O permiso de circulación incorpora os quilómetros e a vixencia da ITV dende xaneiro.
Dende 2013, as nosas estacións están a anotar a quilometraxe dos vehículos.
Dende o 15 de xaneiro de 2015, o permiso de circulación incorpora a quilometraxe do vehículo e a vixencia da Inspección Técnica de Vehículos (ITV).
O obxectivo deste cambio pasa por aumentar a transparencia na compravenda de vehículos usados, así como potenciar a obriga de superar as inspeccións periódicas. Estas modificacións veñen xa avaladas polas directivas aprobadas pola Unión Europea, segundo a DGT. O feito de que incluír a vixencia da ITV terá unha grande utilidade nos permisos de circulación expedidos por unha primeira matriculación. A situación anterior provocou, por exemplo, incidencias no caso dos vehículos destinados a aluguer sen condutor, debido ao descoñecemento por parte dos cidadáns da data en que debían superar a primeira inspección ITV obrigatoria.
A inclusión da data de caducidade da ITV no permiso de circulación non implicará que, unha vez superada esta, o interesado deba solicitar un duplicado do permiso de circulación, pois a vixencia se consigna na Tarxeta de Inspección Técnica, que debe acompañar ao permiso de circulación.
Dende 2013, as nosas estacións veñen anotando a quilometraxe dos vehículos. Coa incorporación desta información ao permiso de circulación preténdese achegar unha maior transparencia aos cidadáns que estean interesados na adquisición de vehículos de segunda man.



