Comprometidos con Galicia

Supervisión y Control garante en todo momento que as inspeccións técnicas dos vehículos se fan con total imparcialidade, independencia e confidencialidade. En SYC Applus+ traballamos pola seguridade e a protección do medio ambiente.

Somos a entidade concesionaria da Xunta de Galicia encargada da Inspección Técnica de Vehículos na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Misión, visión

    Seguridade

    Garantir a seguridade de todos os usuarios e usuarias das vías de circulación de tráfico rodado a través da Inspección Técnica de Vehículos, asegurando que todos os vehículos cumpren a normativa vixente en canto a requisitos técnicos.

    Independencia

    Garantimos en todo momento a imparcialidade, independencia e confidencialidade de todas as inspeccións que levamos a cabo. Entendemos a Inspección Técnica de Vehículos como un medio para que a seguridade das persoas sexa sempre o máis importante nun vehículo.

  • Os nosos valores

    Os nosos valores e principios son a base do noso traballo, que desenvolvemos coa máxima responsabilidade, rigor e motivación.

    Identidade

    Sentímonos identificados con Galicia, co traballo a favor do progreso da nosa comunidade e tamén coa contribución da nosa experiencia e desenvolvemento profesional, técnico e tecnolóxico.

    Colaboración

    Somos un gran equipo e desenvolvemos as nosas funcións apoiándonos mutuamente, respectando a diversidade de condicións, opinións e capacidades.

    Adaptación

    Traballamos no desenvolvemento permanente de ferramentas e solucións innovadoras para adiantarnos aos cambios e ás necesidades dos nosos clientes.

    Iniciativa

    Queremos superarnos día a día, aprender e avanzar. Por iso pensamos en positivo e propoñemos ideas para mellorar o noso traballo e contribuír a ofrecer o mellor servizo aos clientes.

    Sostenibilidade

    Traballamos co máximo rigor para contribuír á tranquilidade dos nosos clientes, garantir unhas óptimas condicións de seguridade dos vehículos e un correcto control ambiental.

    Compromiso

    Apostamos pola cooperación e a acción solidaria como un sinal de identidade e unha forma de devolver á sociedade parte do que nos dá.

  • Compromiso Social

    Devolver á sociedade parte do que nos da’ é un dos lemas que presiden a nosa actividade en Supervisión e Control. Ademais da nosa achega á seguridade viaria e a protección do medio ambiente, demos un paso máis na nosa aposta polo compromiso social.

    Nexo

    Como equipo que somos, traballamos no ámbito do compromiso desde varias frontes. Porque xuntos é máis fácil, canalizamos proxectos que permiten desenvolvernos e crecer máis aló do noso posto de traballo.

    A nivel externo emprendemos diversos proxectos solidarios tanto de modo individual como en colaboración con distintas ONG e outras organizacións de cooperación da nosa comunidade.

    Integración sociolaboral

    Unha das nosas accións máis destacadas é a integración sociolaboral de persoas con diversidade funcional mediante o proxecto SonCapaces. Somos pioneiros neste ámbito, e considerados como un exemplo de convivencia que nos enriqueceu como persoas e como equipo humano. Actualmente contamos xa con 20 compañeiros e compañeiras con discapacidade intelectual ocupando o posto de ordenanza, que se cobre exclusivamente con persoas con esta diversidade funcional.

    Constante evolución

    Ademais da integración sociolaboral da diversidade funcional, desenvolvemos distintos proxectos e accións baseados no compromiso en ámbitos como a educación, formación profesional, asistencia sociosanitaria ou identidade cultural. Todos eles cunha visión clara e común: que revertan en persoas e na nosa comunidade autónoma de Galicia.

  • Calidade e tecnoloxía

    Dende o noso nacemento, estivemos comprometidos coa innovación, mostra diso son as numerosas colaboracións en estudos e proxectos de I+D+I en asuntos de seguridade vial e protección do medioambiente con organismos oficiais, universidades, centros de investigación e outras entidades.

    SYC Applus+ está acreditada como Entidade de Inspección por ENAC e dispoñemos do noso Sistema de Xestión de Calidade e Medio Ambiente certificado por AENOR.