Os condutores coñecen as vantaxes das cubertas invernais, pero só un 2% úsanas
Só un 2% dos condutores españois cambia as súas cubertas de verán por outras invernais. Este dato despréndeo un informe de Goodyear, que conclúe que os condutores españois seguimos sendo remisos a montar pneumáticos de inverno.
Segundo Goodyear, tan só o 2% dos condutores españois cambia as súas cubertas de verán por outras invernais, un hábito aínda “residual” e “insuficiente” no país, sobre todo se se ten en conta o número de días que se circula con temperaturas inferiores a sete graos. Por este motivo, o fabricante de cubertas quere concienciar os condutores sobre a seguridade na condución coa chegada das chuvias.
Este dato despréndeo un informe de Goodyear, que afirma que a gran maioría dos condutores españois non usan pneumáticos de inverno.
A gran maioría asocia erroneamente o emprego destas cubertas só para ámbitos nevados cando iso non é así en absoluto. Este tipo de pneumáticos non só está especialmente deseñado para ofrecer o seu máximo rendemento sobre chans nevados senón que tamén son perfectamente válidos naqueles lugares máis fríos ou húmidos e sobre chans deslizantes, que ben poden ser os galegos en época de chuvias.
Entre os seus consellos encóntrase preparar o vehículo mellorando os seus puntos de contacto coa estrada. Unha tarefa para a que recomenda o emprego do seu pneumático de inverno UltraGrip 9 que, segundo o fabricante, ofrece prestacións óptimas en diferentes condicións invernais, dende os días secos e fríos ao tempo chuvioso, a xeada ou a neve.