O modelo galego de ITV, un exemplo de calidade, independencia e igualdade
O director xeral de Supervisión y Control, Juan Diego Rodríguez; o subdirector xeral de Administración Industrial da Xunta de Galicia, Ricardo Baños, e a portavoz de Supervisión y Control, Carmen Fernández, presentaron hoxe a Memoria de 2015, na que destaca o incremento de inspeccións.
O director xeral de Supervisión y Control e o subdirector xeral de Administración Industrial salientaron as vantaxes do modelo galego, que permite un alto nivel de calidade cun prezo contido (o quinto máis barato de España) e cunha ampla rede de estacións nunha comunidade cun alto nivel de dispersión poboacions.
Respecto dos datos de inspeccións, a cifra ascendeu a 1.4 millóns, e un de cada catro vehículos non superaron a inspección á primeira, con defectos graves detectados fundamentalmente en alumeado e sinalización, pneumáticos e freos.
Os medios dixitais recollen hoxe esta información:



