A ITV de O Carballiño chegará aos 14.000 vehículos no ano 2020.
A prensa galega recolle a presentación da nova Estación de ITV de O Carballiño que se poñerá en marcha a finais de ano no polígono industrial e ten previsto inspeccionar 4.000 vehículos durante o primeiro ano e chegar aos 14.000 en 2020.
Os datos foron avanzados na capital do Arenteiro na presentación desta nova estación de ITV, a número 26 das que existen en Galicia con carácter fixo. Ao acto asistiron o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces; o alcalde, Francisco Fumega; o presidente de Supervisión e Control, Amador de Castro, e a delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz.
Más información en Faro de Vigo



