• AXUDA
    • CONTACTO
    • INICIAR SESIÓN
    • Galego Galego Galego gl
    • Español Español Español es
    • English English Inglés en
    SYC Applus+ itv
    • CITA PREVIA
      • CITA ITV PERIÓDICA
      • CITA ITV DESFAVORABLE
      • CITA REFORMAS
      • CITA REFORMAS DESFAVORABLE
      • USUARIOS REXISTRADOS
      • CONSULTAR CITA
    • ESTACIÓNS
      • Galicia
        • ESTACIÓNS FIXAS
        • ESTACIÓNS MÓVILES
      • A Coruña
        • A CORUÑA-SABÓN
        • FERROL
        • O ALLO
        • O ESPÍRITO SANTO
        • RIBEIRA
        • SANTIAGO–A SIONLLA
        • SANTIAGO-CACHEIRAS
        • SANTIAGO-TAMBRE
      • Lugo
        • FOZ
        • LUGO
        • MONFORTE DE LEMOS
        • VILALBA
        • VIVEIRO
      • Ourense
        • O BARCO
        • O CARBALLIÑO
        • OURENSE
        • VERÍN
        • XINZO
      • Pontevedra
        • BUEU
        • LALÍN
        • NIGRÁN
        • O PORRIÑO
        • PONTEVEDRA-BORA
        • PONTEVEDRA-CURRO
        • VIGO-PEINADOR
        • VILAGARCÍA
    • PASAR A ITV
      • QUE É A ITV?
      • PREGUNTAS FRECUENTES
      • CANDO PASAR A ITV?
      • RECOMENDACIÓNS
      • DOCUMENTACIÓN
      • TARIFAS
      • REFORMAS
      • PNEUMÁTICOS
    • TÚNEL DE FRÍO
      • LABORATORIO DE FRÍO
      • TARIFAS
    • QUEN SOMOS
    • ÚNETE
      • PERSOAS
      • NEXO
      • QUÉ CHE OFRECEMOS
    • Search
    • Menu Menu

    Carmen Fernández: “O parque móbil de Galicia é o terceiro máis avellentado de España”

    Outubro de 2019

    Carmen Fernández, voceira de Syc Applus, empresa concesionaria que xestiona o parque das ITV en Galicia, respondeu ás cuestións de por que o máis do 25 % dos automóbiles que se presentaron en 2018 á inspección técnica de vehículos non pasaron a revisión. 

    Entevista completa na Radio Galega

    Applus ITV

    Applus+ logra a adxudicación das ITV en Irlanda por outros dez anos

    Agosto de 2019

    Applus asinou o contrato para a Inspección Técnica de Vehículos (ITV) en Irlanda por un período de 10 anos a contar desde xullo de 2020, segundo notificou a Irish Road Safety Authority, o que informou a compañía á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

    Applus tiña adxudicado ata mediados de 2020 o contrato de ITV de Irlanda, que representou o 4,7% dos seus ingresos totais en 2018.

    A Irish Road Safety Authority convidou a Applus a presentarse á licitación para volver prestar os servizos de ITV durante outros dez anos, entre xullo de 2020 e xullo de 2030, petición que a compañía atendeu, presentando a súa oferta o pasado 7 de marzo.

    Applus recibiu a finais de xuño unha notificación de que a súa oferta era a máis vantaxosa economicamente e finalmente, tras obter a puntuación máis alta da licitación, logrou de novo o contrato.

    David Cañás: “No meu traballo son coma un doutor dos sistemas eléctricos”

    Xullo de 2019

    Pregunta para nota. E resposta de sobresaliente. Se para calquera traballador pode resultar complicado definir o seu día a día, para unha persoa como David Cañás, un coruñés de 45 anos que é responsable de ensaios eléctricos nunha empresa líder no mercado por axudar aos seus clientes para potenciar a calidade e a seguridade dos seus activos, a cousa complícase. E moito. En plena revolución tecnolóxica, este enxeñeiro formado en Electrónica na Escola Politécnica Superior de Ferrol explica cun símil moi ben traído, que os profanos poderán entender á perfección, a rutina -se se pode dicir que a ten alguén que conta con proxectos en todo o mundo- do seu labor. «Formo parte dun equipo de doutores de sistemas eléctricos; os pacientes veñen pedir un diagnóstico se teñen algunha dúbida sobre obras novas ou problemas de consultoría e facémoslles os electrocardiogramas e as analíticas á aparamenta de alta tensión. Despois dicímoslles que ocorre». Tras vinte anos na profesión, e sempre ao servizo de Applus, incide na calidade da enxeñería española e a adaptación ás enerxías renovables.

    -Leva vinte anos traballando en Applus, unha das compañías líderes no ámbito dos servizos de inspección, ensaios e certificación. Nunca lle tentou coller outro camiño?

    -Tiven ofertas desde que empecei nesta compañía, á que cheguei para facer prácticas en 1999, e no 2002 xa me convertín, con 28 anos, en xefe de proxecto. Pero tomei unha decisión, que foi apostar por esta empresa e creo que acertei. Estou moi contento e déronme grandes oportunidades.

    Entrevista completa en La Voz de Galicia

    Syc-Applus+ e Castrosua firman un acordo para a revisión dos sistemas de climatización dos seus autobuses

    Xullo de 2019

    O Laboratorio de Frío de Galicia de SyC- Applus+ asinou un convenio de colaboración coa empresa galega Castrosua co obxectivo de efectuar ensaios dos sistemas de aire acondicionado e antivaho de autobuses carrozados, destinados a clientes de zonas con temperaturas ambientais elevadas.
    Este acordo atópase enmarcado dentro da liña de I+D+i que SyC- Applus+ puxo en marcha para posicionar o Laboratorio como Centro Tecnolóxico do Frío e que, desta maneira, poida colaborar con empresas, universidades, e outras entidades da nosa comunidade para a realización de ensaios e/ou probas que poidan requirir do emprego das súas instalacións.
    O Laboratorio de Frío de Galicia, situado no recinto da estación de ITV de Espírito Santo (Sada), é o único centro oficial de ensaio para vehículos de transporte de produtos perecedoiros do norte de España. No seu ciclo de vida, os vehículos destinados ao transporte de perecedoiros deben someterse a estritos controis tanto por parte das OCA (organismos de control), como na propia inspección técnica de vehículos. No laboratorio de frío desenvólvense os ensaios necesarios para avaliar o estado dos contedores de temperatura controlada necesarios para a súa homologación.
    Tras iniciar a súa actividade en febreiro de 2018, completou o seu primeiro ano de maneira moi satisfactoria cumprindo con éxito os obxectivos propostos. A súa posta en marcha responde a unha vella demanda do sector, permitindo aos transportistas galegos e das comunidades limítrofes desenvolver todos os controis que contemplan o Acordo Internacional de Transporte de Mercadorías nas mesmas instalacións de Espírito Santo.
    Na actualidade, o Laboratorio continúa co seu crecemento, aspirando a converterse nun referente non só en Galicia, senón tamén a nivel nacional e contribuíndo ao obxectivo de SyC- Applus+ de prestarlle á sociedade galega servizos de calidade no ámbito da automoción, nos que se combinen adecuadamente a innovación tecnolóxica e a proximidade e profesionalidade no trato ao cliente.
    O Laboratorio de Frío de Galicia de SyC- Applus+ conta coa acreditación de ENAC Nº 1267/LLE2411 segundo a norma internacional UNE-EN ISO/ IEC 17025 para a realización de ensaios de medida e/ou verificación do coeficiente global de transferencia de calor “ K” que caracteriza a isotermia dos vehículos de transporte de mercadorías perecedoiras. Ademais, foi designado polo Ministerio de Industria como estación oficial de ensaios ATP.
    A instalación, equipada cunha tecnoloxía de vangarda, consiste nunha cámara de ensaio de 26 metros de lonxitude, na que se avalía a capacidade illante das unidades isotermas, que inclúe desde os sistemas de climatización do habitáculo ata a refrixeración dos motores, a resistencia ao vento e a capacidade illante dos vehículos isotérmicos. A tecnoloxía empregada polo Laboratorio, baseada na transmisión inalámbrica dos rexistros, permite a automatización da toma de datos e a obtención dos resultados dos ensaios para axilizar os procesos na emisión do Certificados ATP.

    Applus+ Galicia prepara a persoas con discapacidade intelectual para acceder a un emprego

    Xullo de 2019

    A Federación Galega de Asociacións en favor dás Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento, denominada Fademga Plena inclusión Galicia, e a empresa Applus+ Norcontrol, unha das sedes galegas da multinacional Applus+, iniciaron este ano unha colaboración que xa permitiu a catro persoas con discapacidade intelectual ter a oportunidade de prepararse para o mundo laboral nas instalacións desta empresa.

    Durante un mes, e mediante a metodoloxía de emprego con apoio, este grupo puido desempeñar distintas tarefas de ordenanza, e coñecer en primeira persoa a contorna laboral da empresa ordinaria, máximo expoñente da inclusión laboral.

    Tal e como asegura o presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia, Eladio Fernández, “o mercado laboral non terminou de descubrir o talento que poden achegar as persoas con discapacidade intelectual. Aínda queda moito por facer e en moitos casos, a pesar da valía destas persoas, as empresas non acaban de darlles a oportunidade de demostrar as súas capacidades”. Desde hai anos, Applus+ desenvolve en Galicia numerosas iniciativas enmarcadas na filosofía de devolver á sociedade parte do que nos dá. Neste ámbito, a principal aposta é o proxecto “Sen Límites”, que promove a incorporación de persoas con diversidade funcional na empresa ordinaria. Na actualidade, Applus+, pioneira na comunidade nunha experiencia deste tipo, conta no seu persoal do territorio galego con 29 empregados con discapacidade intelectual.

    O emprego con apoio

    FADEMGA Plena inclusión Galicia é pioneira no desenvolvemento da metodoloxía de emprego con apoio, a través da que un preparador laboral acompaña e axuda á persoa con discapacidade intelectual a desenvolver as súas tarefas no novo posto.

    O preparador laboral apoia non só ao traballador, senón á empresa que o integra. Un apoio que vai desaparecendo na medida que a persoa coñece ben as tarefas para desenvolver e segundo van aparecendo os apoios naturais que son aqueles que proporcionan os propios compañeiros de traballo.

    Prexuízos, estereotipos, a falta de experiencias previas… grazas ao emprego con apoio, en FADEMGA Plena inclusión Galicia axudamos á empresa para vencer estes escollos, mostrándolles as vantaxes que ten a incorporación de persoas con discapacidade intelectual na empresa ordinaria á vez que contribuímos á inclusión laboral do colectivo.

    Applus+ Galicia, mejor empresa de la eurorregión España-Portugal en políticas de igualdad

    Xuño de 2019

    Applus+ Galicia, formada por SyC Auto e Energy & Industry, recibirá o martes 18 de xuño, na sede da Universidade de Porto (Portugal), o Primeiro Premio de Igualdade de Oportunidades nos Premios Transfronteirizos. O galardón abarca o territorio das rexións de Galicia, Estremadura, Castela e León e Norte de Portugal. O obxectivo desta distinción é recoñecer as traxectorias máis destacadas no ámbito da implantación de políticas de conciliación e igualdade.

    En concreto, os Premios Transfronteirizos de Conciliación e Igualdade están orientados a aspectos como as iniciativas relacionadas coa xestión do tempo, a flexibilidade e o equilibrio da vida laboral e persoal, así como aquelas dirixidas á participación en igualdade de dereitos de mulleres e homes.

    A división galega de Applus+ foi galardoada na categoría do Recoñecemento á Igualdade de Oportunidades, grazas a un proxecto baseado nas diferentes iniciativas e medidas que a compañía puxo en marcha co obxectivo de contribuír ao recoñecemento da diversidade, a procura da igualdade de oportunidades e a integración social así como a adaptación dos procesos de xestión e a coordinación responsable dos traballadores.

    Entre os eixes fundamentais deste proxecto destaca a recente creación do Consello de Conciliación e Igualdade, pioneiro en Galicia, co obxectivo de garantir o uso de políticas de conciliación dentro das relacións laborais. Todo iso compleméntase con medidas de sensibilización e que fomenten a promoción xerárquica, como o Programa Shadowing con directivas. En definitiva, iniciativas e accións que propician a promoción da igualdade efectiva entre homes e mulleres en todos os ámbitos relacionados coa actividade que Applus+ desenvolve.
    O pasado mes de febreiro, a multinacional tamén foi recoñecida co galardón do Top Employer Institute, unha entidade internacional que cada ano elabora unha lista das mellores prácticas laborais. En España foron seleccionadas un total de 94 empresas, entre as que se atopaba Applus+.

    A multinacional Applus+ conta con 22.800 profesionais, está presente en 70 países e posúe 350 oficinas e laboratorios. En Galicia atópase unha das súas sedes principais. As distintas divisións implantadas na comunidade galega abarcan desde inspección industrial, coa sede de Applus+ Norcontrol na Coruña, laboratorios en Sada e oficinas en Ourense e Pontevedra, así como en enxeñería do automóbil, co Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, e a inspección técnica de vehículos, coa rede de estacións de ITV, que xestiona SyC Applus+.

    A obtención desta distinción encaixa nas liñas mestras da acción de responsabilidade social que exerce a compañía, que trata de facilitar aos seus traballadores a igualdade de oportunidades e a conciliación da súa vida persoal e laboral. No ámbito do desenvolvemento profesional, a filosofía de Applus+ sempre foi facer crecer e desenvolver o talento en todos os niveis da organización, optimizando continuamente o crecemento profesional e persoal dos seus empregados.

    Raquel Grandal: “Os empregados felices fan empresas exitosas”

    Maio de 2019

    A conciliación converteuse nun dos principais cabalos de batalla no mercado laboral. As empresas que xa probaron este tipo de políticas certifican a súa eficacia con datos. SyC Applus+ é unha delas. Consciente da importancia destas medidas, a empresa deu un paso adiante e acaba de estrear o seu Consello de Conciliación, un organismo pioneiro en Galicia co que se pretende seguir camiñando pola senda da igualdade. «Ter implantadas estratexias de conciliación familiar dentro da organización tradúcese en empregados máis felices e iso, ao final, reverte no ben da empresa», sentenza Raquel Grandal, nomeada responsable deste órgano.

    -Cal son as liñas mestras do Consello de Conciliación creado por SyC Applus+?

    -O obxectivo que persegue é a incorporación, dentro da cultura da compañía, das estratexias de conciliación familiar, laboral e persoal. Buscamos que as persoas que forman a empresa teñan unha mellor calidade de vida. É un punto clave para conseguir aproveitar o potencial do persoal. Porque os empregados felices fan empresas exitosas.

    Entrevista completa en La Voz de Galicia

    Applus+ Galicia impulsa unha iniciativa pioneira cos seus Consellos de Conciliación e Igualdade

    Maio de 2019

    A multinacional Applus+ acaba de dar un paso máis nas súas políticas de relacións laborais, cunha iniciativa xurdida precisamente en Galicia, e que nace como pioneira na comunidade. Os novos Consellos de Conciliación e Igualdade, que nacen de forma paralela tanto en SyC Applus+ como en Applus+ Norcontrol, son órganos relacionados directamente coa dirección das empresas que compoñen o grupo en Galicia, e cuxa misión é deseñar as políticas de conciliación e igualdade como eixe transversal á súa estratexia empresarial.

    Os consellos de conciliación de ambas as empresas están constituídos por representantes destacados dos diferentes departamentos, e presidida no caso de SyC Applus+, concesionaria da inspección técnica de vehículos en Galicia, por Raquel Grandal, directora de Produción da empresa. En Applus+ Norcontrol o cargo recaeu en María Louzao, directora de zona noroeste da división Energy & Industry en España.

    Ambas directivas desenvolveron unha importante traxectoria nas súas empresas, e asumiron este compromiso, que se consolida tras un proceso de sensibilización e concienciación sobre a conciliación familiar e laboral no seo das súas empresas, que son singulares polo seu perfil altamente técnico, e que conta con todo con numerosas mulleres en postos de alta responsabilidade.

    Entre os obxectivos destes órganos, que actualmente están a desenvolver as primeiras reunións para deseñar a súa folla de roteiro, está avanzar nos protocolos xa iniciados en anteriores plans de igualdade, co fin de previr situacións de discriminación ou acoso por razón de xénero, planificar medidas que garantan a igualdade de oportunidades no ámbito da promoción interna, así como a conciliación familiar e laboral tanto en caso de traballadoras como traballadores.

    Co fin de garantir a transparencia e a participación de todo o cadro de persoal das empresas e transmitir á dirección as recomendacións e solucións para minimizar as barreiras procedentes de todos e cada un dos departamentos, en cada consello dispúxose unha caixa de correos de suxerencias ao que pode presentar as súas propostas calquera traballador.

    Applus+ é unha das compañías líderes mundiais en inspección, ensaios e certificación. Desenvolve a súa actividade en máis de 70 países, cotiza nas bolsas de Madrid, Barcelona, Valencia e Bilbao, e emprega a máis de 22.800 persoas. Galicia é actualmente un dos seus eixes estratéxicos de expansión, con máis de 1.000 postos de traballo repartidos nos centros de operacións e oficinas pertencentes ás divisións de Laboratories, Automotive e Energy & Industry. Ademais do ámbito de inspección industrial, no que o grupo ten unha gran presenza en obra pública e privada a través de Applus+ Norcontrol, con central en Sada, un dos sectores estratéxicos é precisamente o do automóbil, tanto no ámbito de I+D+i como en inspección.

    En innovación destaca o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, que conta como socio tecnolóxico con Applus+ Idiada e ten a súa sede no Porriño. En canto a inspección técnica de vehículos, SyC- Applus+ xestiona toda a rede de estacións na comunidade, composta por un total de 26 centros fixos e 10 móbiles. Ademais, a través dun proxecto de investigación en colaboración coa Universidade da Coruña desenvolveu un innovador modelo de estación, baseado na arquitectura modular e a automatización de procesos, que se converteu nun modelo para o seu desenvolvemento noutros mercados.

    Premio José Luis Alvite para Carlos Luis Rodríguez, director de comunicación de Syc Applus

    Maio de 2019

     A Asociación de Periodistas de Galicia (APG) acordou por unanimidade outorgar o Premio de Columnismo José Luis Alvite ao xornalista Carlos Luis Rodríguez, director de comunicación de SyC Applus. A ampla traxectoria do galardoado está ligada con El Correo Gallego, xornal onde Rodríguez desenvolve, dende hai máis de quince anos, a súa actividade como columnista de xeito habitual.

    Ademais disto, o xornalista encargouse da direción e presentación de programas de entrevistas e debates na Televisión de Galicia. Así mesmo, Rodríguez foi dos primeiros reporteiros españois en falar con Yaser Arafat e con outras personalidades de renome internacional como Mario Vargas Llosa, Jacques Delors ou Mario Soares.

    Á hora de distinguilo con este galardón, que alcanza a súa cuarta edición, a directiva da APG destacou “a súa capacidade de argumentar con rigor e moderación, con artigos nos que achega un estilo áxil e claro”.

    La Voz de Galicia

    A maioría das inspeccións a coches detectan o mal estado das rodas

    Abril de 2019

    As rodas gastadas ou con reformas e parches sen autorizar son o principal defecto que os inspectores da Policía Local de Vigo detectan nos controis aleatorios que realizan na cidade para revisar o estado dos vehículos, ver fallos mecánicos ou administrativos e denunciar aos infractores. Os axentes presentaron 124 denuncias por danos en vehículos no 2018 e un terzo (43) delas debíanse a que o condutor circulaba con fallos nas rodas, o que supoñía un risco para eles mesmos e para o resto dos usuarios da vía.

    Así o revela o informe Sintra do 2018 da Sección de Inspección de Transporte da Policía Local de Vigo. Os motivos mecánicos secundarios polos que os condutores son sancionados son por danos na carrocería (13), irregularidades co espello retrovisor (10), o tubo de escape (7) e a dirección e as luces (6). Só se localizaron dous coches cos freos mal. Os axentes tamén revisan os papeis do vehículo e descubriron que en tres casos, o titular xa falecera e noutros cinco, o transporte xa fora dado de baixa. Seis deles tiñan problemas coa matrícula.

    Artigo completo en La Voz de Galicia

    Páxina 1 de 14123›»
    • Carmen Fernández: “O parque móbil de Galicia é o terceiro máis avellentado de España”Outubro de 2019 - 11:43
    • Applus ITVApplus+ logra a adxudicación das ITV en Irlanda por outros dez anosAgosto de 2019 - 15:24
    • David Cañás: “No meu traballo son coma un doutor dos sistemas eléctricos”Xullo de 2019 - 10:02
    • Syc-Applus+ e Castrosua firman un acordo para a revisión dos sistemas de climatización dos seus autobusesXullo de 2019 - 11:50
    • Applus+ Galicia prepara a persoas con discapacidade intelectual para acceder a un empregoXullo de 2019 - 02:40
    • Applus+ Galicia, mejor empresa de la eurorregión España-Portugal en políticas de igualdadXuño de 2019 - 11:36
    • Raquel Grandal: “Os empregados felices fan empresas exitosas”Maio de 2019 - 11:31
    • Applus+ Galicia impulsa unha iniciativa pioneira cos seus Consellos de Conciliación e IgualdadeMaio de 2019 - 12:35
    • Premio José Luis Alvite para Carlos Luis Rodríguez, director de comunicación de Syc ApplusMaio de 2019 - 02:12
    • La Voz de GaliciaA maioría das inspeccións a coches detectan o mal estado das rodasAbril de 2019 - 11:24
    • Un de cada tres coches non pasa a ITV á primeira en VigoMarzo de 2019 - 11:18
    • Applus+ apuntala o seu posicionamento no sector aeronáutico coa adquisición de A2M IndustrieMarzo de 2019 - 10:50
    • Sonsoles Carbia: “En España xa é normal ver unha muller nuna obra”Marzo de 2019 - 01:35
    • Inauguarción SYC itv A SionllaApplus+ reforza a súa presenza en Latinoamérica co seu modelo de ITVMarzo de 2019 - 11:17
    • Applus+ acada un crecemento do 5,9% e xa supera os 22.800 empregos en todo o mundoFebreiro de 2019 - 16:33
    • Applus+, distinguida coma unha das mellores empresas para traballar en EspañaFebreiro de 2019 - 16:32
    • Lorena Rey: “Neste traballo gústame todo”Decembro de 2018 - 11:56
    • O transporte de perecedoiros xa se homologa en GaliciaNovembro de 2018 - 12:08
    • Alberto Zalvide: «A nova proba é o primeiro paso cara a una inspección máis adaptada á tecnoloxía actual»Septiembre de 2018 - 17:23
    • A ITV evita ao ano case 18.000 accidentes e 133 mortesXullo de 2018 - 13:06
    AVISO LEGAL | POLÍTICA DE PRIVACIDADE | POLÍTICA DE COOKIES
    CONFIGURACIÓN DE COOKIES
    • CITA PREVIA
    • ESTACIÓNS
    • PASAR A ITV
    • TÚNEL DE FRÍO
    • QUEN SOMOS
    • ÚNETE
    Scroll to top

    SYC Applus+ utiliza cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas (por exemplo, páxinas visitadas), para cargar contido multimedia ou para protexer a túa seguridade. Clica AQUÍ para máis información. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón 'ACEPTAR' ou configurarlas ou rexeitar o seu uso clicando o botón 'AXUSTES'.

    ACEPTARAXUSTES

    Panel de configuración de cookies



    Cookies técnicas

    As cookies técnicas permiten o funcionamento da web e protexer a súa seguridade.

    Consulta as cookies que almacenamos na nosa Política de cookies.

    Estas cookies deben estar sempre activas

    Cookies de análisis

    Permítennos coñecer como interactúas na web, o número de visitas nas diferentes seccións e establecer estatísticas para mellorar as nosas prácticas comerciais.

    Consulta as cookies que almacenamos na nosa Política de cookies.


    Axustes de Google Webfont:

    Vídeos de Vimeo e Youtube:

    Consulta as cookies que almacenamos na nosa Política de cookies.

    GARDAR CONFIGURACIÓNACEPTAR TODAS AS COOKIESREXEITAR TODAS AS COOKIES
    CONSELLOS
    1. Revisa as luces: o 20% dos vehículos rexeitados teñen que volver por unha simple lámpada que non funciona… Unha pequena revisión, con axuda de outra persoa, permitiranos verificar que funcionan correctamente todos os dispositivos e reparar aqueles que non funcionen correctamente antes de acudir a inspección.
    2. Checa os pilotos do cadro: ningún debe de permanecer aceso en cor laranxa ou vermello, dado que iso advirte dun mal funcionamento dalgún sistema.
    3. Comproba os pneumáticos: Asegurarnos de que teñen a presión adecuada, que teñen debuxo suficiente en toda a banda de rodaxe e que non presenten gretas, roturas ou deformacións nos laterais ou flancos evitaría o 22% dos rexeitamentos en inspección.
    4. Verifica os niveis: aceite, refrixerante, auga do limpa… Sen un nivel de aceite suficiente non poderemos realizar a proba de emisións.
    Información básica sobre protección de datos

    Responsable do tratamento

    Razón Social: SUPERVISIÓN Y CONTROL, S.A.U. (“SYC”).

    Domicilio Social: Estación de Inspección Técnica de Vehículos do Espírito Santo, Ctra. N-VI, km. 582, 15168 O Espirito Santo. Sada (A Coruña).

    C.I.F. A.-15.117.609

    Máis información

    Finalidades Principais

    1. Xestión do servizo de cita previa para a inspección técnica de vehículos, así como para a xestión de pago do servizo online, e se sé o caso, para o envío de avisos de confirmación / recordatorios de cita previa por correo electrónico e/ou mensaxes SMS, MMS ou servizos de mensaxería instantánea (p.ex. WhatsApp) ou outros medios electrónicos equivalentes, avisos de confirmación de acceso directo á liña de inspección, información e indicacións para o seu acceso, así como, se é o caso, remisión de factura en formato electrónico baixo correo electrónico.
    2. Xestión da prestación a clientes do servizo de inspección técnica.
    3. Xestión, atención e seguimento adecuado de suxestións, consultas e/ou reclamacións sobre os servizos de inspección técnica de vehículos.
    4. Xestión do grado de satisfacción do servizo ofrecido baixo a realización de enquisas a través do correo electrónico.
    5. Xestión de avisos recordatorios de vindeira inspección e de vencemento de inspección, baixo a realización de chamadas telefónicas ou envío de mensaxes por correo electrónico SMS, MMS ou servicios de mensaxería instantánea (p.ex. WhatsApp) ou outros medios electrónicos equivalentes.
    6. Participación en sorteos e promocións aos que vostede se inscriba.

    Máis información

    Bases lexitimadoras

    1. Execución dun contrato no que o interesado é parte.
    2. Cumprimento de obrigacións legais vixentes ás que SYC se atopa suxeita.
    3. Interés lexítimo.
    4. Consentimento.

    Máis información

    Datos persoais

    • Detalles Identificativos: nome e apelidos, sinatura e, no caso de solicitar factura, NIF.
    • Datos de Contacto: correo electrónico, teléfono de contacto, dirección postal.
    • Datos para o pagamento do servizo: tarxeta de débito ou crédito, conta bancaria (en caso de facturación diferida).
    • Outros: matrícula do vehículo, número de bastidor.

    En caso de clientes persoas xurídicas: nomes e apelidos, teléfono e datos de contacto do traballador, representante ou persoa de contacto na sociedade.

    Máis información

    Destinatarios

    Empresas do grupo Applus e outros prestadores de servizos.

    Forzas e corpos de seguridade, xuíces e tribunais, entidades reguladoras, autoridades gobernamentais ou outros terceiros competentes.

    Máis información

    Transferencias internacionais

    Os seus datos persoais poden ser transferidos, almacenados e procesados en países que non proporcionan un nivel adecuado de protección de datos de carácter persoal baixo o dereito da Unión Europea. Implementamos garantías axeitadas (en particular, compromisos contractuais) para garantir que os seus datos estean suficientemente protexidos.

    Máis información

    Dereitos

    Entre outros, os dereitos de acceso, rectificación e cancelación de datos persoais e o dereito de oposición ao tratamento de datos persoais e de revogar o seu consentimento. En particular, ten o dereito de opoñerse ao tratamento dos seus datos persoais en calquera momento, cando se basee no interese lexítimo de SYC.

    O exercicio destes dereitos pódese facer efectivo escribindo un correo electrónico, incluíndo unha copia do seu DNI ou documento de identidade a privacidad@sycitv.com

    Máis información

    Información ampliada

    Dispoñible nesta dirección.

    Recomendámoslle que lea esta información detidamente.

    Vostede ten o dereito para opoñerse ao tratamento dos seus datos persoais, en calquera momento, cando o mesmo se basee no interese lexítimo, incluíndo para fins como o envío de avisos recordatorios de próxima inspección e de vencemento de inspección enviando un correo electrónico a privacidad@sycitv.com, incluíndo a referéncia “Protección de Datos” e acompañando unha fotocopia do seu D.N.I. ou documento de identificación equivalente.

    Desexa rexistrarse?

    Se desexa rexistrarse pode solicitalo na Estación ITV máis próxima ou a través do noso Centro de Atención ao Cliente chamando ao 981 903 000

    Medidas máximas admisibles Móbil 2
    Distancia entre primeiro e segundo eixo 3200 mm
    Anchura total 1900 mm
    Voladizo posterior 1400 mm
    Roda xemelga Non admisible

    * Todas estas medidas aparecen reflexadas na Tarxeta de Inspección Técnica do seu Vehículo.

    Medidas máximas admisibles Móbil 6
    Distancia entre primeiro e segundo eixo 3200 mm
    Anchura total 2000 mm

    *Todas estas medidas aparecen reflexadas na Tarxeta de Inspección Técnica do seu vehículo.

    Medidas máximas admisibles Móbil 1
    Distancia entre primeiro e segundo eixo 3600 mm
    Anchura total 2000 mm
    Voladizo posterior 1500 mm
    Roda xemelga Non admisible

    *Todas estas medidas aparecen reflexadas na Tarxeta de Inspección Técnica do seu vehículo.

    Política de Cookies

    I. A páxina web https://www.sycitv.com utiliza cookies. As cookies son paquetes de datos que se almacenan no dispositivo dos usuarios que visitan unha web, xerando determinada información que pode ser lida polo servidor que as instalou. As cookies non causan ningún dano nos equipos e, na maior parte dos casos, bórranse automaticamente transcorrido un tempo.

    II. Ao acceder á web, o usuario pode recibir dous tipos de cookies:

    • Cookies de personalización, que permiten mostrar a páxina web cunha configuración determinada.
    • Cookies de análise, mediante as cales podemos obter estatísticas sobre o uso da páxina.

    III. A continuación, preséntase unha descrición detallada das cookies que se instalarán no equipo do usuario en caso de continuar a navegación pola páxina web:

    • Cookies de sesión PHP caducan coa sesión.
    • Cookies de Google Analytics, _gat caducan aos 10 minutos.
    • Cookies de Google Analytics, _ga caducan aos 2 anos.
    • Cookies de personalización de Idioma _icl_current_language, caducan nun día.

    IV. O usuario ten en todo caso a posibilidade de aceptar ou rexeitar as cookies modificando a configuración do seu navegador. Nas seguintes ligazóns, facilítase a información necesaria para iso:

    • Firefox
    • Google Chrome
    • Internet Explorer
    • Safari
    Inspectores/as en diferentes centros da nosa rede de estacións SYC itv.

    Supervisión y Control é a entidade concesionaria da Xunta de Galicia encargada da Inspección Técnica de Vehículos na Comunidade Autónoma. Integrados no grupo empresarial Fomento de Iniciativas, traballamos pola seguridade e a protección do medioambiente.

    Estamos presentes en todas as provincias de Galicia, dando servizo nun total de 23 estaciones ITV fixas e 10 móbiles repartidas por todo o territorio xeográfico.

    Actualmente, necesitamos incorporar inspectores/as en diferentes centros da nosa rede de estacións SYC itv.

    Descripción da oferta.

    Nº vacantes: 5 – 25

    Localidade: varias de todas as provincias.

    Funcións:

    • Execución das Inspeccións Técnicas de Vehículos de acordo ao establecido nos manuais de calidade.
    • Atención ao cliente.                         

    Requisitos mínimos:

    •  Título de Formación Profesional rama Automoción (FP/ Ciclo).
    • Experiencia profisional como mecánico/a en empresa do sector.

    Ofrecemos:

    • Contrato temporal.
    • Salario competitivo.

    Se queres formar parte do proceso de selección, ¡envíanos o teu currículo!