A nova ITV de Nigrán estará activa a primeiros de 2016.
O novo servizo de Inspección Técnica de Vehículos (ITV) de Nigrán, que conta cun investimento de 1,75 millóns de euros, estará activo no primeiro trimestre de 2016 e xerará inicialmente 9 postos de traballo (16 de aquí ao 2020) segundo as previsións que baralla o Concello de Nigrán.
O director xeral de Enerxía e Minas da Xunta Angel Bernardo Tahoces e o rexedor de Nigrán, Juan González realizaron o mércores unha visita ás obras de construción desta nova infraestrutura, situada nunha parcela de 3.000 metros cadrados situada no Parque Empresarial de Porto do Molle.
Fonte: Atlántico Diario



