segundo eixo 3200 mm
    Anchura total 2000 mm

    *Todas estas medidas aparecen reflexadas na Tarxeta de Inspección Técnica do seu vehículo.

    Medidas máximas admisibles Móbil 1
    Distancia entre primeiro e segundo eixo 3600 mm
    Anchura total 2000 mm
    Voladizo posterior 1500 mm
    Roda xemelga Non admisible

    *Todas estas medidas aparecen reflexadas na Tarxeta de Inspección Técnica do seu vehículo.

    Política de Cookies

    I. A páxina web https://www.sycitv.com utiliza cookies. As cookies son paquetes de datos que se almacenan no dispositivo dos usuarios que visitan unha web, xerando determinada información que pode ser lida polo servidor que as instalou. As cookies non causan ningún dano nos equipos e, na maior parte dos casos, bórranse automaticamente transcorrido un tempo.

    II. Ao acceder á web, o usuario pode recibir dous tipos de cookies:

    • Cookies de personalización, que permiten mostrar a páxina web cunha configuración determinada.
    • Cookies de análise, mediante as cales podemos obter estatísticas sobre o uso da páxina.

    III. A continuación, preséntase unha descrición detallada das cookies que se instalarán no equipo do usuario en caso de continuar a navegación pola páxina web:

    • Cookies de sesión PHP caducan coa sesión.
    • Cookies de Google Analytics, _gat caducan aos 10 minutos.
    • Cookies de Google Analytics, _ga caducan aos 2 anos.
    • Cookies de personalización de Idioma _icl_current_language, caducan nun día.

    IV. O usuario ten en todo caso a posibilidade de aceptar ou rexeitar as cookies modificando a configuración do seu navegador. Nas seguintes ligazóns, facilítase a información necesaria para iso:

    • Firefox
    • Google Chrome
    • Internet Explorer
    • Safari
    Inspectores/as en diferentes centros da nosa rede de estacións SYC itv.

    Supervisión y Control é a entidade concesionaria da Xunta de Galicia encargada da Inspección Técnica de Vehículos na Comunidade Autónoma. Integrados no grupo empresarial Fomento de Iniciativas, traballamos pola seguridade e a protección do medioambiente.

    Estamos presentes en todas as provincias de Galicia, dando servizo nun total de 23 estaciones ITV fixas e 10 móbiles repartidas por todo o territorio xeográfico.

    Actualmente, necesitamos incorporar inspectores/as en diferentes centros da nosa rede de estacións SYC itv.

    Descripción da oferta.

    Nº vacantes: 5 – 25

    Localidade: varias de todas as provincias.

    Funcións:

    • Execución das Inspeccións Técnicas de Vehículos de acordo ao establecido nos manuais de calidade.
    • Atención ao cliente.                         

    Requisitos mínimos:

    •  Título de Formación Profesional rama Automoción (FP/ Ciclo).
    • Experiencia profisional como mecánico/a en empresa do sector.

    Ofrecemos:

    • Contrato temporal.
    • Salario competitivo.

    Se queres formar parte do proceso de selección, ¡envíanos o teu currículo!