Aviso legal
I. A páxina web https://www.sycitv.com foi creada e é mantida pola empresa SUPERVISIÓN E CONTROL, S.A.U. (en diante, SYC), con CIF número A-15117609.
SYC é unha sociedade constituída de acordo á lexislación española, e inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, ao Tomo 1050 do arquivo, sección xeral, folio 197, folla número C-4.640.
II. Os datos de contacto de SYC son os seguintes:
- Estrada Nacional VI, Km. 582
CP 15168 O Espírito Santo
A Coruña/Galicia/España - Teléfono: 981 90 30 00
- E-mail: atencionalcliente@sycitv.com
III. SYC, responsable do sitio web, pon a disposición dos usuarios o presente documento co fin de dar cumprimento ás obrigacións impostas pola Lei 34/202 de Servizos da sociedade da información e do Comercio electrónico, así como de informar os usuarios do sitio web das condicións de uso do mesmo. Toda persoa que acceda a este sitio web asume o papel de usuario, comprometéndose á observancia e cumprimento rigoroso do aquí disposto, así como de calquera outra disposición legal que fose de aplicación.
O responsable do sitio web resérvase o dereito para modificar calquera tipo de información que puidese aparecer no mesmo sen que exista obrigación de preavisar ou poñer en coñecemento dos usuarios ditas obrigacións, entendéndose como suficiente a publicación no sitio web do prestador.
O prestador exímese de calquera responsabilidade derivada da información publicada no seu sitio web sempre que estea manipulada ou fose introducida por un terceiro alleo ao mesmo.
IV. Os distintos elementos da páxina web (fotografías, artigos, vídeos, etc), así como a páxina web no seu conxunto, están protexidos pola normativa española e internacional de propiedade industrial e intelectual. En especial, as marcas, logos e o resto de signos distintivos que aparecen nesta web son propiedade de SYC, ou de terceiros que nos autorizaron ao seu uso.
Está prohibida a reprodución total ou parcial dos mesmos ou de calquera contido da Web con fins comerciais, salvo autorización expresa e por escrito de SYC.
V. SYC non asume ningunha responsabilidade en relación aos danos que poidan producirse nos equipos ou dispositivos dos usuarios como consecuencia da navegación pola súa páxina web, nin ofrece ningunha garantía en canto á corrección de erros de funcionamento, ou actualización de contidos da mesma.
VI. A navegación pola web non implica a recollida de datos de carácter persoal, salvo os que o usuario decida voluntariamente facilitar a través dos formularios e correos electrónicos de contacto. Con todo, utilizamos cookies que poderán descargarse no equipo ou no dispositivo electrónico desde o que accede o usuario. Para máis información, lea a nosa Política de Cookies.
VII. Se desexa poñerse en contacto con SYC, responsable do Sitio web, pode facelo a través dos datos de contacto indicados no apartado II deste aviso ou na seguinte ligazón.