Inauguración da nova ITV de Nigrán
Supervisión y Control inaugurou hoxe unha nova estación de ITV, situada en Nigrán (Pontevedra). O acto estivo presidido polo alcalde de Nigrán, Juan González; o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, así como a delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, e o presidente do Grupo Fomento de Iniciativas, Amador de Castro.
A nova estación conta con tres liñas de traballo, unha para turismos e dúas universais. Deste xeito dará servizo aos municipios de Nigrán, Baiona e Gondomar, desconxestionando deste xeito as estacións de Vigo e Porriño. De feito, estímase que a actividade acadará 22.000 controis anuais, ata aumentar a 55.000 controis de cara ao ano 2020.
O horario de atención é de luns a venres de 8.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.30 horas. Sábados, de 8.00 a 14.30 horas.



