Primeiro microespazo de “Por Certo” en V Televisión
V Televisión comezou a emisión dos microespazos que levan por título “Por Certo” e nos que interveñen varios inspectores e traballadores das estacións de Supervisión y Control en Galicia.
O programa, que se emite ás 21.55 cada martes e xoves, trata de divulgar distintos aspectos da inspección e resaltar a importancia dunha ITV independente e rigorosa. Carmen Fernández, directora de planta de ITV de Sabón, foi a protagonista do primeiro microespazo, no que se explican as bases do traballo de Supervisión y Control, cuxa función é “salvar vidas”, contemplando o vehículo como unha ferramenta para o noso benestar e protección, fomentando a seguridade tanto para nós como para os demais, prestando especial atención ao medio ambiente.
Os traballadores de SyC pretenden dar “o mellor dos servizos” e prestar “unha man amiga” sempre disposta a “escoitar e axudar”.