O 092 multou 2.119 condutores en 2013 por non ter a ITV.
Como repetimos dende Supervisión e Control, a seguridade vial empeza por contar cun vehículo en boas condicións. Non obstante, somos conscientes de que polos apuros que provoca a crise económica, cada vez máis coruñeses tratan de eludir os gastos de mantemento que supón ter o vehículo en regra.
De feito, en 2013 a Policía Local impuxo 2.119 denuncias por circular sen ITV, con deficiencias técnicas ou sen seguro obrigatorio, no termo municipal: un 15,5% máis que no ano anterior.
Nun evento celebrado no Club Financeiro Atlántico, a nosa voceira, Carmen Fernández, e o noso director xeral, Juan Diego Rodríguez, presentaron estes datos. Tamén hai que sinalar o progresivo envellecemento do parque móbil, que se percibe polo aumento no número de inspeccións periódicas. SYC · ITV sinala que a idade media dos vehículos en 2009 era de 9 anos e que actualmente xa rolda os 12.
A pesar de todo, Rodríguez puntualizou que a campaña de avisos da DGT está a axudar a concienciar os condutores da importancia de levar a cabo as revisións cando é debido. Ademais, a propia concesionaria mantén un sistema de avisos aos propietarios.
Segundo un estudo realizado pola universidade Carlos III de Madrid, as revisións de ITV levadas a cabo durante o ano pasado terían evitado 1.100 accidentes, 17 falecidos e 1.100 feridos.



