A ITV non incrementará o prezo coa nova normativa
Este domingo 20 de maio entra en vigor o real decreto que varía a Inspección Técnica de Vehículos (ITV) e aplica numerosos cambios que afectan tanto aos operadores como aos clientes. Os rumores dunha posible subida de tarifas e o temor a que as medidas fagan que sexa máis complicado obter a pegatina da ITV provocou que moitos condutores decidan adiantar as súas inspeccións esgotando as citas para todas as estacións de servizo de Compostela. Así o confirma Alberto Zalvide, adxunto ao director xeral en Supervisión e Control (SYC), que relata que as últimas semanas notouse “un incremento, aínda que non excesivo, de inspeccións”.
Artigo completo en El Correo Gallego