“A ITV é o noso aliado na seguridade vial e a mellor garantía de supervisión”
O diario La Voz de Galicia entrevistou á voceira de SyC ITV – Applus, Carmen Fernández, para profundar mas principais razóns de rexeitamento dos vehículos nas estacións de inspección técnica de vehículos. O primeiro son os elementos relacionados con alumeado e sinalización. Así o asegura Carmen Fernández, que sitúa como segundo motivo o estado dos pneumáticos, e en terceiro os freos. Pero ante o cambio de normativa en 2016 relativo a emisións contaminantes, estas pasan ser o terceiro motivo de rexeitamento no ano 2017.
Carmen Fernández reflexiona tamén sobre a necesidade de promover unha cultura da ITV, de forma que a sociedade entenda que é unha pata máis dos sistemas de control. A voceira explica que “é necesario que un organismo externo realice a supervisión” para garantir a máxima eficacia, independencia e ecuanimidade.
Nesta ligazón poderás coñecer todos os detalles sobre os motivos de rexeitamento na entrevista realizada a Carmen Fernández.
La Voz de Galicia. Cambios ITV e entrevista a Carmen Fernández