Nova ITV móbil de vehículos agrícolas para a provincia da Coruña
Na súa aposta por seguir avanzando no servizo aos usuarios e a modernización das súas instalacións, Supervisión y Control acaba de poñer en marcha unha nova estación móbil de inspección de vehículos.
Trátase en concreto da ITV Móbil 3, destinada a vehículos agrícolas, que da servizo á provincia da Coruña. Deste xeito substitúese a estación móbil existente ata o momento por un novo modelo máis grande, moderno e equipado coa última tecnoloxía en equipos de inspección. Esta ITV móbil permitirá ampliar a capacidade de inspección, dando así resposta ao continuo incremento da demanda no ámbito de vehículos agrícolas que se leva observando nos últimos anos.



