Acceso directo á liña de inspección
Se non é a primeira vez que o teu vehículo pasa a ITV, podes utilizar o noso servizo de acceso directo á liña de inspección.
Cando chegues á estación e se acerque a hora da túa cita concertada recibirás un SMS no teu móbil indicando a liña de inspección á cal tes que acceder; non tes que baixar do teu vehículo nin ir á oficina.
O cargo na túa tarxeta farase no momento de iniciar o proceso de inspección. Se por calquer motivo non podes acudir á túa cita non che cobraremos nada.
E automáticamente participarás no noso sorteo semanal, a ITV pódeche sair de balde!
Estes son os derradeiros gañadores do noso consurso semanal de ITV gratis, noraboa a todos!