A DGT incide no risco de utilizar vehículos antigos
A directora xeral de Tráfico, María Seguí, incidiu no risco que supón a utilización de vehículos antigos (a media en accidentes con falecidos está en 14 anos) e recordou que as vías de alta capacidade, como autopistas e autovías, están “infrautilizadas”. Existe tamén unha importante “porcentaxe” de turismos “que circulan sen a súa ITV ou os seus seguros en orde”. Por estes motivos, Seguín insta a valorar as circunstancias de cada coche e si é “o mellor medio” para facer unha viaxe.