Responsable do tratamento
Razón Social: SUPERVISIÓN Y CONTROL, S.A.U. (“SYC”).
Domicilio Social: Estación de Inspección Técnica de Vehículos do Espírito Santo, Ctra. N-VI, km. 582, 15168 O Espirito Santo. Sada (A Coruña).
C.I.F. A.-15.117.609
Máis información
Finalidades Principais
- Xestión do servizo de cita previa para a inspección técnica de vehículos, así como para a xestión de pago do servizo online, e se sé o caso, para o envío de avisos de confirmación / recordatorios de cita previa por correo electrónico e/ou mensaxes SMS, MMS ou servizos de mensaxería instantánea (p.ex. WhatsApp) ou outros medios electrónicos equivalentes, avisos de confirmación de acceso directo á liña de inspección, información e indicacións para o seu acceso, así como, se é o caso, remisión de factura en formato electrónico baixo correo electrónico.
- Xestión da prestación a clientes do servizo de inspección técnica.
- Xestión, atención e seguimento adecuado de suxestións, consultas e/ou reclamacións sobre os servizos de inspección técnica de vehículos.
- Xestión do grado de satisfacción do servizo ofrecido baixo a realización de enquisas a través do correo electrónico.
- Xestión de avisos recordatorios de vindeira inspección e de vencemento de inspección, baixo a realización de chamadas telefónicas ou envío de mensaxes por correo electrónico SMS, MMS ou servicios de mensaxería instantánea (p.ex. WhatsApp) ou outros medios electrónicos equivalentes.
- Participación en sorteos e promocións aos que vostede se inscriba.
Máis información
Bases lexitimadoras
- Execución dun contrato no que o interesado é parte.
- Cumprimento de obrigacións legais vixentes ás que SYC se atopa suxeita.
- Interés lexítimo.
- Consentimento.
Máis información
Datos persoais
- Detalles Identificativos: nome e apelidos, sinatura e, no caso de solicitar factura, NIF.
- Datos de Contacto: correo electrónico, teléfono de contacto, dirección postal.
- Datos para o pagamento do servizo: tarxeta de débito ou crédito, conta bancaria (en caso de facturación diferida).
- Outros: matrícula do vehículo, número de bastidor.
En caso de clientes persoas xurídicas: nomes e apelidos, teléfono e datos de contacto do traballador, representante ou persoa de contacto na sociedade.
Máis información
Destinatarios
Empresas do grupo Applus e outros prestadores de servizos.
Forzas e corpos de seguridade, xuíces e tribunais, entidades reguladoras, autoridades gobernamentais ou outros terceiros competentes.
Máis información
Transferencias internacionais
Os seus datos persoais poden ser transferidos, almacenados e procesados en países que non proporcionan un nivel adecuado de protección de datos de carácter persoal baixo o dereito da Unión Europea. Implementamos garantías axeitadas (en particular, compromisos contractuais) para garantir que os seus datos estean suficientemente protexidos.
Máis información
Dereitos
Entre outros, os dereitos de acceso, rectificación e cancelación de datos persoais e o dereito de oposición ao tratamento de datos persoais e de revogar o seu consentimento. En particular, ten o dereito de opoñerse ao tratamento dos seus datos persoais en calquera momento, cando se basee no interese lexítimo de SYC.
O exercicio destes dereitos pódese facer efectivo escribindo un correo electrónico, incluíndo unha copia do seu DNI ou documento de identidade a privacidad@sycitv.com
Máis información
Información ampliada
Dispoñible nesta dirección.
Recomendámoslle que lea esta información detidamente.
Vostede ten o dereito para opoñerse ao tratamento dos seus datos persoais, en calquera momento, cando o mesmo se basee no interese lexítimo, incluíndo para fins como o envío de avisos recordatorios de próxima inspección e de vencemento de inspección enviando un correo electrónico a privacidad@sycitv.com, incluíndo a referéncia “Protección de Datos” e acompañando unha fotocopia do seu D.N.I. ou documento de identificación equivalente.