Alberto Zalvide: «A nova proba é o primeiro paso cara a una inspección máis adaptada á tecnoloxía actual»
A entrada en vigor do novo sistema de control de gases a través da centralita electrónica do vehículo supón unha proba máis na revisión dun vehículo nunha estación ITV. Explícao Alberto Zalvide, director xerente de SyC Applus, a empresa que xestiona 26 estacións fixas e 10 unidades móbiles de ITV en Galicia: «O condutor verá unha nova proba, na que lle abrimos o compartimento no que está a conexión da OBD e lle enchufamos a maquina».
A proba faise «antes da tradicional na que se comproba a emisión de gases conectada ao tubo de escape. Se nesa proba se detecta algún defecto nos sistemas a inspección considérase desfavorable e xa non se fai a proba de gases, porque os resultados estarían alterados. Entre eses defectos poden aparecer manipulacións ou fallos nos sistemas de xestión que só se poden detectar a través da centralita do vehículo».
Entrevista completa en La Voz de Galicia