• AXUDA
    • CONTACTO
    • INICIAR SESIÓN
    • Galego Galego Galego gl
    • Español Español Español es
    • English English Inglés en
    SYC Applus+ itv
    • CITA PREVIA
      • CITA ITV PERIÓDICA
      • CITA ITV DESFAVORABLE
      • CITA REFORMAS
      • CITA REFORMAS DESFAVORABLE
      • USUARIOS REXISTRADOS
      • CONSULTAR CITA
    • ESTACIÓNS
      • Galicia
        • ESTACIÓNS FIXAS
        • ESTACIÓNS MÓVILES
      • A Coruña
        • A CORUÑA-SABÓN
        • FERROL
        • O ALLO
        • O ESPÍRITO SANTO
        • RIBEIRA
        • SANTIAGO–A SIONLLA
        • SANTIAGO-CACHEIRAS
        • SANTIAGO-TAMBRE
      • Lugo
        • FOZ
        • LUGO
        • MONFORTE DE LEMOS
        • VILALBA
        • VIVEIRO
      • Ourense
        • O BARCO
        • O CARBALLIÑO
        • OURENSE
        • VERÍN
        • XINZO
      • Pontevedra
        • BUEU
        • LALÍN
        • NIGRÁN
        • O PORRIÑO
        • PONTEVEDRA-BORA
        • PONTEVEDRA-CURRO
        • VIGO-PEINADOR
        • VILAGARCÍA
    • PASAR A ITV
      • QUE É A ITV?
      • PREGUNTAS FRECUENTES
      • CANDO PASAR A ITV?
      • RECOMENDACIÓNS
      • DOCUMENTACIÓN
      • TARIFAS
      • REFORMAS
      • PNEUMÁTICOS
    • TÚNEL DE FRÍO
      • LABORATORIO DE FRÍO
      • TARIFAS
    • QUEN SOMOS
    • ÚNETE
      • PERSOAS
      • NEXO
      • QUÉ CHE OFRECEMOS
    • Search
    • Menu Menu

    Tag Archive for: compromiso social

    Applus+ Galicia prepara a persoas con discapacidade intelectual para acceder a un emprego

    Xullo de 2019

    A Federación Galega de Asociacións en favor dás Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento, denominada Fademga Plena inclusión Galicia, e a empresa Applus+ Norcontrol, unha das sedes galegas da multinacional Applus+, iniciaron este ano unha colaboración que xa permitiu a catro persoas con discapacidade intelectual ter a oportunidade de prepararse para o mundo laboral nas instalacións desta empresa.

    Durante un mes, e mediante a metodoloxía de emprego con apoio, este grupo puido desempeñar distintas tarefas de ordenanza, e coñecer en primeira persoa a contorna laboral da empresa ordinaria, máximo expoñente da inclusión laboral.

    Tal e como asegura o presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia, Eladio Fernández, “o mercado laboral non terminou de descubrir o talento que poden achegar as persoas con discapacidade intelectual. Aínda queda moito por facer e en moitos casos, a pesar da valía destas persoas, as empresas non acaban de darlles a oportunidade de demostrar as súas capacidades”. Desde hai anos, Applus+ desenvolve en Galicia numerosas iniciativas enmarcadas na filosofía de devolver á sociedade parte do que nos dá. Neste ámbito, a principal aposta é o proxecto “Sen Límites”, que promove a incorporación de persoas con diversidade funcional na empresa ordinaria. Na actualidade, Applus+, pioneira na comunidade nunha experiencia deste tipo, conta no seu persoal do territorio galego con 29 empregados con discapacidade intelectual.

    O emprego con apoio

    FADEMGA Plena inclusión Galicia é pioneira no desenvolvemento da metodoloxía de emprego con apoio, a través da que un preparador laboral acompaña e axuda á persoa con discapacidade intelectual a desenvolver as súas tarefas no novo posto.

    O preparador laboral apoia non só ao traballador, senón á empresa que o integra. Un apoio que vai desaparecendo na medida que a persoa coñece ben as tarefas para desenvolver e segundo van aparecendo os apoios naturais que son aqueles que proporcionan os propios compañeiros de traballo.

    Prexuízos, estereotipos, a falta de experiencias previas… grazas ao emprego con apoio, en FADEMGA Plena inclusión Galicia axudamos á empresa para vencer estes escollos, mostrándolles as vantaxes que ten a incorporación de persoas con discapacidade intelectual na empresa ordinaria á vez que contribuímos á inclusión laboral do colectivo.

    Raquel Grandal: “Os empregados felices fan empresas exitosas”

    Maio de 2019

    A conciliación converteuse nun dos principais cabalos de batalla no mercado laboral. As empresas que xa probaron este tipo de políticas certifican a súa eficacia con datos. SyC Applus+ é unha delas. Consciente da importancia destas medidas, a empresa deu un paso adiante e acaba de estrear o seu Consello de Conciliación, un organismo pioneiro en Galicia co que se pretende seguir camiñando pola senda da igualdade. «Ter implantadas estratexias de conciliación familiar dentro da organización tradúcese en empregados máis felices e iso, ao final, reverte no ben da empresa», sentenza Raquel Grandal, nomeada responsable deste órgano.

    -Cal son as liñas mestras do Consello de Conciliación creado por SyC Applus+?

    -O obxectivo que persegue é a incorporación, dentro da cultura da compañía, das estratexias de conciliación familiar, laboral e persoal. Buscamos que as persoas que forman a empresa teñan unha mellor calidade de vida. É un punto clave para conseguir aproveitar o potencial do persoal. Porque os empregados felices fan empresas exitosas.

    Entrevista completa en La Voz de Galicia

    Applus+, distinguida coma unha das mellores empresas para traballar en España

    Febreiro de 2019

    A multinacional Applus+ recibirá mañá martes, 12 de febreiro, o premio Top Employers España 2019 como recoñecemento á excelencia nas condicións laborais que ofrece aos seus empregados. A entrega oficial terá lugar durante a Cea Anual de Certificación que se celebrará no Palacio Municipal de Congresos de Madrid. Un recoñecemento baseado na xestión de recursos humanos, que recoñeceu ás empresas máis punteiras do mundo en canto a estándar de benestar laboral para os seus traballadores.

    O Top Employer Intitute é unha entidade internacional que cada ano elabora unha lista das mellores prácticas laborais. En España foron seleccionadas este ano un total de 94 empresas, entre as que se atopa a multinacional Applus+. Con 20.700 profesionais na actualidade, consolídase como un dos mellores lugares para traballar, non só polas condicións laborais, senón tamén polas oportunidades de crecemento profesional para os seus empregados, así como políticas de igualdade de xénero.

    A multinacional Applus conta con 20.700 profesionais, está presente en 70 países e posúe 350 oficinas e laboratorios. Cunha forte implantación en Galicia, onde conta cunha das súas sedes principais. Abarca desde inspección industrial, coa sede de Applus+ Norcontrol na Coruña, laboratorios en Sada e oficinas en Ourense e Pontevedra, así como en enxeñería do automóbil, co Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, e a inspección técnica de vehículos, con SyC – ITV.

    No ano 2019 Top Employers seleccionou a 94 compañías como as mellores empleadoras de España. A obtención deste selo de certificación supón entrar a formar parte dunha comunidade global de organizacións con visión de futuro, que impulsa seguir traballando polas mellores prácticas para as persoas da compañía. A filosofía destas compañías e, en especial, a de Applus+ é facer crecer e desenvolver o talento en todos os niveis da organización, optimizando continuamente o desenvolvemento profesional e persoal dos seus empregados.

    Para conseguir esta certificación como Top Employers, a compañía superou un rigoroso proceso analítico no que se avalían e auditan 600 boas prácticas de Recursos Humanos en dez áreas: estratexia de talento, planificación do persoal. adquisición de talent, on- boarding, aprendizaxe e desenvolvemento; xestión do desempeño, desenvolvemento do liderado, estión de carreira e sucesión, compensación e beneficios, e “cultura”.

    Entre estas novas tendencias destacan a consolidación da xestión do cambio como unha das principais prioridades. O aumento de iniciativas para o benestar dos empregados e o peso das redes sociais, o mobile learning e a gamificación na formación. Tamén destaca o papel que desempeñan os seus empregados nas súas propias carreiras e plans de desenvolvemento persoal. As compañías Top Employers avalían cada vez máis as experiencias e necesidades dos seus distintos grupos de profesionais á hora de deseñar a súa proposta de valor ao empregado. Ademais, sublíñase o uso da comunicación multidireccional e o feedback dos empregados. Desta maneira, a estratexia do departamento de Recursos Humanos alíñase coa de negocio e avalíase como a xestión do talento impacta nos resultados empresariais.

    Lorena Rey: “Neste traballo gústame todo”

    Decembro de 2018

    Lorena Rey move a máquina limpadora pola nave da ITV de Vilalba mentres entran e saen coches cuxo estado supervisan algúns dos restantes empregados. Nada hai de estraño no seu traballo, no que di estar integrada e do que só se lle escoitan comentarios favorables. Leva nesta tarefa desde a primavera, cando foi seleccionada das tres que chegaron para unha fase de prácticas de formación.

    O seu caso ten algo de peculiar, xa que polas mañás acode ao centro ocupacional, ao que asisten outras persoas de Vilalba, como ela, e de municipios próximos que teñen diversidade funcional. Na súa vida diaria hai dúas partes: nos talleres do citado centro pasa catro horas, de dez da mañá a dúas da tarde; e na sede da ITV, tras unha pausa dunha hora para comer, está de tres a sete da tarde.

    Nas instalacións da inspección técnica, situadas no polígono de Sete Pontes, a uns centos de metros do centro ocupacional do que é usuaria, limpa, varre, baleira papeleiras ou retira os carteis que se colocan nos coches coa hora asignada para pasar a revisión. ¿Está contenta con esta experiencia? Parece que non hai dúbida: «Estou, si», afirma. «Gústame todo», di.

    Noticia completa en La Voz de Galicia

    Alberto Zalvide: «A nova proba é o primeiro paso cara a una inspección máis adaptada á tecnoloxía actual»

    Septiembre de 2018

    A entrada en vigor do novo sistema de control de gases a través da centralita electrónica do vehículo supón unha proba máis na revisión dun vehículo nunha estación ITV. Explícao Alberto Zalvide, director xerente de SyC Applus, a empresa que xestiona 26 estacións fixas e 10 unidades móbiles de ITV en Galicia: «O condutor verá unha nova proba, na que lle abrimos o compartimento no que está a conexión da OBD e lle enchufamos a maquina».

    A proba faise «antes da tradicional na que se comproba a emisión de gases conectada ao tubo de escape. Se nesa proba se detecta algún defecto nos sistemas a inspección considérase desfavorable e xa non se fai a proba de gases, porque os resultados estarían alterados. Entre eses defectos poden aparecer manipulacións ou fallos nos sistemas de xestión que só se poden detectar a través da centralita do vehículo».

     

    Entrevista completa en La Voz de Galicia

    A ITV evita ao ano case 18.000 accidentes e 133 mortes

    Xullo de 2018

    A Inspección Técnica de Vehículos (ITV) supón ao ano un beneficio social de preto de 815 millóns de euros, segundo o estudo ‘Contribución da Inspección Técnica de Vehículos á Seguridade Vial e á Protección da Saúde dos Cidadáns e do Medioambiente’ elaborado polo Instituto de Seguridade dos Vehículos Automóbiles (ISVA) da Universidade Carlos III de Madrid. Neste sentido, ISVA destacou que a ITV evita ao ano “polo menos” 17.700 accidentes, preto de 12.000 feridos e 133 mortes, o que se traduce nun beneficio económico de polo menos 330 millóns de euros.

    Ademais, a contribución económica polas mortes prematuras evitadas por contaminación atmosférica debido á inmobilización dos vehículos que non cumpren coa normativa de emisións de gases ascende ata 485 millóns de euros, xa que se salvan preto de 406 vidas.

    Ler máis en Europa Press 

    Amalia Campo: “A psicoloxía está en todos os ámbitos da vida”

    Marzo de 2018

    Entrevista en El Correo Gallego a Amalia Campo Fernández, coordinadora de Son Capaces, o proxecto de integración de Syc-Applus. 

    Ler máis

    Os talleres galegos poderán aportar un certificado para as ITV despois de reparar un vehículo rexeitado

    Marzo de 2017

    A Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia publicou unha instrución pola cal os titulares dos vehículos que sexan declarados desfavorables nunha estación ITV por defectos graves ou moi graves poderán presentar un certificado de reparación emitido por un taller legalmente inscrito no Rexistro de Industria cando acudan á nova inspección. Ler máis

    O 4% dos empregados que xestionan as ITV son persoas con discapacidade intelectual

    Novembro de 2016

    Cando hai tres lustros a inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual non era máis que unha aspiración, SyC, a empresa que xestiona en Galicia as estacións de Inspección Técnica de Vehículos (ITV), apostou por convertela en realidade. Un somero repaso ao persoal deixa patente o compromiso social da compañía, xa que 22 dos 450 traballadores que a integran son discapacitados, o que representa máis dun 4 %. Ler máis

    Entrevista a César, ordenanza na ITV de Foz

    Novembro de 2016

    El Progreso de Lugo entrevistou ao noso compañeiro César, que é ordenanza na Estación de ITV de Foz, dentro do Programa Son Capaces para a integración sociolaboral de persoas con diversidade funcional que desenvolve Supervisión y Control.
    Ler máis

    • Carmen Fernández: “O parque móbil de Galicia é o terceiro máis avellentado de España”Outubro de 2019 - 11:43
    • Applus ITVApplus+ logra a adxudicación das ITV en Irlanda por outros dez anosAgosto de 2019 - 15:24
    • David Cañás: “No meu traballo son coma un doutor dos sistemas eléctricos”Xullo de 2019 - 10:02
    • Syc-Applus+ e Castrosua firman un acordo para a revisión dos sistemas de climatización dos seus autobusesXullo de 2019 - 11:50
    • Applus+ Galicia prepara a persoas con discapacidade intelectual para acceder a un empregoXullo de 2019 - 02:40
    • Applus+ Galicia, mejor empresa de la eurorregión España-Portugal en políticas de igualdadXuño de 2019 - 11:36
    • Raquel Grandal: “Os empregados felices fan empresas exitosas”Maio de 2019 - 11:31
    • Applus+ Galicia impulsa unha iniciativa pioneira cos seus Consellos de Conciliación e IgualdadeMaio de 2019 - 12:35
    • Premio José Luis Alvite para Carlos Luis Rodríguez, director de comunicación de Syc ApplusMaio de 2019 - 02:12
    • La Voz de GaliciaA maioría das inspeccións a coches detectan o mal estado das rodasAbril de 2019 - 11:24
    • Un de cada tres coches non pasa a ITV á primeira en VigoMarzo de 2019 - 11:18
    • Applus+ apuntala o seu posicionamento no sector aeronáutico coa adquisición de A2M IndustrieMarzo de 2019 - 10:50
    • Sonsoles Carbia: “En España xa é normal ver unha muller nuna obra”Marzo de 2019 - 01:35
    • Inauguarción SYC itv A SionllaApplus+ reforza a súa presenza en Latinoamérica co seu modelo de ITVMarzo de 2019 - 11:17
    • Applus+ acada un crecemento do 5,9% e xa supera os 22.800 empregos en todo o mundoFebreiro de 2019 - 16:33
    • Applus+, distinguida coma unha das mellores empresas para traballar en EspañaFebreiro de 2019 - 16:32
    • Lorena Rey: “Neste traballo gústame todo”Decembro de 2018 - 11:56
    • O transporte de perecedoiros xa se homologa en GaliciaNovembro de 2018 - 12:08
    • Alberto Zalvide: «A nova proba é o primeiro paso cara a una inspección máis adaptada á tecnoloxía actual»Septiembre de 2018 - 17:23
    • A ITV evita ao ano case 18.000 accidentes e 133 mortesXullo de 2018 - 13:06
    AVISO LEGAL | POLÍTICA DE PRIVACIDADE | POLÍTICA DE COOKIES
    CONFIGURACIÓN DE COOKIES
    • CITA PREVIA
    • ESTACIÓNS
    • PASAR A ITV
    • TÚNEL DE FRÍO
    • QUEN SOMOS
    • ÚNETE
    Scroll to top

    SYC Applus+ utiliza cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas (por exemplo, páxinas visitadas), para cargar contido multimedia ou para protexer a túa seguridade. Clica AQUÍ para máis información. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón 'ACEPTAR' ou configurarlas ou rexeitar o seu uso clicando o botón 'AXUSTES'.

    ACEPTARAXUSTES

    Panel de configuración de cookies



    Cookies técnicas

    As cookies técnicas permiten o funcionamento da web e protexer a súa seguridade.

    Consulta as cookies que almacenamos na nosa Política de cookies.

    Estas cookies deben estar sempre activas

    Cookies de análisis

    Permítennos coñecer como interactúas na web, o número de visitas nas diferentes seccións e establecer estatísticas para mellorar as nosas prácticas comerciais.

    Consulta as cookies que almacenamos na nosa Política de cookies.


    Axustes de Google Webfont:

    Vídeos de Vimeo e Youtube:

    Consulta as cookies que almacenamos na nosa Política de cookies.

    GARDAR CONFIGURACIÓNACEPTAR TODAS AS COOKIESREXEITAR TODAS AS COOKIES
    CONSELLOS
    1. Revisa as luces: o 20% dos vehículos rexeitados teñen que volver por unha simple lámpada que non funciona… Unha pequena revisión, con axuda de outra persoa, permitiranos verificar que funcionan correctamente todos os dispositivos e reparar aqueles que non funcionen correctamente antes de acudir a inspección.
    2. Checa os pilotos do cadro: ningún debe de permanecer aceso en cor laranxa ou vermello, dado que iso advirte dun mal funcionamento dalgún sistema.
    3. Comproba os pneumáticos: Asegurarnos de que teñen a presión adecuada, que teñen debuxo suficiente en toda a banda de rodaxe e que non presenten gretas, roturas ou deformacións nos laterais ou flancos evitaría o 22% dos rexeitamentos en inspección.
    4. Verifica os niveis: aceite, refrixerante, auga do limpa… Sen un nivel de aceite suficiente non poderemos realizar a proba de emisións.
    Información básica sobre protección de datos

    Responsable do tratamento

    Razón Social: SUPERVISIÓN Y CONTROL, S.A.U. (“SYC”).

    Domicilio Social: Estación de Inspección Técnica de Vehículos do Espírito Santo, Ctra. N-VI, km. 582, 15168 O Espirito Santo. Sada (A Coruña).

    C.I.F. A.-15.117.609

    Máis información

    Finalidades Principais

    1. Xestión do servizo de cita previa para a inspección técnica de vehículos, así como para a xestión de pago do servizo online, e se sé o caso, para o envío de avisos de confirmación / recordatorios de cita previa por correo electrónico e/ou mensaxes SMS, MMS ou servizos de mensaxería instantánea (p.ex. WhatsApp) ou outros medios electrónicos equivalentes, avisos de confirmación de acceso directo á liña de inspección, información e indicacións para o seu acceso, así como, se é o caso, remisión de factura en formato electrónico baixo correo electrónico.
    2. Xestión da prestación a clientes do servizo de inspección técnica.
    3. Xestión, atención e seguimento adecuado de suxestións, consultas e/ou reclamacións sobre os servizos de inspección técnica de vehículos.
    4. Xestión do grado de satisfacción do servizo ofrecido baixo a realización de enquisas a través do correo electrónico.
    5. Xestión de avisos recordatorios de vindeira inspección e de vencemento de inspección, baixo a realización de chamadas telefónicas ou envío de mensaxes por correo electrónico SMS, MMS ou servicios de mensaxería instantánea (p.ex. WhatsApp) ou outros medios electrónicos equivalentes.
    6. Participación en sorteos e promocións aos que vostede se inscriba.

    Máis información

    Bases lexitimadoras

    1. Execución dun contrato no que o interesado é parte.
    2. Cumprimento de obrigacións legais vixentes ás que SYC se atopa suxeita.
    3. Interés lexítimo.
    4. Consentimento.

    Máis información

    Datos persoais

    • Detalles Identificativos: nome e apelidos, sinatura e, no caso de solicitar factura, NIF.
    • Datos de Contacto: correo electrónico, teléfono de contacto, dirección postal.
    • Datos para o pagamento do servizo: tarxeta de débito ou crédito, conta bancaria (en caso de facturación diferida).
    • Outros: matrícula do vehículo, número de bastidor.

    En caso de clientes persoas xurídicas: nomes e apelidos, teléfono e datos de contacto do traballador, representante ou persoa de contacto na sociedade.

    Máis información

    Destinatarios

    Empresas do grupo Applus e outros prestadores de servizos.

    Forzas e corpos de seguridade, xuíces e tribunais, entidades reguladoras, autoridades gobernamentais ou outros terceiros competentes.

    Máis información

    Transferencias internacionais

    Os seus datos persoais poden ser transferidos, almacenados e procesados en países que non proporcionan un nivel adecuado de protección de datos de carácter persoal baixo o dereito da Unión Europea. Implementamos garantías axeitadas (en particular, compromisos contractuais) para garantir que os seus datos estean suficientemente protexidos.

    Máis información

    Dereitos

    Entre outros, os dereitos de acceso, rectificación e cancelación de datos persoais e o dereito de oposición ao tratamento de datos persoais e de revogar o seu consentimento. En particular, ten o dereito de opoñerse ao tratamento dos seus datos persoais en calquera momento, cando se basee no interese lexítimo de SYC.

    O exercicio destes dereitos pódese facer efectivo escribindo un correo electrónico, incluíndo unha copia do seu DNI ou documento de identidade a privacidad@sycitv.com

    Máis información

    Información ampliada

    Dispoñible nesta dirección.

    Recomendámoslle que lea esta información detidamente.

    Vostede ten o dereito para opoñerse ao tratamento dos seus datos persoais, en calquera momento, cando o mesmo se basee no interese lexítimo, incluíndo para fins como o envío de avisos recordatorios de próxima inspección e de vencemento de inspección enviando un correo electrónico a privacidad@sycitv.com, incluíndo a referéncia “Protección de Datos” e acompañando unha fotocopia do seu D.N.I. ou documento de identificación equivalente.

    Desexa rexistrarse?

    Se desexa rexistrarse pode solicitalo na Estación ITV máis próxima ou a través do noso Centro de Atención ao Cliente chamando ao 981 903 000

    Medidas máximas admisibles Móbil 2
    Distancia entre primeiro e segundo eixo 3200 mm
    Anchura total 1900 mm
    Voladizo posterior 1400 mm
    Roda xemelga Non admisible

    * Todas estas medidas aparecen reflexadas na Tarxeta de Inspección Técnica do seu Vehículo.

    Medidas máximas admisibles Móbil 6
    Distancia entre primeiro e segundo eixo 3200 mm
    Anchura total 2000 mm

    *Todas estas medidas aparecen reflexadas na Tarxeta de Inspección Técnica do seu vehículo.

    Medidas máximas admisibles Móbil 1
    Distancia entre primeiro e segundo eixo 3600 mm
    Anchura total 2000 mm
    Voladizo posterior 1500 mm
    Roda xemelga Non admisible

    *Todas estas medidas aparecen reflexadas na Tarxeta de Inspección Técnica do seu vehículo.

    Política de Cookies

    I. A páxina web https://www.sycitv.com utiliza cookies. As cookies son paquetes de datos que se almacenan no dispositivo dos usuarios que visitan unha web, xerando determinada información que pode ser lida polo servidor que as instalou. As cookies non causan ningún dano nos equipos e, na maior parte dos casos, bórranse automaticamente transcorrido un tempo.

    II. Ao acceder á web, o usuario pode recibir dous tipos de cookies:

    • Cookies de personalización, que permiten mostrar a páxina web cunha configuración determinada.
    • Cookies de análise, mediante as cales podemos obter estatísticas sobre o uso da páxina.

    III. A continuación, preséntase unha descrición detallada das cookies que se instalarán no equipo do usuario en caso de continuar a navegación pola páxina web:

    • Cookies de sesión PHP caducan coa sesión.
    • Cookies de Google Analytics, _gat caducan aos 10 minutos.
    • Cookies de Google Analytics, _ga caducan aos 2 anos.
    • Cookies de personalización de Idioma _icl_current_language, caducan nun día.

    IV. O usuario ten en todo caso a posibilidade de aceptar ou rexeitar as cookies modificando a configuración do seu navegador. Nas seguintes ligazóns, facilítase a información necesaria para iso:

    • Firefox
    • Google Chrome
    • Internet Explorer
    • Safari
    Inspectores/as en diferentes centros da nosa rede de estacións SYC itv.

    Supervisión y Control é a entidade concesionaria da Xunta de Galicia encargada da Inspección Técnica de Vehículos na Comunidade Autónoma. Integrados no grupo empresarial Fomento de Iniciativas, traballamos pola seguridade e a protección do medioambiente.

    Estamos presentes en todas as provincias de Galicia, dando servizo nun total de 23 estaciones ITV fixas e 10 móbiles repartidas por todo o territorio xeográfico.

    Actualmente, necesitamos incorporar inspectores/as en diferentes centros da nosa rede de estacións SYC itv.

    Descripción da oferta.

    Nº vacantes: 5 – 25

    Localidade: varias de todas as provincias.

    Funcións:

    • Execución das Inspeccións Técnicas de Vehículos de acordo ao establecido nos manuais de calidade.
    • Atención ao cliente.                         

    Requisitos mínimos:

    •  Título de Formación Profesional rama Automoción (FP/ Ciclo).
    • Experiencia profisional como mecánico/a en empresa do sector.

    Ofrecemos:

    • Contrato temporal.
    • Salario competitivo.

    Se queres formar parte do proceso de selección, ¡envíanos o teu currículo!