Non pasar a Inspección Técnica de Vehículos débese en gran parte dos casos a unha mala regulación dos faros ou ben polo mal funcionamento destes ou do sistema de sinalización. Así o recorda Juan Sologuren, responsable de Philips, na publicación dixital LAF1.es Read more
A directora xeral de Tráfico, María Seguí, incidiu no risco que supón a utilización de vehículos antigos (a media en accidentes con falecidos está en 14 anos) e recordou que as vías de alta capacidade, como autopistas e autovías, están “infrautilizadas”. Existe tamén unha importante “porcentaxe” de turismos “que circulan sen a súa ITV ou os seus seguros en orde”. Por estes motivos, Seguín insta a valorar as circunstancias de cada coche e si é “o mellor medio” para facer unha viaxe.
O estudo anual de Facua revela diferenzas nos prezos das revisións de ata un 79% en función de en que comunidade se realicen as inspeccións. As ITV máis caras son as de Madrid, a única comunidade que non regula tarifas máximas
O director xeral de Supervisión y Control, Juan Diego Rodríguez; o subdirector xeral de Administración Industrial da Xunta de Galicia, Ricardo Baños, e a portavoz de Supervisión y Control, Carmen Fernández, presentaron hoxe a Memoria de 2015, na que destaca o incremento de inspeccións.
O director xeral de Supervisión y Control e o subdirector xeral de Administración Industrial salientaron as vantaxes do modelo galego, que permite un alto nivel de calidade cun prezo contido (o quinto máis barato de España) e cunha ampla rede de estacións nunha comunidade cun alto nivel de dispersión poboacions.
Respecto dos datos de inspeccións, a cifra ascendeu a 1.4 millóns, e un de cada catro vehículos non superaron a inspección á primeira, con defectos graves detectados fundamentalmente en alumeado e sinalización, pneumáticos e freos. Read more
O diario La Voz de Galicia faise eco do bo estado do parque de vehículos dos municipios que abarca a estación de Inspección Técnica de Vehículos (ITV) de Ferrol, ubicada no polígono da Gándara, en Narón, segundo se desprende dos datos de rexeitamento que se producen habitualmente. Nno obstante, desde hai uns anos advírtese unha lixeira subida na cifra de vehículos que deben deben cumplimentar este trámite, debido entre outras cuestións en que cada vez se retrasa máis a compra dun vehículo novo.
As compoñentes electrónicas dos coches serán obxecto de supervisión nas inspeccións técnicas de vehículos a partir de 2018, en aplicación da directriz europea 45/2014. Así o recolle o diario La Voz de Galicia, que describe as reunións mas que nestes días participa o director xeral de Supervisión y Control e vicepresidente da Asociación Española de Empresas de Control de Automóviles, Juan Diego Rodríguez.
Recollemos a entrevista que publica El Progreso ao noso compañeiro da estación de ITV de Cangas de Foz (Lugo), César Piñeiroa, empregado na empresa dentro do programa “Son Capaces”. Todo un exemplo de tesón, responsabilidade e integración.
Supervisión y Control inaugurou hoxe unha nova estación de ITV, situada en Nigrán (Pontevedra). O acto estivo presidido polo alcalde de Nigrán, Juan González; o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, así como a delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, e o presidente do Grupo Fomento de Iniciativas, Amador de Castro.
A nova estación conta con tres liñas de traballo, unha para turismos e dúas universais. Deste xeito dará servizo aos municipios de Nigrán, Baiona e Gondomar, desconxestionando deste xeito as estacións de Vigo e Porriño. De feito, estímase que a actividade acadará 22.000 controis anuais, ata aumentar a 55.000 controis de cara ao ano 2020.
O horario de atención é de luns a venres de 8.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.30 horas. Sábados, de 8.00 a 14.30 horas.
Supervisión y Control aumenta desde hoxe o horario da Inspección Técnica de Vehículos de Vilalba, para dar resposta á demanda dos usuarios. O horario amplíase de 8.30 a 14.00 horas pola mañá e de 16.00 a 19.30 horas pola tarde. Ademais, ao servizo incorpórase a xornada do sábado, de 8.00 a 14.30 horas. Esta medida supón ampliar de 5 a 6 traballadores o persoal da estación.
Ante a crecente demanda de servizo, a estación de ITV de Vilalba ampliará o seu horario de apertura a partir do día 18 de abril. O novo horario será de luns a venres, de 8.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.30 horas. Os sábados abrirase de 8.00 a 14.30 horas. Read more
Revisa as luces: o 20% dos vehículos rexeitados teñen que volver por unha simple lámpada que non funciona… Unha pequena revisión, con axuda de outra persoa, permitiranos verificar que funcionan correctamente todos os dispositivos e reparar aqueles que non funcionen correctamente antes de acudir a inspección.
Checa os pilotos do cadro: ningún debe de permanecer aceso en cor laranxa ou vermello, dado que iso advirte dun mal funcionamento dalgún sistema.
Comproba os pneumáticos: Asegurarnos de que teñen a presión adecuada, que teñen debuxo suficiente en toda a banda de rodaxe e que non presenten gretas, roturas ou deformacións nos laterais ou flancos evitaría o 22% dos rexeitamentos en inspección.
Verifica os niveis: aceite, refrixerante, auga do limpa… Sen un nivel de aceite suficiente non poderemos realizar a proba de emisións.
Medidas máximas admisibles Móbil 6
Distancia entre primeiro e segundo eixo
3200 mm
Anchura total
2000 mm
*Todas estas medidas aparecen reflexadas na Tarxeta de Inspección Técnica do seu vehículo.
Medidas máximas admisibles Móbil 2
Distancia entre primeiro e segundo eixo
3200 mm
Anchura total
1900 mm
Voladizo posterior
1400 mm
Roda xemelga
Non admisible
* Todas estas medidas aparecen reflexadas na Tarxeta de Inspección Técnica do seu Vehículo.
Medidas máximas admisibles Móbil 1
Distancia entre primeiro e segundo eixo
3600 mm
Anchura total
2000 mm
Voladizo posterior
1500 mm
Roda xemelga
Non admisible
*Todas estas medidas aparecen reflexadas na Tarxeta de Inspección Técnica do seu vehículo.
Inspectores/as en diferentes centros da nosa rede de estacións SYC itv.
Supervisión y Control é a entidade concesionaria da Xunta de Galicia encargada da Inspección Técnica de Vehículos na Comunidade Autónoma. Integrados no grupo empresarial Fomento de Iniciativas, traballamos pola seguridade e a protección do medioambiente.
Estamos presentes en todas as provincias de Galicia, dando servizo nun total de 23 estaciones ITV fixas e 10 móbiles repartidas por todo o territorio xeográfico.
Actualmente, necesitamos incorporar inspectores/as en diferentes centros da nosa rede de estacións SYC itv.
Descripción da oferta.
Nº vacantes: 5 – 25
Localidade: varias de todas as provincias.
Funcións:
Execución das Inspeccións Técnicas de Vehículos de acordo ao establecido nos manuais de calidade.
Atención ao cliente.
Requisitos mínimos:
Título de Formación Profesional rama Automoción (FP/ Ciclo).
Experiencia profisional como mecánico/a en empresa do sector.
I. A páxina web https://www.sycitv.com utiliza cookies. As cookies son paquetes de datos que se almacenan no dispositivo dos usuarios que visitan unha web, xerando determinada información que pode ser lida polo servidor que as instalou. As cookies non causan ningún dano nos equipos e, na maior parte dos casos, bórranse automaticamente transcorrido un tempo.
II. Ao acceder á web, o usuario pode recibir dous tipos de cookies:
Cookies de personalización, que permiten mostrar a páxina web cunha configuración determinada.
Cookies de análise, mediante as cales podemos obter estatísticas sobre o uso da páxina.
III. A continuación, preséntase unha descrición detallada das cookies que se instalarán no equipo do usuario en caso de continuar a navegación pola páxina web:
Cookies de sesión PHP caducan coa sesión.
Cookies de Google Analytics, _gat caducan aos 10 minutos.
Cookies de Google Analytics, _ga caducan aos 2 anos.
Cookies de personalización de Idioma _icl_current_language, caducan nun día.
IV. O usuario ten en todo caso a posibilidade de aceptar ou rexeitar as cookies modificando a configuración do seu navegador. Nas seguintes ligazóns, facilítase a información necesaria para iso:
Xestión do servizo de cita previa para a inspección técnica de vehículos, así como para a xestión de pago do servizo online, e se sé o caso, para o envío de avisos de confirmación / recordatorios de cita previa por correo electrónico e/ou mensaxes SMS, MMS ou servizos de mensaxería instantánea (p.ex. WhatsApp) ou outros medios electrónicos equivalentes, avisos de confirmación de acceso directo á liña de inspección, información e indicacións para o seu acceso, así como, se é o caso, remisión de factura en formato electrónico baixo correo electrónico.
Xestión da prestación a clientes do servizo de inspección técnica.
Xestión, atención e seguimento adecuado de suxestións, consultas e/ou reclamacións sobre os servizos de inspección técnica de vehículos.
Xestión do grado de satisfacción do servizo ofrecido baixo a realización de enquisas a través do correo electrónico.
Xestión de avisos recordatorios de vindeira inspección e de vencemento de inspección, baixo a realización de chamadas telefónicas ou envío de mensaxes por correo electrónico SMS, MMS ou servicios de mensaxería instantánea (p.ex. WhatsApp) ou outros medios electrónicos equivalentes.
Participación en sorteos e promocións aos que vostede se inscriba.
Detalles Identificativos: nome e apelidos, sinatura e, no caso de solicitar factura, NIF.
Datos de Contacto: correo electrónico, teléfono de contacto, dirección postal.
Datos para o pagamento do servizo: tarxeta de débito ou crédito, conta bancaria (en caso de facturación diferida).
Outros: matrícula do vehículo, número de bastidor.
En caso de clientes persoas xurídicas: nomes e apelidos, teléfono e datos de contacto do traballador, representante ou persoa de contacto na sociedade.
Os seus datos persoais poden ser transferidos, almacenados e procesados en países que non proporcionan un nivel adecuado de protección de datos de carácter persoal baixo o dereito da Unión Europea. Implementamos garantías axeitadas (en particular, compromisos contractuais) para garantir que os seus datos estean suficientemente protexidos.
Entre outros, os dereitos de acceso, rectificación e cancelación de datos persoais e o dereito de oposición ao tratamento de datos persoais e de revogar o seu consentimento. En particular, ten o dereito de opoñerse ao tratamento dos seus datos persoais en calquera momento, cando se basee no interese lexítimo de SYC.
O exercicio destes dereitos pódese facer efectivo escribindo un correo electrónico, incluíndo unha copia do seu DNI ou documento de identidade a privacidad@sycitv.com
Recomendámoslle que lea esta información detidamente.
Vostede ten o dereito para opoñerse ao tratamento dos seus datos persoais, en calquera momento, cando o mesmo se basee no interese lexítimo, incluíndo para fins como o envío de avisos recordatorios de próxima inspección e de vencemento de inspección enviando un correo electrónico a privacidad@sycitv.com, incluíndo a referéncia “Protección de Datos” e acompañando unha fotocopia do seu D.N.I. ou documento de identificación equivalente.
Desexa rexistrarse?
Se desexa rexistrarse pode solicitalo na Estación ITV máis próxima ou a través do noso Centro de Atención ao Cliente chamando ao 981 903 000