• AXUDA
    • CONTACTO
    • INICIAR SESIÓN
    • Galego Galego Galego gl
    • Español Español Español es
    • English English Inglés en
    SYC Applus+ itv
    • CITA PREVIA
      • CITA ITV PERIÓDICA
      • CITA ITV DESFAVORABLE
      • CITA REFORMAS
      • CITA REFORMAS DESFAVORABLE
      • USUARIOS REXISTRADOS
      • CONSULTAR CITA
    • ESTACIÓNS
      • Galicia
        • ESTACIÓNS FIXAS
        • ESTACIÓNS MÓVILES
      • A Coruña
        • A CORUÑA-SABÓN
        • FERROL
        • O ALLO
        • O ESPÍRITO SANTO
        • RIBEIRA
        • SANTIAGO–A SIONLLA
        • SANTIAGO-CACHEIRAS
        • SANTIAGO-TAMBRE
      • Lugo
        • FOZ
        • LUGO
        • MONFORTE DE LEMOS
        • VILALBA
        • VIVEIRO
      • Ourense
        • O BARCO
        • O CARBALLIÑO
        • OURENSE
        • VERÍN
        • XINZO
      • Pontevedra
        • BUEU
        • LALÍN
        • NIGRÁN
        • O PORRIÑO
        • PONTEVEDRA-BORA
        • PONTEVEDRA-CURRO
        • VIGO-PEINADOR
        • VILAGARCÍA
    • PASAR A ITV
      • QUE É A ITV?
      • PREGUNTAS FRECUENTES
      • CANDO PASAR A ITV?
      • RECOMENDACIÓNS
      • DOCUMENTACIÓN
      • TARIFAS
      • REFORMAS
      • PNEUMÁTICOS
    • TÚNEL DE FRÍO
      • LABORATORIO DE FRÍO
      • TARIFAS
    • QUEN SOMOS
    • ÚNETE
      • PERSOAS
      • NEXO
      • QUÉ CHE OFRECEMOS
    • Search
    • Menu Menu

    Tag Archive for: syc-applus

    Carmen Fernández: “O parque móbil de Galicia é o terceiro máis avellentado de España”

    Outubro de 2019

    Carmen Fernández, voceira de Syc Applus, empresa concesionaria que xestiona o parque das ITV en Galicia, respondeu ás cuestións de por que o máis do 25 % dos automóbiles que se presentaron en 2018 á inspección técnica de vehículos non pasaron a revisión. 

    Entevista completa na Radio Galega

    Syc-Applus+ e Castrosua firman un acordo para a revisión dos sistemas de climatización dos seus autobuses

    Xullo de 2019

    O Laboratorio de Frío de Galicia de SyC- Applus+ asinou un convenio de colaboración coa empresa galega Castrosua co obxectivo de efectuar ensaios dos sistemas de aire acondicionado e antivaho de autobuses carrozados, destinados a clientes de zonas con temperaturas ambientais elevadas.
    Este acordo atópase enmarcado dentro da liña de I+D+i que SyC- Applus+ puxo en marcha para posicionar o Laboratorio como Centro Tecnolóxico do Frío e que, desta maneira, poida colaborar con empresas, universidades, e outras entidades da nosa comunidade para a realización de ensaios e/ou probas que poidan requirir do emprego das súas instalacións.
    O Laboratorio de Frío de Galicia, situado no recinto da estación de ITV de Espírito Santo (Sada), é o único centro oficial de ensaio para vehículos de transporte de produtos perecedoiros do norte de España. No seu ciclo de vida, os vehículos destinados ao transporte de perecedoiros deben someterse a estritos controis tanto por parte das OCA (organismos de control), como na propia inspección técnica de vehículos. No laboratorio de frío desenvólvense os ensaios necesarios para avaliar o estado dos contedores de temperatura controlada necesarios para a súa homologación.
    Tras iniciar a súa actividade en febreiro de 2018, completou o seu primeiro ano de maneira moi satisfactoria cumprindo con éxito os obxectivos propostos. A súa posta en marcha responde a unha vella demanda do sector, permitindo aos transportistas galegos e das comunidades limítrofes desenvolver todos os controis que contemplan o Acordo Internacional de Transporte de Mercadorías nas mesmas instalacións de Espírito Santo.
    Na actualidade, o Laboratorio continúa co seu crecemento, aspirando a converterse nun referente non só en Galicia, senón tamén a nivel nacional e contribuíndo ao obxectivo de SyC- Applus+ de prestarlle á sociedade galega servizos de calidade no ámbito da automoción, nos que se combinen adecuadamente a innovación tecnolóxica e a proximidade e profesionalidade no trato ao cliente.
    O Laboratorio de Frío de Galicia de SyC- Applus+ conta coa acreditación de ENAC Nº 1267/LLE2411 segundo a norma internacional UNE-EN ISO/ IEC 17025 para a realización de ensaios de medida e/ou verificación do coeficiente global de transferencia de calor “ K” que caracteriza a isotermia dos vehículos de transporte de mercadorías perecedoiras. Ademais, foi designado polo Ministerio de Industria como estación oficial de ensaios ATP.
    A instalación, equipada cunha tecnoloxía de vangarda, consiste nunha cámara de ensaio de 26 metros de lonxitude, na que se avalía a capacidade illante das unidades isotermas, que inclúe desde os sistemas de climatización do habitáculo ata a refrixeración dos motores, a resistencia ao vento e a capacidade illante dos vehículos isotérmicos. A tecnoloxía empregada polo Laboratorio, baseada na transmisión inalámbrica dos rexistros, permite a automatización da toma de datos e a obtención dos resultados dos ensaios para axilizar os procesos na emisión do Certificados ATP.

    Premio José Luis Alvite para Carlos Luis Rodríguez, director de comunicación de Syc Applus

    Maio de 2019

     A Asociación de Periodistas de Galicia (APG) acordou por unanimidade outorgar o Premio de Columnismo José Luis Alvite ao xornalista Carlos Luis Rodríguez, director de comunicación de SyC Applus. A ampla traxectoria do galardoado está ligada con El Correo Gallego, xornal onde Rodríguez desenvolve, dende hai máis de quince anos, a súa actividade como columnista de xeito habitual.

    Ademais disto, o xornalista encargouse da direción e presentación de programas de entrevistas e debates na Televisión de Galicia. Así mesmo, Rodríguez foi dos primeiros reporteiros españois en falar con Yaser Arafat e con outras personalidades de renome internacional como Mario Vargas Llosa, Jacques Delors ou Mario Soares.

    Á hora de distinguilo con este galardón, que alcanza a súa cuarta edición, a directiva da APG destacou “a súa capacidade de argumentar con rigor e moderación, con artigos nos que achega un estilo áxil e claro”.

    La Voz de Galicia

    A maioría das inspeccións a coches detectan o mal estado das rodas

    Abril de 2019

    As rodas gastadas ou con reformas e parches sen autorizar son o principal defecto que os inspectores da Policía Local de Vigo detectan nos controis aleatorios que realizan na cidade para revisar o estado dos vehículos, ver fallos mecánicos ou administrativos e denunciar aos infractores. Os axentes presentaron 124 denuncias por danos en vehículos no 2018 e un terzo (43) delas debíanse a que o condutor circulaba con fallos nas rodas, o que supoñía un risco para eles mesmos e para o resto dos usuarios da vía.

    Así o revela o informe Sintra do 2018 da Sección de Inspección de Transporte da Policía Local de Vigo. Os motivos mecánicos secundarios polos que os condutores son sancionados son por danos na carrocería (13), irregularidades co espello retrovisor (10), o tubo de escape (7) e a dirección e as luces (6). Só se localizaron dous coches cos freos mal. Os axentes tamén revisan os papeis do vehículo e descubriron que en tres casos, o titular xa falecera e noutros cinco, o transporte xa fora dado de baixa. Seis deles tiñan problemas coa matrícula.

    Artigo completo en La Voz de Galicia

    Un de cada tres coches non pasa a ITV á primeira en Vigo

    Marzo de 2019

    Os condutores enfróntanse desde hai uns meses a unha ITV máis esixente e dura especialmente no referente ás emisións contaminantes, que xa é o terceiro motivo polo que un de cada tres vehículos non pasa a inspección técnica á primeira en Vigo. O índice de rexeitamento o ano pasado situouse nun 27,7% do total dos coches inspeccionados -pasaron pola estación de Peinador 114.061 automóbiles e 94.512 pola de Porriño-. Preto de 39.000 condutores, no caso da primeira, tiveron que volver a unha segunda revisión e de 34.000 na segunda.
    A primeira causa pola cal se suspende este exame está relacionada coa iluminación e sinalización, seguida de problemas cos eixes, rodas, pneumáticos e suspensión e en 2018, por primeira vez e con carácter xeral, o rexeitamento en emisións contaminantes superou aos defectos no sistema freado, que é a cuarta causa de rexeitamento. “Isto pode deberse á implantación dos requisitos de emisións máis estritos levados a cabo durante os últimos anos por parte das administracións”, sinala Carmen Fernández Díaz, portavoz de Supervisión e Control ( SyC), que é a empresa concesionaria das ITV en Galicia.

    En canto ao número de inspeccións, ambas as estacións experimentaron o ano pasado un crecemento. No caso da porriñesa foi dun 2 por cento, igual que a media galega, mentres que a de Peinador sumou 300 revisións máis con respecto a 2017, porcentualmente inapreciable pero significativo porque se estabilizaron as inspeccións tras dous anos de baixada coa apertura da ITV de Nigrán en 2016, que supuxo un transvasamento de coches.

    O sector achaca este aumento das inspeccións a dous motivos. Por unha banda ao envellecemento paulatino do parque de vehículos (Galicia ten o terceiro máis vello de España) pero tamén a unha “maior sensibilización da Administración que está a incluír á ITV como unha das medidas para o obxectivo cero accidentes”, explica Fernández.

    Noticia completa en Atlántico Diario 

    Applus+ apuntala o seu posicionamento no sector aeronáutico coa adquisición de A2M Industrie

    Marzo de 2019

    A multinacional Applus+, con orixe en Galicia e presenza en 70 países, deu un paso máis na súa aposta por reforzar o seu posicionamento como provedor estratéxico do sector aeronáutico, que conta cunha gran proxección na comunidade galega. A compañía acaba de adquirir o laboratorio francés A2 M Industrie, especializado en ensaios de materiais, que presta servizos de alto valor engadido ao sector aeronáutico, industrial e nuclear.

    O laboratorio de A2 M Industrie está situado preto de Lyon (Francia) e ten unha cifra de negocio próxima aos 3 millóns de euros e máis de 25 empregados especializados. Dispón das acreditacións Nadcap e Cofrac, está habilitado para realizar ensaios para a industria nuclear e é un dos poucos laboratorios recoñecidos polo Grupo Safran en Europa.

    A2 M Industrie integrarase na división Applus+ Laboratories, que en Galicia está representada nos laboratorios da sede central de Applus+ Norcontrol, en Sada. O vicepresidente de Applus+ e responsable da división Laboratories, Jordi Brufau, destacou que “a incorporación de A2 M Industrie amplía a nosa rede europea de laboratorios para a industria aeronáutica e reforza o noso posicionamento como provedor de servizos de alto valor engadido para os fabricantes de motores aeronáuticos e os seus provedores”. Pola súa banda, o director de A2 M Industrie, Cyril Romagny, destacou a oportunidade que supón para este laboratorio a súa integración no Grupo Applus+, o que abre “unha gran oportunidade de desenvolvemento técnico, permitindo ampliar a gama de produtos e abrirse ao mercado europeo”.

    Esta adquisición súmase á operación realizada polo grupo Applus+ no sector aeroespacial. Trátase da empresa estadounidense Talon Test Laboratories, especializada en ensaios non destrutivos. Fundada en 1999, esta compañía é un provedor de referencia no ámbito aeroespacial, con máis de 50 empregados e unha cifra de negocio próxima aos 4,5 millóns de dólares. Entre os seus clientes conta con compañías de primeira liña no sector como Carterpillar, Aerijet Rocketdyne, Alliance Aeroespace Engineering, Rolls- Royce, Bombardier Aerospace, Spacex ou Boeing. Esta última compañía está tamén desenvolvendo un importante proxecto no Polo Aeroespacial de Rozas, en Lugo, o que pon de manifesto a nova oportunidade que se abre para desenvolver importantes sinerxias nun sector de gran potencial en Galicia.

    A comunidade galega é actualmente un dos eixes estratéxicos de expansión do Grupo Applus+, unha das compañías líderes mundiais en inspección, ensaios e certificación. Cotiza nas bolsas de Madrid, Barcelona, Valencia e Bilbao, e emprega a máis de 22.800 persoas. En Galicia xerou máis de 1.000 postos de traballo, operando non só na división de Laboratories. Tamén conta con sedes e oficinas integradas nas divisións de Automotive e Energy & Industry. No ámbito de inspección industrial o grupo ten unha gran presenza en obra pública e privada a través de Applus+ Norcontrol, con central en Sada. Outro dos sectores estratéxicos é o do automóbil, tanto no ámbito de I+D+i como en inspección.

    En innovación destaca o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, que conta como socio tecnolóxico con Applus+ Idiada e ten a súa sede no Porriño. En canto a inspección técnica de vehículos, SyC- Applus+ xestiona toda a rede de estacións na comunidade, composta por un total de 26 centros fixos e 10 móbiles. Ademais, a través dun proxecto de investigación en colaboración coa Universidade da Coruña desenvolveu un innovador modelo de estación, baseado na arquitectura modular e a automatización de procesos, que se converteu nun modelo para o seu desenvolvemento noutros mercados.

    Sonsoles Carbia: “En España xa é normal ver unha muller nuna obra”

    Marzo de 2019

    A súa carreira profesional foi sempre da man da compañía de servizos e certificación Applus, que acaba de ser recoñecida co premio Top Employers España 2019 polas condicións laborais dos seus empregados. A enxeñeira de Camiños, Canles e Portos Sonsoles Carbia forma parte dun equipo directivo no que cada día é máis fácil ver a unha muller a pé de obra e con voz de mando.
    Estudou unha enxeñería porque lle gustaban as ciencias puras «e nunca tiven un plan B». Non se arrepinte; estivo dous anos facendo prácticas en Applus e quedou, mesmo antes de acabar a carreira. Sonsoles Carbia Rosendo (A Estrada, 1978) sumouse así a unha empresa líder na realización de proxectos, control e supervisión de obras que fai algo máis dun ano sumou á súa carteira de negocio a xestión das ITV galegas.
    -Empezou como bolseira e agora ten a 36 persoas no seu departamento.
    – Non me equivoquei ao estudar Camiños e Portos aínda que tampouco destaquei polas notas, pero ao ir avanzando a carreira si que te vas centrando máis e en cuarto fixen unhas prácticas en Applus e ao ano seguinte repetín, e antes de terminar a carreira xa me incorporei definitivamente. Foi no ano 2005, con 27 anos.

    -Apáñase ben nun mundo de homes?

    -O ano en que entrei na carreira, na Universidade dá Coruña, deuse a casualidade de que eramos o mesmo número de homes que de mulleres, e non se se é o frecuente, pero cando me incorporei ao mundo da obra xa tiñamos presenza. E non fun eu a primeira, nas prácticas xa tiña unha xefa.

    -E sempre a pé de obra?

    -Entrei de bolseira e o primeiro contrato foi de formación en prácticas, facía de soporte ás persoas que preparaban concursos públicos e a partir do 2006, si, estiven sempre no mundo da obra, no departamento de infraestruturas.

    -Aínda que a compañía abarca outros moitos campos, non?

    -Si, un abanico moi amplo, repartido en dous bloques en Galicia: a industria por unha banda e a construción pola outra. E no segundo, facemos control de obra, redacción de proxectos, prevención de riscos e mesmo un laboratorio no que se fan todo tipo de ensaios, como análises de solos, por exemplo.

    -Sempre traballou en Galicia desde a sede da compañía en Sada?

    -Menos no ano 2014, que estiven en Alemaña para o control de calidade dun ciclo combinado dunha central eléctrica que levaba Applus con outra empresa española. Ía para dous meses e estiven alí un ano. Era a encargada de supervisar o traballo dos técnicos alemáns. Eramos 400 traballadores españois en Bremen e eu era a única galega de Applus.

     

    Entrevista completa en La Voz de Galicia

    Inauguarción SYC itv A Sionlla

    Applus+ reforza a súa presenza en Latinoamérica co seu modelo de ITV

    Marzo de 2019

    O modelo de ITV que desenvolve a multinacional Applus+, con orixe en Galicia e concesionaria da rede de estacións de inspección de vehículos a comunidade a través de SyC- Applus, expandiuse a Latinoamérica, concretamente a Arxentina e Ecuador, onde obtivo a concesión para dous novos proxectos de ITV. Ademais, reforzou a súa actividade en Costa Rica, onde xa vén operando a través da súa marca Riteve.

    Tras a incorporación da rede galega á división automotive de Applus+, con estas dúas novas adxudicacións fortalécese aínda máis a presenza da compañía no sector da inspección de vehículos, consolidando a súa posición de liderado, á vez que afianza a súa presenza nun mercado estratéxico como é Latinoamérica.

    A concesión en Arxentina permitiralle á compañía abordar a revisión e control do servizo de taxis e vehículos comerciais da cidade de Bos Aires. Esta actividade desenvolverase nunha estación de servizo que prevé atender a un total de 40.000 taxis e vehículos comerciais rexistrados na cidade. Ademais, Applus+ farase cargo de RUTAX, o rexistro único de taxis, e da expedición das licenzas, emisión de tarxetas orixinais, transferencias, altas ou renovacións, cambios de taxímetros e suspensións que habilitan a propietarios e condutores a xestionar as licenzas de taxis.

    Respecto a a expansión en Ecuador, Applus+ amplía a súa presenza con dous novos contratos de concesión outorgada por Portovial EP, a empresa de mobilidade e transporte nos municipios de Portoviejo e Babahoyo. Estas estacións, que a compañía comezará a operar proximamente, posúen capacidade operativa para atender a 200.000 vehículos ao ano.

    Ademais, Applus+ incrementou a súa presenza en Costa Rica, adquirindo a través da súa marca Riteve dúas novas unidades móbiles de inspección técnica de vehículos na estrada. O proxecto enmárcase no Plan Nacional de Transporte que impulsa o Ministerio de Obras Públicas e Transportes do país, co que colabora a compañía. O obxectivo desta iniciativa é mellorar a seguridade viaria e a redución de emisións contaminantes na rexión.

    A compañía Applus+ valora estas adxudicacións como un paso importante para consolidar a súa posición como referente en inspección técnica de vehículos en Latinoamérica. Así o indica Aitor Retes Aguado, Executive Vice President da División Automotive, que afirma que se trata de “un mercado estratéxico que ten moito que ofrecer ao grupo tanto polo seu gran potencial como pola experiencia acumulada nas distintas liñas de negocio”. “Desde a división Automotive queremos seguir apostando por esta xeografía”, engade.

    Applus+ é unha das compañías líderes mundiais en inspección, ensaios e certificación. Desenvolve a súa actividade en máis de 70 países, cotiza nas bolsas de Madrid, Barcelona, Valencia e Bilbao, e emprega a máis de 22.800 persoas. Galicia é actualmente un dos seus eixes estratéxicos de expansión, con máis de 1.000 postos de traballo repartidos nos centros de operacións e oficinas pertencentes ás divisións de Laboratories, Automotive e Energy & Industry. Ademais do ámbito de inspección industrial, no que o grupo ten unha gran presenza en obra pública e privada a través de Applus+ Norcontrol, con central en Sada, un dos sectores estratéxicos é precisamente o do automóbil, tanto no ámbito de I+D+i como en inspección.

    En innovación destaca o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, que conta como socio tecnolóxico con Applus+ Idiada e ten a súa sede no Porriño. En canto a inspección técnica de vehículos, SyC- Applus+ xestiona toda a rede de estacións na comunidade, composta por un total de 26 centros fixos e 10 móbiles. Ademais, a través dun proxecto de investigación en colaboración coa Universidade da Coruña desenvolveu un innovador modelo de estación, baseado na arquitectura modular e a automatización de procesos, que se converteu nun modelo para o seu desenvolvemento noutros mercados.

    Applus+ acada un crecemento do 5,9% e xa supera os 22.800 empregos en todo o mundo

    Febreiro de 2019

    A multinacional Applus+, con orixe en Galicia, onde se sitúa unha das súas tres sedes principais, presentou hoxe en Londres os resultados do exercicio 2018, nos que destaca un crecemento do 5,9% (orgánico do 4,9%). O grupo Applus+ é unha das compañías líderes mundiais en inspección, ensaios e certificación, e alcanzou o pasado ano uns ingresos de 1.675,9 millóns de euros e un resultado operativo de 170,8 millóns de euros.

    Na memoria de resultados destácase a relevancia da integración no grupo da rede galega de estacións de ITV que SyC-Applus+ xestiona en Galicia. Incorporada na división de Automotive do grupo, esta nova achega reforzou de maneira decisiva o volume de negocio e a especialización de Applus+ na comunidade galega.

    Applus+ desenvolve a súa actividade en máis de 70 países, cotiza nas bolsas de Madrid, Barcelona, Valencia e Bilbao, e emprega a máis de 22.800 persoas. Galicia é actualmente un dos seus eixos estratéxicos de expansión, con máis de 1.000 postos de traballo repartidos nos centros de operacións e oficinas pertencentes ás divisións de Laboratories, Automotive e Energy & Industry. No ámbito de inspección industrial, o grupo conta con Applus+ Norcontrol, coa oficina central e laboratorios en Sada e oficinas en Ourense e Pontevedra. En innovación e enxeñería do automóbil destaca o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG-Idiada), no Porriño, e en inspección técnica de vehículos SyC-Applus+ é a concesionaria do servizo de ITV en Galicia, xestionando toda a rede de estacións na comunidade.

    Applus+, distinguida coma unha das mellores empresas para traballar en España

    Febreiro de 2019

    A multinacional Applus+ recibirá mañá martes, 12 de febreiro, o premio Top Employers España 2019 como recoñecemento á excelencia nas condicións laborais que ofrece aos seus empregados. A entrega oficial terá lugar durante a Cea Anual de Certificación que se celebrará no Palacio Municipal de Congresos de Madrid. Un recoñecemento baseado na xestión de recursos humanos, que recoñeceu ás empresas máis punteiras do mundo en canto a estándar de benestar laboral para os seus traballadores.

    O Top Employer Intitute é unha entidade internacional que cada ano elabora unha lista das mellores prácticas laborais. En España foron seleccionadas este ano un total de 94 empresas, entre as que se atopa a multinacional Applus+. Con 20.700 profesionais na actualidade, consolídase como un dos mellores lugares para traballar, non só polas condicións laborais, senón tamén polas oportunidades de crecemento profesional para os seus empregados, así como políticas de igualdade de xénero.

    A multinacional Applus conta con 20.700 profesionais, está presente en 70 países e posúe 350 oficinas e laboratorios. Cunha forte implantación en Galicia, onde conta cunha das súas sedes principais. Abarca desde inspección industrial, coa sede de Applus+ Norcontrol na Coruña, laboratorios en Sada e oficinas en Ourense e Pontevedra, así como en enxeñería do automóbil, co Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, e a inspección técnica de vehículos, con SyC – ITV.

    No ano 2019 Top Employers seleccionou a 94 compañías como as mellores empleadoras de España. A obtención deste selo de certificación supón entrar a formar parte dunha comunidade global de organizacións con visión de futuro, que impulsa seguir traballando polas mellores prácticas para as persoas da compañía. A filosofía destas compañías e, en especial, a de Applus+ é facer crecer e desenvolver o talento en todos os niveis da organización, optimizando continuamente o desenvolvemento profesional e persoal dos seus empregados.

    Para conseguir esta certificación como Top Employers, a compañía superou un rigoroso proceso analítico no que se avalían e auditan 600 boas prácticas de Recursos Humanos en dez áreas: estratexia de talento, planificación do persoal. adquisición de talent, on- boarding, aprendizaxe e desenvolvemento; xestión do desempeño, desenvolvemento do liderado, estión de carreira e sucesión, compensación e beneficios, e “cultura”.

    Entre estas novas tendencias destacan a consolidación da xestión do cambio como unha das principais prioridades. O aumento de iniciativas para o benestar dos empregados e o peso das redes sociais, o mobile learning e a gamificación na formación. Tamén destaca o papel que desempeñan os seus empregados nas súas propias carreiras e plans de desenvolvemento persoal. As compañías Top Employers avalían cada vez máis as experiencias e necesidades dos seus distintos grupos de profesionais á hora de deseñar a súa proposta de valor ao empregado. Ademais, sublíñase o uso da comunicación multidireccional e o feedback dos empregados. Desta maneira, a estratexia do departamento de Recursos Humanos alíñase coa de negocio e avalíase como a xestión do talento impacta nos resultados empresariais.

    Páxina 1 de 212
    • Carmen Fernández: “O parque móbil de Galicia é o terceiro máis avellentado de España”Outubro de 2019 - 11:43
    • Applus ITVApplus+ logra a adxudicación das ITV en Irlanda por outros dez anosAgosto de 2019 - 15:24
    • David Cañás: “No meu traballo son coma un doutor dos sistemas eléctricos”Xullo de 2019 - 10:02
    • Syc-Applus+ e Castrosua firman un acordo para a revisión dos sistemas de climatización dos seus autobusesXullo de 2019 - 11:50
    • Applus+ Galicia prepara a persoas con discapacidade intelectual para acceder a un empregoXullo de 2019 - 02:40
    • Applus+ Galicia, mejor empresa de la eurorregión España-Portugal en políticas de igualdadXuño de 2019 - 11:36
    • Raquel Grandal: “Os empregados felices fan empresas exitosas”Maio de 2019 - 11:31
    • Applus+ Galicia impulsa unha iniciativa pioneira cos seus Consellos de Conciliación e IgualdadeMaio de 2019 - 12:35
    • Premio José Luis Alvite para Carlos Luis Rodríguez, director de comunicación de Syc ApplusMaio de 2019 - 02:12
    • La Voz de GaliciaA maioría das inspeccións a coches detectan o mal estado das rodasAbril de 2019 - 11:24
    • Un de cada tres coches non pasa a ITV á primeira en VigoMarzo de 2019 - 11:18
    • Applus+ apuntala o seu posicionamento no sector aeronáutico coa adquisición de A2M IndustrieMarzo de 2019 - 10:50
    • Sonsoles Carbia: “En España xa é normal ver unha muller nuna obra”Marzo de 2019 - 01:35
    • Inauguarción SYC itv A SionllaApplus+ reforza a súa presenza en Latinoamérica co seu modelo de ITVMarzo de 2019 - 11:17
    • Applus+ acada un crecemento do 5,9% e xa supera os 22.800 empregos en todo o mundoFebreiro de 2019 - 16:33
    • Applus+, distinguida coma unha das mellores empresas para traballar en EspañaFebreiro de 2019 - 16:32
    • Lorena Rey: “Neste traballo gústame todo”Decembro de 2018 - 11:56
    • O transporte de perecedoiros xa se homologa en GaliciaNovembro de 2018 - 12:08
    • Alberto Zalvide: «A nova proba é o primeiro paso cara a una inspección máis adaptada á tecnoloxía actual»Septiembre de 2018 - 17:23
    • A ITV evita ao ano case 18.000 accidentes e 133 mortesXullo de 2018 - 13:06
    AVISO LEGAL | POLÍTICA DE PRIVACIDADE | POLÍTICA DE COOKIES
    CONFIGURACIÓN DE COOKIES
    • CITA PREVIA
    • ESTACIÓNS
    • PASAR A ITV
    • TÚNEL DE FRÍO
    • QUEN SOMOS
    • ÚNETE
    Scroll to top

    SYC Applus+ utiliza cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas (por exemplo, páxinas visitadas), para cargar contido multimedia ou para protexer a túa seguridade. Clica AQUÍ para máis información. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón 'ACEPTAR' ou configurarlas ou rexeitar o seu uso clicando o botón 'AXUSTES'.

    ACEPTARAXUSTES

    Panel de configuración de cookies



    Cookies técnicas

    As cookies técnicas permiten o funcionamento da web e protexer a súa seguridade.

    Consulta as cookies que almacenamos na nosa Política de cookies.

    Estas cookies deben estar sempre activas

    Cookies de análisis

    Permítennos coñecer como interactúas na web, o número de visitas nas diferentes seccións e establecer estatísticas para mellorar as nosas prácticas comerciais.

    Consulta as cookies que almacenamos na nosa Política de cookies.


    Axustes de Google Webfont:

    Vídeos de Vimeo e Youtube:

    Consulta as cookies que almacenamos na nosa Política de cookies.

    GARDAR CONFIGURACIÓNACEPTAR TODAS AS COOKIESREXEITAR TODAS AS COOKIES
    CONSELLOS
    1. Revisa as luces: o 20% dos vehículos rexeitados teñen que volver por unha simple lámpada que non funciona… Unha pequena revisión, con axuda de outra persoa, permitiranos verificar que funcionan correctamente todos os dispositivos e reparar aqueles que non funcionen correctamente antes de acudir a inspección.
    2. Checa os pilotos do cadro: ningún debe de permanecer aceso en cor laranxa ou vermello, dado que iso advirte dun mal funcionamento dalgún sistema.
    3. Comproba os pneumáticos: Asegurarnos de que teñen a presión adecuada, que teñen debuxo suficiente en toda a banda de rodaxe e que non presenten gretas, roturas ou deformacións nos laterais ou flancos evitaría o 22% dos rexeitamentos en inspección.
    4. Verifica os niveis: aceite, refrixerante, auga do limpa… Sen un nivel de aceite suficiente non poderemos realizar a proba de emisións.
    Información básica sobre protección de datos

    Responsable do tratamento

    Razón Social: SUPERVISIÓN Y CONTROL, S.A.U. (“SYC”).

    Domicilio Social: Estación de Inspección Técnica de Vehículos do Espírito Santo, Ctra. N-VI, km. 582, 15168 O Espirito Santo. Sada (A Coruña).

    C.I.F. A.-15.117.609

    Máis información

    Finalidades Principais

    1. Xestión do servizo de cita previa para a inspección técnica de vehículos, así como para a xestión de pago do servizo online, e se sé o caso, para o envío de avisos de confirmación / recordatorios de cita previa por correo electrónico e/ou mensaxes SMS, MMS ou servizos de mensaxería instantánea (p.ex. WhatsApp) ou outros medios electrónicos equivalentes, avisos de confirmación de acceso directo á liña de inspección, información e indicacións para o seu acceso, así como, se é o caso, remisión de factura en formato electrónico baixo correo electrónico.
    2. Xestión da prestación a clientes do servizo de inspección técnica.
    3. Xestión, atención e seguimento adecuado de suxestións, consultas e/ou reclamacións sobre os servizos de inspección técnica de vehículos.
    4. Xestión do grado de satisfacción do servizo ofrecido baixo a realización de enquisas a través do correo electrónico.
    5. Xestión de avisos recordatorios de vindeira inspección e de vencemento de inspección, baixo a realización de chamadas telefónicas ou envío de mensaxes por correo electrónico SMS, MMS ou servicios de mensaxería instantánea (p.ex. WhatsApp) ou outros medios electrónicos equivalentes.
    6. Participación en sorteos e promocións aos que vostede se inscriba.

    Máis información

    Bases lexitimadoras

    1. Execución dun contrato no que o interesado é parte.
    2. Cumprimento de obrigacións legais vixentes ás que SYC se atopa suxeita.
    3. Interés lexítimo.
    4. Consentimento.

    Máis información

    Datos persoais

    • Detalles Identificativos: nome e apelidos, sinatura e, no caso de solicitar factura, NIF.
    • Datos de Contacto: correo electrónico, teléfono de contacto, dirección postal.
    • Datos para o pagamento do servizo: tarxeta de débito ou crédito, conta bancaria (en caso de facturación diferida).
    • Outros: matrícula do vehículo, número de bastidor.

    En caso de clientes persoas xurídicas: nomes e apelidos, teléfono e datos de contacto do traballador, representante ou persoa de contacto na sociedade.

    Máis información

    Destinatarios

    Empresas do grupo Applus e outros prestadores de servizos.

    Forzas e corpos de seguridade, xuíces e tribunais, entidades reguladoras, autoridades gobernamentais ou outros terceiros competentes.

    Máis información

    Transferencias internacionais

    Os seus datos persoais poden ser transferidos, almacenados e procesados en países que non proporcionan un nivel adecuado de protección de datos de carácter persoal baixo o dereito da Unión Europea. Implementamos garantías axeitadas (en particular, compromisos contractuais) para garantir que os seus datos estean suficientemente protexidos.

    Máis información

    Dereitos

    Entre outros, os dereitos de acceso, rectificación e cancelación de datos persoais e o dereito de oposición ao tratamento de datos persoais e de revogar o seu consentimento. En particular, ten o dereito de opoñerse ao tratamento dos seus datos persoais en calquera momento, cando se basee no interese lexítimo de SYC.

    O exercicio destes dereitos pódese facer efectivo escribindo un correo electrónico, incluíndo unha copia do seu DNI ou documento de identidade a privacidad@sycitv.com

    Máis información

    Información ampliada

    Dispoñible nesta dirección.

    Recomendámoslle que lea esta información detidamente.

    Vostede ten o dereito para opoñerse ao tratamento dos seus datos persoais, en calquera momento, cando o mesmo se basee no interese lexítimo, incluíndo para fins como o envío de avisos recordatorios de próxima inspección e de vencemento de inspección enviando un correo electrónico a privacidad@sycitv.com, incluíndo a referéncia “Protección de Datos” e acompañando unha fotocopia do seu D.N.I. ou documento de identificación equivalente.

    Desexa rexistrarse?

    Se desexa rexistrarse pode solicitalo na Estación ITV máis próxima ou a través do noso Centro de Atención ao Cliente chamando ao 981 903 000

    Medidas máximas admisibles Móbil 2
    Distancia entre primeiro e segundo eixo 3200 mm
    Anchura total 1900 mm
    Voladizo posterior 1400 mm
    Roda xemelga Non admisible

    * Todas estas medidas aparecen reflexadas na Tarxeta de Inspección Técnica do seu Vehículo.

    Medidas máximas admisibles Móbil 6
    Distancia entre primeiro e segundo eixo 3200 mm
    Anchura total 2000 mm

    *Todas estas medidas aparecen reflexadas na Tarxeta de Inspección Técnica do seu vehículo.

    Medidas máximas admisibles Móbil 1
    Distancia entre primeiro e segundo eixo 3600 mm
    Anchura total 2000 mm
    Voladizo posterior 1500 mm
    Roda xemelga Non admisible

    *Todas estas medidas aparecen reflexadas na Tarxeta de Inspección Técnica do seu vehículo.

    Política de Cookies

    I. A páxina web https://www.sycitv.com utiliza cookies. As cookies son paquetes de datos que se almacenan no dispositivo dos usuarios que visitan unha web, xerando determinada información que pode ser lida polo servidor que as instalou. As cookies non causan ningún dano nos equipos e, na maior parte dos casos, bórranse automaticamente transcorrido un tempo.

    II. Ao acceder á web, o usuario pode recibir dous tipos de cookies:

    • Cookies de personalización, que permiten mostrar a páxina web cunha configuración determinada.
    • Cookies de análise, mediante as cales podemos obter estatísticas sobre o uso da páxina.

    III. A continuación, preséntase unha descrición detallada das cookies que se instalarán no equipo do usuario en caso de continuar a navegación pola páxina web:

    • Cookies de sesión PHP caducan coa sesión.
    • Cookies de Google Analytics, _gat caducan aos 10 minutos.
    • Cookies de Google Analytics, _ga caducan aos 2 anos.
    • Cookies de personalización de Idioma _icl_current_language, caducan nun día.

    IV. O usuario ten en todo caso a posibilidade de aceptar ou rexeitar as cookies modificando a configuración do seu navegador. Nas seguintes ligazóns, facilítase a información necesaria para iso:

    • Firefox
    • Google Chrome
    • Internet Explorer
    • Safari
    Inspectores/as en diferentes centros da nosa rede de estacións SYC itv.

    Supervisión y Control é a entidade concesionaria da Xunta de Galicia encargada da Inspección Técnica de Vehículos na Comunidade Autónoma. Integrados no grupo empresarial Fomento de Iniciativas, traballamos pola seguridade e a protección do medioambiente.

    Estamos presentes en todas as provincias de Galicia, dando servizo nun total de 23 estaciones ITV fixas e 10 móbiles repartidas por todo o territorio xeográfico.

    Actualmente, necesitamos incorporar inspectores/as en diferentes centros da nosa rede de estacións SYC itv.

    Descripción da oferta.

    Nº vacantes: 5 – 25

    Localidade: varias de todas as provincias.

    Funcións:

    • Execución das Inspeccións Técnicas de Vehículos de acordo ao establecido nos manuais de calidade.
    • Atención ao cliente.                         

    Requisitos mínimos:

    •  Título de Formación Profesional rama Automoción (FP/ Ciclo).
    • Experiencia profisional como mecánico/a en empresa do sector.

    Ofrecemos:

    • Contrato temporal.
    • Salario competitivo.

    Se queres formar parte do proceso de selección, ¡envíanos o teu currículo!