Supervisión Y Control inaugura na Sionlla a ITV do futuro cun sistema modular pioneiro en España
- A Construción deste modelo innovador que permite modificar o tamaño da estación segundo a demanda e reduce custos e prazos de ejecución é froito da colaboración entre a UDC e Supervisión y Control, concesionaria da inspección técnica de vehículos en Galicia.
- O modelo patentado na Universidade da Coruña foi desenvolvido polo Grupo de Estruturas Especiais da Escola Técnica Superior de Arquitectura.
- A nova estación consta de dúas liñas, unha de lixeiros e outra universal, coa previsión de acadar en torno a 25.000 inspeccións o primeiro ano.
- No acto estiveron presentes o alcalde de Santiago, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, o reitor da Universidade da Coruña, o delegado territorial da Xunta de Galicia e o presidente do Grupo Fomento de Iniciativas.
O Polígono de A Sionlla, en Santiago de Compostela, acolleu hoxe o acto de inauguración da nova estación de ITV, que fai o número 25 das instalacións para inspección con que conta a concesionaria en Galicia, e é a primeira dunha nova xeración de estacións do futuro, grazas ao sistema modular de deseño e construción, froito da iniciativa de I+D+i do Grupo Fomento de iniciativas, ao que pertence Supervisión y Control.
Esta ITV naceu como complemento ás xa existentes na área de Santiago en Tambre e en Cacheiras, para mellorar a cobertura do servizo de inspección, cunha previsión inicial de dar cobertura a arredor de 25.000 inspeccións ao ano, a todo tipo de vehículos. Dótase cun cadro de persoal de seis inspectores, dous administrativos e unha directora de estación. Ademais, por primeira vez en SyC-ITV e como sinal da consolidación do proxecto Son Capaces, esta estación contará cunha ordenanza desde o primeiro día de apertura de estación. O horario da estación, que estará abierta ao público a partir de mañá sábado 22, será de luns a venres: de 8:00 a 21:00 horas e sábados: de 8:00 a 14:30 horas.
En canto á tecnoloxía modular, foi desenvolvida por SyC-ITV en colaboración coa Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña. Este sistema permite non só ir modificando a estrutura da instalación atendendo ás progresivas necesidades de demanda, senon que tamén permite un importante aforro de custos e prazos de execución. Con respecto ás dotacións, a estación inclúe maquinaria de última generación que permitirá realizar a inspección máis completa a todo tipo de vehículos, incluidos os máis novedosos.
O obxectivo de Fomento de Iniciativas, Grupo empresarial multinacional con capital cen por cen galego, que agrupa a máis de 1.200 traballadores e empresas dos sectores náuticos, de construción, inmobiliaria, medio ambiente e inspección de vehículos, é converter esta estación nun referente tecnolóxico no campo da ITV, e un banco de probas para o futuro.
As autoridades asistentes ao acto destacaron estes valores no transcurso da súa intervención, poñendo de manifesto a vontade de esixencia permanente e innovación que demostra Supervisión y Control con esta iniciativa, contribuíndo non só a apoiar o crecemento de Galicia a través da creación de riqueza e emprego, senon tamén contribuir á integración das persoas con diversidade funcional, promover o uso responsable dos vehículos e a seguridade e o control medioambiental.
Ver nova en La Voz de Galicia (1)
Ver nova en La Voz de Galicia (2)
Ver nova en El Correo Gallego
Ver nova en La Opinión de A Coruña
Ver nova na Televisión de Galicia