Gran repercusión do recoñecemento ao Programa Son Capaces
A Fundación Anade vén de conceder á empresa Supervisión y Control, concesionaria do servizo de inspección técnica de vehículos en Galicia, o “premio de inclusión social Fundación Anade no ámbito Galicia”. Este galardón foi outorgado polo Proxecto “Son Capaces”, que desenvolve SyC como empresa pioneira na integración laboral e social de persoas con diversidade funcional, en concreto con discapacidade intelectual.
Podes ver aquí a reportaxe en Televisión de Galicia
O acto de entrega do premio tivo lugar o pasado venres, 18 de novembro, no transcurso dunha cea benéfica que se celebrará no Gran Hotel de Lugo. Este galardón súmase aos numerosos recoñecementos que Supervisión y Control ten recibido nos últimos anos polo seu labor de responsabilidade social. Hai xa tempo a compañía decidiu abrir ofertas laborais a persoas con diversidade funcional, que actualmente están plenamente integradas e demostrando as súas aptitudes, compromiso e capacidades. Cada ano xéranse novas incorporacións a este colectivo, con grandes resultados, e son xa mais de 20 os empregados con diversidade funcional que traballan nas estacións de ITV galegas. Por tanto, Supervisión y Control anima a empresas e organismos a que se involucren, coa seguridade de que os beneficios obtidos superarán ampliamente o esforzo.
Respecto da fundación Anade, o seu obxectivo é a inclusión social e laboral das persoas con discapacidade a través da arte e a creatividade como medio máis eficaz para que este colectivo se desenvolva íntegramente de xeito que podan expresar as súas opinións sobre a sociedade na que viven. A Fundación Anade é unha ONG sen ánimo de lucro e ofrece actividades de carácter creativo e cultural de balde. Para iso contan coa axuda de diferentes entidades, públicas e privadas.