O Laboratorio de Frío situa a SYC itv na vangarda tecnolóxica.
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, visitou as instalacións da Estación Espírito Santo, onde lle ensinamos de primeira man como funciona o novo Laboratorio de Frío de Galicia, unha das estacións máis avanzadas de Europa en materia de tecnolóxica e de certificación e homologación
Nesta visita, Conde destacou que este novo Laboratorio de Frío de Galicia “sitúa á vangarda tecnolóxica á empresa Supervición e Control“, que está chamada a posicionarse entre as instalacións máis avanzadas a nivel mundial neste sector.
O conselleiro de Economía e Industria apuntou que a nova unidade especializada na homologación e revisión de vehículos refrixerados vai supoñer “un importante aforro de custos e tempo” tanto para transportistas e empresas coma para carroceros, realizando en Galicia probas que, ata a data, só se podían facer noutros dous únicos puntos de España e beneficiando en torno a 300 vehículos ao ano.
Ademais, Conde sinalou que estas certificacións poden converterse, mesmo, nunha garantía extra de calidade para os produtos agroalimentarios galegos no camiño da súa internacionalización.
Durante a visita, o responsable de Economía e Industria asegurou que “a seguridade e o respecto cara ao medio, as liñas de traballo de SYC itv, son dous principais eixes nos que está a focalizando os seus esforzos a industria da automoción“.
No acto de inauguración estiveron presentes o alcalde de Sada, Ernesto Anido; o presidente da Deputación, Diego Calvo; a delegada da Xunta en Galicia, Belén do Campo; e o presidente da Confederación de Empresarios da Coruña, Antonio Fontenla, entre outros.



