Os talleres galegos poderán aportar un certificado para as ITV despois de reparar un vehículo rexeitado
A Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia publicou unha instrución pola cal os titulares dos vehículos que sexan declarados desfavorables nunha estación ITV por defectos graves ou moi graves poderán presentar un certificado de reparación emitido por un taller legalmente inscrito no Rexistro de Industria cando acudan á nova inspección. A elaboración deste documento, segundo un modelo oficial, non terá custo para os automovilistas.
Máis información en Conepa.org