Raquel Grandal: “Os empregados felices fan empresas exitosas”
A conciliación converteuse nun dos principais cabalos de batalla no mercado laboral. As empresas que xa probaron este tipo de políticas certifican a súa eficacia con datos. SyC Applus+ é unha delas. Consciente da importancia destas medidas, a empresa deu un paso adiante e acaba de estrear o seu Consello de Conciliación, un organismo pioneiro en Galicia co que se pretende seguir camiñando pola senda da igualdade. «Ter implantadas estratexias de conciliación familiar dentro da organización tradúcese en empregados máis felices e iso, ao final, reverte no ben da empresa», sentenza Raquel Grandal, nomeada responsable deste órgano.
-Cal son as liñas mestras do Consello de Conciliación creado por SyC Applus+?
-O obxectivo que persegue é a incorporación, dentro da cultura da compañía, das estratexias de conciliación familiar, laboral e persoal. Buscamos que as persoas que forman a empresa teñan unha mellor calidade de vida. É un punto clave para conseguir aproveitar o potencial do persoal. Porque os empregados felices fan empresas exitosas.
Entrevista completa en La Voz de Galicia