Carmen Fernández: “A nova ITV será máis esixente coa contaminación”
Carmen Fernández Díaz, voceira das ITV en Galicia, acudiu á entrevista do programa da TVG Bos Días para falar dos novos controis da Inspección Técnica de Vehículos.
“O 20 de maio entra en vigor o novo decreto, a reforma vén motivada por unha transposición dunha directiva europea. A partir do 20 de maio, a ITV que se pase en España será homologable en toda a Unión Europea. Por iso, os controis serán máis esixentes. A UE incide na protección do medio ambiente”.
“Preténdense implementar sistemas de diagnose a través un lector que funciona co ordenador de a bordo do vehículo para obter os datos relacionados coas emisións contaminantes”.
Ligazón á noticia na TVG