Documentos necesarios
A documentación necesaria que debes presentar na oficina da estación onde pasarás a ITV son a Tarxeta de Inspección Técnica, sexa o Modelo 1, Modelo 2, Modelo 3 (TIT electrónica) e o Permiso de Circulación do vehículo.
En SYC Applus+ verificamos que o seguro obrigatorio está vixente a través de conexión telemática coa base de datos das entidades aseguradoras. Aínda así é recomendable traer o xustificante porque, no caso de falla das comunicacións, na oficina das Estacións SYC Applus+ ITV requerirase a acreditación do seguro obrigatorio e constatarase a súa vixencia.
Lembra que para acreditar a vixencia mediante xustificante de pagamento, este deberá conter, cando menos, a identificación da entidade aseguradora, a matrícula do vehículo, o período de cobertura e a indicación da cobertura do seguro obrigatorio.