Gran acollida do inicio de execución da estación ITV O Carballiño na prensa galega
A prensa galega recolleu durante a fin de semana diversas novas sobre a colocación da primeira pedra da estación de ITV de O Carballiño. Destácase fundamentalmente o innovador deseño modular pioneiro co que se construirá a instalación, así como o importante servizo que prestará aos residentes na comarca, estimándose en torno a 4.000 as inspeccións anuais a curto prazo e un incremento cara a 14.000 no horizonte 2020. Así mesmo, lémbrase que está previsto poñer en marcha a nova ITV a finais deste ano.
Máis información en Faro de Vigo e La Voz de Galicia