Un de cada catro vehículos non superou a ITV no 2013
Este foi o dato máis fundamental que se deu na presentación anual da ITV, que en Galicia realizamos dende SYC·ITV, e ofrecido pola nosa voceira, Carmen Fernández. En total, realizamos 1,3 millóns de inspeccións, o que supón un 6% máis que no 2012 e que se relaciona cun aumento da vida útil do parque móbil.
Neste sentido, o noso director xeral, Juan Diego Rodríguez, puntualizou que agora, a media de idade dos vehículos se sitúa nos 11 anos, fronte aos 9 de antes da crise. Así mesmo, apuntou como principais defectos nos vehículos os fallos en electricidade, eixes, rodas e freos.
En Supervisión e Control realizamos 1,3 millóns de revisións e os maiores defectos
encontrados estaban na iluminación, os eixes e os freos.
Os responsables da nosa concesionaria, que conta con 23 estacións fixas e 10 móbiles, destacaron que as revisións permitiron que se reparasen 313.000 vehículos e baseándose nun estudo realizado pola Universidade Carlos III se logrou evitar con iso o ano pasado 1.100 accidentes, con 17 vítimas mortais e 1.100 feridos.
Fronte a iso, e como dato negativo, se cifrou nuns 40.000 vehículos o que circularon no 2013 coa ITV caducada, malia que teñen activo alertas para informar os propietarios. Outra novidade que se ofreceu foi que dende Supervisión e Control solicitamos autorización para contar cunha nova estación en Nigrán e un túnel de frío en Espírito Santo.
Nesta presentación contamos coa asistencia do subdirector de Promoción Industrial, Ricardo Baños, quen apuntou que as inspeccións de vehículos redundan nunha maior seguridade vial, unha redución dos niveis de contaminación e unha maior eficiencia enerxética.



