“Son capaces”, o proxecto de integración de SyC itv é galardoado na V Edición dos Premios Cegos con Equipos&Talento
Dende Supervisión y Control levamos anos desenvolvendo un proxecto de integración de discapacitados intelectuais no noso equipo, cunha metodoloxía e resultados que reflectimos nunha web propia, onde se pode ver a evolución dos nosos compañeiros e compañeiras. Este proxecto saíu adiante grazas a un traballo en materia de responsabilidade social e mediante a tecnoloxía de ‘emprego con apoio’.
Como mostra de recoñecemento ás boas prácticas, en xuño do 2014 fomos galardoados na V Edición dos Premios Cegos con Equipos&Talento, categoría Selección e Integración. Con este premio, de nivel nacional, recoñecen ao Proxecto SonCapaces pola súa constante evolución na integración socio-laboral de persoas con minusvalidez intelectual, a metodoloxía empregada para logralo e o valor que bota a nivel organizacional e humano.
Hai xa algúns anos que no grupo de empresas Fomento de Iniciativas tomamos a decisión de asumir o reto de abrir as nosas ofertas laborais a persoas con minusvalidez intelectual.
Pasado este tempo, coas persoas plenamente integradas e demostrando as súas aptitudes, compromiso e capacidades, estamos tan orgullosos da experiencia e da corresponsabilidade social e empresarial que nos está a achegar, que queremos animar e apoiar a outras empresas ou organismos a que se involucren, coa seguridade de que os beneficios obtidos superarán amplamente o esforzo.
Máis información en www.soncapaces.com



