O laboratorio de frío de Galicia inicia o control de vehículos de transporte de perecedoiros
O Laboratorio de Frío de Galicia, ubicado no recinto da estación de ITV de Espírito Santo en Sada (A Coruña), iniciou a súa actividade coa realización do primeiro control de vehículos de transporte de produtos perecedoiros. Trátase dunha nova aposta pola innovación, a competitividade e a tecnoloxía de vangarda por parte de SyC-Applus, en liña co seu modelo galego de inspección de vehículos. Aténdese ademais a outro dos valores da concesionaria de ITV de Galicia, que é a cercanía. Ata agora tanto os carroceiros como os transportistas tiñan que desplazarse ata Madrid, onde se atopa o laboratorio de frío máis preto da nosa comunidade. De feito, ata a posta en servizo do laboratorio de Espíritu Santo só existían dúas instalacións en España –nas comunidades de Madrid, Andalucía- que outorgan as certificacións con cobertura para transporte internacional. Ademais, acaba de abrir outra en Castela A Mancha.