Acordo do grupo Fomento de Iniciativas e Applus+ Iteuve Galicia para a expansión do modelo galego de ITV
Applus+ Iteuve Galicia toma unha participación maioritaria.
- A operación, cuxa contía ascende a ao redor de 89 millóns de euros, afecta á división de ITV do grupo.
- Garántense o emprego e o investimento.
- Fomento de Iniciativas mantén as súas outras liñas de negocio.
O Grupo Fomento de Iniciativas (GFI) acordou dar entrada na súa división de Inspección Técnica e Vehículos á empresa Applus+. A operación consiste na toma por Applus+ Iteuve Galicia SLU dunha participación maioritaria no accionariado de Inversiones Finisterre, matriz das sociedades dedicadas ao sector de ITV dentro do GFI.
O acordo garante tanto o emprego como o calendario de investimentos, no marco da concesión en vigor. O persoal de traballadores que compón a División de ITV do GFI recibe información da nova situación exposta, a través dos seus representantes. Igualmente trasládanse ás administracións titulares do servizo, os pormenores do acordo.
O Grupo Fomento de Iniciativas, de capital integramente galego e radicado en Galicia, agrupa a empresas presentes nas áreas de Medio Ambiente, Construción, Inmobiliaria e Náutica. As restantes divisións empresariais de Fomento de Iniciativas manterán a estratexia de expansión e diversificación seguida nestes últimos anos, que se verá reforzada coas posibilidades de capitalización que se abren con este acordo.