O transporte de perecedoiros xa se homologa en Galicia
A conservación dos produtos perecedoiros, preservando a cadea de frío desde que saen desde os seus distintos puntos de produción ata que se poñen a disposición dos consumidores para a venda, ten nos operadores que transportan estas mercadorías a responsabilidade do cumprimento da normativa determinada para esta actividade. Neste sentido, a lexislación internacional á que está adherida España establece un control específico sobre como son e en que condicións deben manterse os vehículos que realizan este tipo de transporte.
Galicia colocouse á vangarda ao contar, desde principios deste ano, co primeiro laboratorio de frío do noroeste español que calcula o coeficiente de transmisión térmica das caixas climáticas que se utilizan para o transporte de mercadorías perecedoiras. Está nunha nave anexa ás instalacións que SyC Applus ten en Espírito Santo (Concello de Sada), onde se sitúa a sede central da empresa para a actividade de inspección técnica de vehículos, e que desde o pasado xaneiro investiu nesta nova infraestrutura cun potencial para atender tanto ao conxunto da frota galega de furgonetas e camións que operan con este tipo de alimentos, que se estima nuns 15.000 vehículos, como ás das comunidades autónomas máis próximas, sen renunciar ao conxunto do Estado.
Artigo completo en La Voz de Galicia