En SYC ITV premiamos as boas ideas.
En Supervisión y Control demos a benvida a cinco novos traballadores na sede da Inspección Técnica de Vehículos (ITV) de O Espírito Santo. Durante os vindeiros 12 meses, estes seleccionados beneficiaranse dunha bolsa remunerada facendo prácticas en distintas estacións da ITV en Galicia. Os cinco son futuros mecánicos que se presentaron o curso pasado ao concurso Reinventa a ITV, inventa ou teu futuro e cuxos proxectos foron seleccionados por un xurado presidido polo campión de ralis Luis Moya.
Os nosos gañadores foron un equipo de catro alumnos do instituto Someso da Coruña: Yago Amigo, Víctor Parada, Álvaro de Andrés e Juan Manuel Pose. Por circunstancias persoais, tan só os dous últimos puideron aceptar a bolsa. Estes dous explicaban a súa proposta innovadora.
“O noso proxecto consistiu en elaborar un plan de diagnose para intentar descubrir os
fallos dos vehículos que non se ven a simple vista ou as posibles fraudes á ITV“.
A través do porto OBD (central informática que teñen os coches) pódense ler os erros en cuestións como a seguridade (airbag, ABS…). Este sistema xa se utiliza en moitos talleres mecánicos e proponse adaptar para a inspección técnica.
Tamén comezaron as súas prácticas Rubén Pacheco e David González, do instituto Ferrolterra. Eles formularon algunhas melloras para a nosa ITV, como instalar letreiros luminosos que ordenen e axilicen o acceso ás liñas de supervisión, a colocación dunha especie de caixeiro no que se poida solicitar a cita previa en calquera momento ou unha liña de inspección máis compacta («sete veces máis pequena que as actuais», explican) na que se reduce o desprazamento do vehículo e, ao mesmo tempo, se incrementa a seguridade.
Tamén Jonathan Otero, estudante de Vigo, se beneficiará da bolsa de prácticas por un proxecto no que formulaba a implantación dunha tarxeta dixital que substitúa á documentación en papel e que conteña, coma se fose un DNI electrónico, todos os datos do vehículo. Ademais, o seu equipo propuxo crear unha aplicación para móbil para solicitar as citas ou un mini-taller anexo ás estacións para reparar ao momento os pequenos fallos detectados nos coches.
Temos que dicir que os nosos técnicos xa están a traballar para a implantación destas ideas.



