O móbil ao volante, tan perigoso como o alcol.
O móbil pon en risco vidas. Así de contundente maniféstase o sector español dedicado á seguridade viaria, segundo recolle o diario El País.
Un destes colectivos é o Real Automóvil Club de Cataluña (RACC), que recentemente publicou un estudo que asegura que o 26% dos condutores admite utilizar o teléfono de forma habitual. Un costume que pode custar moi caro, tal como se asegura desde a DGT, que indica que responder unha chamada mentres se conduce é equivalente a consumir o dobre de alcol do permitido. Tal é a perda de reacción que provoca o uso do móbil que xa lidera a lista de distraccións ao volante, que son a principal causa de accidentes.
Máis información en El País


