• Link to Facebook
  • Link to X
  • Link to Instagram
  • Link to LinkedIn
  • INICIAR SESIÓN
  • Galego Galego Galego gl
  • Español Español Español es
SYC Applus+ itv
  • COMPROMISO ITV
  • PASAR A ITV
    • QUE É A ITV?
    • PREGUNTAS FRECUENTES
    • CANDO PASAR A ITV?
    • RECOMENDACIÓNS
    • DOCUMENTACIÓN
    • TARIFAS
    • REFORMAS E DUPLICADOS
    • PNEUMÁTICOS
  • ESTACIÓNS
    • A Coruña
      • A CORUÑA-SABÓN
      • FERROL
      • O ALLO
      • O ESPÍRITO SANTO
      • RIBEIRA
      • SANTIAGO–A SIONLLA
      • SANTIAGO-CACHEIRAS
      • SANTIAGO-TAMBRE
    • Lugo
      • FOZ
      • LUGO
      • MONFORTE DE LEMOS
      • VILALBA
      • VIVEIRO
    • Ourense
      • O BARCO
      • O CARBALLIÑO
      • OURENSE
      • VERÍN
      • XINZO
    • Pontevedra
      • BUEU
      • LALÍN
      • NIGRÁN
      • O PORRIÑO
      • PONTEVEDRA-BORA
      • PONTEVEDRA-CURRO
      • VIGO-PEINADOR
      • VILAGARCÍA
    • Móbiles
      • ESTACIÓNS MÓVILES
  • TÚNEL DE FRÍO
  • CONTACTO
    • CONTACTAR
    • ÚNETE
      • PERSOAS
      • DÉIXANOS O TEU CV
  • CITA PREVIA
  • Menu Menu

Applus+, distinguida coma unha das mellores empresas para traballar en España

Febreiro de 2019

A multinacional Applus+ recibirá mañá martes, 12 de febreiro, o premio Top Employers España 2019 como recoñecemento á excelencia nas condicións laborais que ofrece aos seus empregados. A entrega oficial terá lugar durante a Cea Anual de Certificación que se celebrará no Palacio Municipal de Congresos de Madrid. Un recoñecemento baseado na xestión de recursos humanos, que recoñeceu ás empresas máis punteiras do mundo en canto a estándar de benestar laboral para os seus traballadores.

O Top Employer Intitute é unha entidade internacional que cada ano elabora unha lista das mellores prácticas laborais. En España foron seleccionadas este ano un total de 94 empresas, entre as que se atopa a multinacional Applus+. Con 20.700 profesionais na actualidade, consolídase como un dos mellores lugares para traballar, non só polas condicións laborais, senón tamén polas oportunidades de crecemento profesional para os seus empregados, así como políticas de igualdade de xénero.

A multinacional Applus conta con 20.700 profesionais, está presente en 70 países e posúe 350 oficinas e laboratorios. Cunha forte implantación en Galicia, onde conta cunha das súas sedes principais. Abarca desde inspección industrial, coa sede de Applus+ Norcontrol na Coruña, laboratorios en Sada e oficinas en Ourense e Pontevedra, así como en enxeñería do automóbil, co Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, e a inspección técnica de vehículos, con SyC – ITV.

No ano 2019 Top Employers seleccionou a 94 compañías como as mellores empleadoras de España. A obtención deste selo de certificación supón entrar a formar parte dunha comunidade global de organizacións con visión de futuro, que impulsa seguir traballando polas mellores prácticas para as persoas da compañía. A filosofía destas compañías e, en especial, a de Applus+ é facer crecer e desenvolver o talento en todos os niveis da organización, optimizando continuamente o desenvolvemento profesional e persoal dos seus empregados.

Para conseguir esta certificación como Top Employers, a compañía superou un rigoroso proceso analítico no que se avalían e auditan 600 boas prácticas de Recursos Humanos en dez áreas: estratexia de talento, planificación do persoal. adquisición de talent, on- boarding, aprendizaxe e desenvolvemento; xestión do desempeño, desenvolvemento do liderado, estión de carreira e sucesión, compensación e beneficios, e “cultura”.

Entre estas novas tendencias destacan a consolidación da xestión do cambio como unha das principais prioridades. O aumento de iniciativas para o benestar dos empregados e o peso das redes sociais, o mobile learning e a gamificación na formación. Tamén destaca o papel que desempeñan os seus empregados nas súas propias carreiras e plans de desenvolvemento persoal. As compañías Top Employers avalían cada vez máis as experiencias e necesidades dos seus distintos grupos de profesionais á hora de deseñar a súa proposta de valor ao empregado. Ademais, sublíñase o uso da comunicación multidireccional e o feedback dos empregados. Desta maneira, a estratexia do departamento de Recursos Humanos alíñase coa de negocio e avalíase como a xestión do talento impacta nos resultados empresariais.

O transporte de perecedoiros xa se homologa en Galicia

Novembro de 2018

A conservación dos produtos perecedoiros, preservando a cadea de frío desde que saen desde os seus distintos puntos de produción ata que se poñen a disposición dos consumidores para a venda, ten nos operadores que transportan estas mercadorías a responsabilidade do cumprimento da normativa determinada para esta actividade. Neste sentido, a lexislación internacional á que está adherida España establece un control específico sobre como son e en que condicións deben manterse os vehículos que realizan este tipo de transporte.

Galicia colocouse á vangarda ao contar, desde principios deste ano, co primeiro laboratorio de frío do noroeste español que calcula o coeficiente de transmisión térmica das caixas climáticas que se utilizan para o transporte de mercadorías perecedoiras. Está nunha nave anexa ás instalacións que SyC Applus ten en Espírito Santo (Concello de Sada), onde se sitúa a sede central da empresa para a actividade de inspección técnica de vehículos, e que desde o pasado xaneiro investiu nesta nova infraestrutura cun potencial para atender tanto ao conxunto da frota galega de furgonetas e camións que operan con este tipo de alimentos, que se estima nuns 15.000 vehículos, como ás das comunidades autónomas máis próximas, sen renunciar ao conxunto do Estado.

Artigo completo en La Voz de Galicia

Alberto Zalvide: «A nova proba é o primeiro paso cara a una inspección máis adaptada á tecnoloxía actual»

Septiembre de 2018

A entrada en vigor do novo sistema de control de gases a través da centralita electrónica do vehículo supón unha proba máis na revisión dun vehículo nunha estación ITV. Explícao Alberto Zalvide, director xerente de SyC Applus, a empresa que xestiona 26 estacións fixas e 10 unidades móbiles de ITV en Galicia: «O condutor verá unha nova proba, na que lle abrimos o compartimento no que está a conexión da OBD e lle enchufamos a maquina».

A proba faise «antes da tradicional na que se comproba a emisión de gases conectada ao tubo de escape. Se nesa proba se detecta algún defecto nos sistemas a inspección considérase desfavorable e xa non se fai a proba de gases, porque os resultados estarían alterados. Entre eses defectos poden aparecer manipulacións ou fallos nos sistemas de xestión que só se poden detectar a través da centralita do vehículo».

 

Entrevista completa en La Voz de Galicia

Os rexeitamentos por defectos graves na carrocería aumentaron un 30 % en cinco anos

Xullo de 2018

Os rexeitamentos a vehículos na Inspección Técnica de Vehículos (ITV) a consecuencia de defectos graves na carrocería aumentaron un 30 por cento nos últimos cinco anos, segundo un estudo de CertifiedFirst, que aglutina a expertos en chapa e pintura. En concreto, os datos apunta que os defectos graves, que provocan que non se supere a ITV á primeira visita ou nas sucesivas visitas creceron nun 28,1 por cento nos turismos, mentres que o crecemento dos fallos leves nestes vehículos superou o 45 por ciento.

Ler mais en Europa Press

A ITV non incrementará o prezo coa nova normativa

Maio de 2018

Este domingo 20 de maio entra en vigor o real decreto que varía a Inspección Técnica de Vehículos (ITV) e aplica numerosos cambios que afectan tanto aos operadores como aos clientes. Os rumores dunha posible subida de tarifas e o temor a que as medidas fagan que sexa máis complicado obter a pegatina da ITV provocou que moitos condutores decidan adiantar as súas inspeccións esgotando as citas para todas as estacións de servizo de Compostela. Así o confirma Alberto Zalvide, adxunto ao director xeral en Supervisión e Control (SYC), que relata que as últimas semanas notouse “un incremento, aínda que non excesivo, de inspeccións”.

Artigo completo en El Correo Gallego

Alberto Zalvide: “Coa a nova ITV non se van endurecer os parámetros para pasar a proba”

Maio de 2018

Alberto Zaldive, adxunto á dirección xeral de SyC-Applus, fala da nova normativa das ITV. “A partir de agora será requisito imprescindible para realizar a inspección que o vehículo dispoña de seguro obligatorio; o control será máis estrito”, explica. Zalvide insiste en que a proba non cambia para “a maior parte dos vehículos”: “Os turismos van ter a mesma, as motos e os ciclomotores, tamén” e que aínda que entra en vigor agora en maio empezará a ser obligatoria en setembro. 

 

Le a entrevista completa en La Opinión A Coruña 

Pneumáticos, freos e luces, principais puntos de rexeitamento

Maio de 2018

Os principais puntos de rexeitamento na ITV son os pneumáticos, os freos e as luces. Antes de vir pasar a inspección, verifica que as luces do teu vehículo funcionan correctamente, que os pneumáticos están en bo estado e que teñen a profundidade suficiente e que o nivel de aceite e a auga do limpaparabrisas sexa correcto. Deste xeito tan sinxelo podemos evitar ter que voltar a unha segunda inspección á nave. Aínda así, lembra que en Supervisión y Control as revisións de segunda inspección dentro dos 60 días de plazo son gratuítas. 

 

 

Os pneumáticos, consellos e mantemento

Abril de 2018

Os pneumáticos son o único punto de contacto entre o vehículo e o asfalto. A través deles damos as ordes de tracción, freada e dirección. Non deben presentar golpes, fendas ou bolos nos laterais e han ter, a lo menos, un debuxo de 1,6 milímetros. 

A estación de O Allo inspeccionou máis de 257.000 vehículos desde a súa apertura

Abril de 2018

Dende a súa posta en funcionamento, o 5 de xullo de 2012, a estación da ITV instalada no polígono de O Allo non parou de medrar tanto en número de revisións de vehículos como na creación de postos de traballo. Durante estes escasos sete anos de funcionamento leváronse a cabo 257.000 inspeccións e o número de traballadores incrementouse nun 250%, xa que pasou de 4 a 14.

Manuel Muíño Espasandín, alcalde de Zas, puxo de manifesto a importancia do servizo para o municipio e para toda a Costa da Morte. “A ITV foi un dos investimentos máis importantes da historia do noso concello, pero, máis alá do desembolso económico, a importancia do servizo radica en que creou postos de traballos directos e indirectos e evita o trastorno que lle supoñía á veciñanza desprazarse até Arteixo ou Santiago de Compostela para realizar un trámite tan importante para a seguridade viaria como é a inspección técnica dos seus vehículos”.

Preto de 12.000 revisións no que vai de 2018
Ano a ano, o número de inspeccións na ITV de O Allo medra de forma exponencial. O 68,52% das inspeccións realizadas dende os inicios corresponden a turismos; case o 19% a vehículos de mercadorías lixeiras, tales como furgóns e furgonetas de menos de 3.500 quilogramos, e case o 5% das inspeccións realizáronse a vehículos agrícolas.

Como consecuencia do aumento do volume de revisións tamén se incrementaron considerablemente o número de postos de traballo directos. A estación de O Allo abriu con dúas liñas de inspección directas –unha de turismos e outra universal– e cun equipo formado por catro persoas –tres encargadas da realización das inspeccións e unha da área administrativa–. 
Actualmente, a estación de O Allo conta cunha plantilla formada por 14 persoas –dez encargadas da inspección en nave, tres administrativas e un ordenanza que pertence ao proxecto de integración laboral de persoas con discapacidade intelectual Son Capaces–. O horario actual de atención ao público é de luns a venres, de 08.00 a 21.00, e os sábados de 08.00 a 14.30 horas, o que supón un total de 71 horas e media de atención ao público á semana.

Cada vez tamén se amplía máis a área de procedencia dos clientes, que chegan dende toda a comarca de Soneira e de moitos outros puntos da de Bergantiños e Xallas. Carballo, Mazaricos, Santa Comba e incluso Muros son algúns dos puntos xeográficos dende os cales se desprazan.

Carmen Fernández: “A nova ITV será máis esixente coa contaminación”

Abril de 2018

Carmen Fernández Díaz, voceira das ITV en Galicia, acudiu á entrevista do programa da TVG Bos Días para falar dos novos controis da Inspección Técnica de Vehículos.

“O 20 de maio entra en vigor o novo decreto, a reforma vén motivada por unha transposición dunha directiva europea. A partir do 20 de maio, a ITV que se pase en España será homologable en toda a Unión Europea. Por iso, os controis serán máis esixentes. A UE incide na protección do medio ambiente”.

“Preténdense implementar sistemas de diagnose a través un lector que funciona co ordenador de a bordo do vehículo para obter os datos relacionados coas emisións contaminantes”.

 

Ligazón á noticia na TVG

Páxina 2 de 13‹1234›»
  • Carmen Fernández: “O parque móbil de Galicia é o terceiro máis avellentado de España”Outubro de 2019 - 11:43
  • Applus+ logra a adxudicación das ITV en Irlanda por outros dez anosAgosto de 2019 - 15:24
  • David Cañás: “No meu traballo son coma un doutor dos sistemas eléctricos”Xullo de 2019 - 10:02
  • Syc-Applus+ e Castrosua firman un acordo para a revisión dos sistemas de climatización dos seus autobusesXullo de 2019 - 11:50
  • Applus+ Galicia prepara a persoas con discapacidade intelectual para acceder a un empregoXullo de 2019 - 02:40
  • Applus+ Galicia, mejor empresa de la eurorregión España-Portugal en políticas de igualdadXuño de 2019 - 11:36
  • Raquel Grandal: “Os empregados felices fan empresas exitosas”Maio de 2019 - 11:31
  • Applus+ Galicia impulsa unha iniciativa pioneira cos seus Consellos de Conciliación e IgualdadeMaio de 2019 - 12:35
  • Premio José Luis Alvite para Carlos Luis Rodríguez, director de comunicación de Syc ApplusMaio de 2019 - 02:12
  • La Voz de Galicia
    A maioría das inspeccións a coches detectan o mal estado das rodasAbril de 2019 - 11:24
  • Un de cada tres coches non pasa a ITV á primeira en VigoMarzo de 2019 - 11:18
  • Applus+ apuntala o seu posicionamento no sector aeronáutico coa adquisición de A2M IndustrieMarzo de 2019 - 10:50
  • Sonsoles Carbia: “En España xa é normal ver unha muller nuna obra”Marzo de 2019 - 01:35
  • Inauguarción SYC itv A Sionlla
    Applus+ reforza a súa presenza en Latinoamérica co seu modelo de ITVMarzo de 2019 - 11:17
  • Applus+ acada un crecemento do 5,9% e xa supera os 22.800 empregos en todo o mundoFebreiro de 2019 - 16:33
  • Applus+, distinguida coma unha das mellores empresas para traballar en EspañaFebreiro de 2019 - 16:32
  • Lorena Rey: “Neste traballo gústame todo”Decembro de 2018 - 11:56
  • O transporte de perecedoiros xa se homologa en GaliciaNovembro de 2018 - 12:08
  • Alberto Zalvide: «A nova proba é o primeiro paso cara a una inspección máis adaptada á tecnoloxía actual»Septiembre de 2018 - 17:23
  • A ITV evita ao ano case 18.000 accidentes e 133 mortesXullo de 2018 - 13:06
AVISO LEGAL | POLÍTICA DE PRIVACIDADE | POLÍTICA DE COOKIES
CONFIGURACIÓN DE COOKIES
  • Link to Facebook
  • Link to X
  • Link to Instagram
  • Link to LinkedIn
Scroll to top Scroll to top Scroll to top

SYC Applus+ utiliza cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas (por exemplo, páxinas visitadas) ou para cargar contido multimedia. Clica AQUÍ para máis información.

REXEITARAXUSTESACEPTAR

Panel de configuración de cookies



Cookies técnicas

As cookies técnicas permiten o funcionamento da web e protexer a súa seguridade.

Consulta as cookies que almacenamos na nosa Política de cookies.

Estas cookies deben estar sempre activas

Cookies de análisis

Permítennos coñecer como interactúas na web, o número de visitas nas diferentes seccións e establecer estatísticas para mellorar as nosas prácticas comerciais.

Consulta as cookies que almacenamos na nosa Política de cookies.



Vídeos de Vimeo e Youtube:

GARDAR CONFIGURACIÓNACEPTAR TODAS AS COOKIESREXEITAR TODAS AS COOKIES
CONSELLOS
  1. Revisa as luces: o 20% dos vehículos rexeitados teñen que volver por unha simple lámpada que non funciona… Unha pequena revisión, con axuda de outra persoa, permitiranos verificar que funcionan correctamente todos os dispositivos e reparar aqueles que non funcionen correctamente antes de acudir a inspección.
  2. Checa os pilotos do cadro: ningún debe de permanecer aceso en cor laranxa ou vermello, dado que iso advirte dun mal funcionamento dalgún sistema.
  3. Comproba os pneumáticos: Asegurarnos de que teñen a presión adecuada, que teñen debuxo suficiente en toda a banda de rodaxe e que non presenten gretas, roturas ou deformacións nos laterais ou flancos evitaría o 22% dos rexeitamentos en inspección.
  4. Verifica os niveis: aceite, refrixerante, auga do limpa… Sen un nivel de aceite suficiente non poderemos realizar a proba de emisións.
Medidas máximas admisibles Móbil 6
Distancia entre primeiro e segundo eixo 3200 mm
Anchura total 2000 mm

*Todas estas medidas aparecen reflexadas na Tarxeta de Inspección Técnica do seu vehículo.

Medidas máximas admisibles Móbil 2
Distancia entre primeiro e segundo eixo 3200 mm
Anchura total 1900 mm
Voladizo posterior 1400 mm
Roda xemelga Non admisible

* Todas estas medidas aparecen reflexadas na Tarxeta de Inspección Técnica do seu Vehículo.

Medidas máximas admisibles Móbil 1
Distancia entre primeiro e segundo eixo 3600 mm
Anchura total 2000 mm
Voladizo posterior 1500 mm
Roda xemelga Non admisible

*Todas estas medidas aparecen reflexadas na Tarxeta de Inspección Técnica do seu vehículo.

Inspectores/as en diferentes centros da nosa rede de estacións SYC itv.

Supervisión y Control é a entidade concesionaria da Xunta de Galicia encargada da Inspección Técnica de Vehículos na Comunidade Autónoma. Integrados no grupo empresarial Fomento de Iniciativas, traballamos pola seguridade e a protección do medioambiente.

Estamos presentes en todas as provincias de Galicia, dando servizo nun total de 23 estaciones ITV fixas e 10 móbiles repartidas por todo o territorio xeográfico.

Actualmente, necesitamos incorporar inspectores/as en diferentes centros da nosa rede de estacións SYC itv.

Descripción da oferta.

Nº vacantes: 5 – 25

Localidade: varias de todas as provincias.

Funcións:

  • Execución das Inspeccións Técnicas de Vehículos de acordo ao establecido nos manuais de calidade.
  • Atención ao cliente.                         

Requisitos mínimos:

  •  Título de Formación Profesional rama Automoción (FP/ Ciclo).
  • Experiencia profisional como mecánico/a en empresa do sector.

Ofrecemos:

  • Contrato temporal.
  • Salario competitivo.

Se queres formar parte do proceso de selección, ¡envíanos o teu currículo!

Política de Cookies

I. A páxina web https://www.sycitv.com utiliza cookies. As cookies son paquetes de datos que se almacenan no dispositivo dos usuarios que visitan unha web, xerando determinada información que pode ser lida polo servidor que as instalou. As cookies non causan ningún dano nos equipos e, na maior parte dos casos, bórranse automaticamente transcorrido un tempo.

II. Ao acceder á web, o usuario pode recibir dous tipos de cookies:

  • Cookies de personalización, que permiten mostrar a páxina web cunha configuración determinada.
  • Cookies de análise, mediante as cales podemos obter estatísticas sobre o uso da páxina.

III. A continuación, preséntase unha descrición detallada das cookies que se instalarán no equipo do usuario en caso de continuar a navegación pola páxina web:

  • Cookies de sesión PHP caducan coa sesión.
  • Cookies de Google Analytics, _gat caducan aos 10 minutos.
  • Cookies de Google Analytics, _ga caducan aos 2 anos.
  • Cookies de personalización de Idioma _icl_current_language, caducan nun día.

IV. O usuario ten en todo caso a posibilidade de aceptar ou rexeitar as cookies modificando a configuración do seu navegador. Nas seguintes ligazóns, facilítase a información necesaria para iso:

  • Firefox
  • Google Chrome
  • Internet Explorer
  • Safari
Información básica sobre protección de datos

Responsable do tratamento

Razón Social: SUPERVISIÓN Y CONTROL, S.A.U. (“SYC”).

Domicilio Social: Estación de Inspección Técnica de Vehículos do Espírito Santo, Ctra. N-VI, km. 582, 15168 O Espirito Santo. Sada (A Coruña).

C.I.F. A.-15.117.609

Máis información

Finalidades Principais

  1. Xestión do servizo de cita previa para a inspección técnica de vehículos, así como para a xestión de pago do servizo online, e se sé o caso, para o envío de avisos de confirmación / recordatorios de cita previa por correo electrónico e/ou mensaxes SMS, MMS ou servizos de mensaxería instantánea (p.ex. WhatsApp) ou outros medios electrónicos equivalentes, avisos de confirmación de acceso directo á liña de inspección, información e indicacións para o seu acceso, así como, se é o caso, remisión de factura en formato electrónico baixo correo electrónico.
  2. Xestión da prestación a clientes do servizo de inspección técnica.
  3. Xestión, atención e seguimento adecuado de suxestións, consultas e/ou reclamacións sobre os servizos de inspección técnica de vehículos.
  4. Xestión do grado de satisfacción do servizo ofrecido baixo a realización de enquisas a través do correo electrónico.
  5. Xestión de avisos recordatorios de vindeira inspección e de vencemento de inspección, baixo a realización de chamadas telefónicas ou envío de mensaxes por correo electrónico SMS, MMS ou servicios de mensaxería instantánea (p.ex. WhatsApp) ou outros medios electrónicos equivalentes.
  6. Participación en sorteos e promocións aos que vostede se inscriba.

Máis información

Bases lexitimadoras

  1. Execución dun contrato no que o interesado é parte.
  2. Cumprimento de obrigacións legais vixentes ás que SYC se atopa suxeita.
  3. Interés lexítimo.
  4. Consentimento.

Máis información

Datos persoais

  • Detalles Identificativos: nome e apelidos, sinatura e, no caso de solicitar factura, NIF.
  • Datos de Contacto: correo electrónico, teléfono de contacto, dirección postal.
  • Datos para o pagamento do servizo: tarxeta de débito ou crédito, conta bancaria (en caso de facturación diferida).
  • Outros: matrícula do vehículo, número de bastidor.

En caso de clientes persoas xurídicas: nomes e apelidos, teléfono e datos de contacto do traballador, representante ou persoa de contacto na sociedade.

Máis información

Destinatarios

Empresas do grupo Applus e outros prestadores de servizos.

Forzas e corpos de seguridade, xuíces e tribunais, entidades reguladoras, autoridades gobernamentais ou outros terceiros competentes.

Máis información

Transferencias internacionais

Os seus datos persoais poden ser transferidos, almacenados e procesados en países que non proporcionan un nivel adecuado de protección de datos de carácter persoal baixo o dereito da Unión Europea. Implementamos garantías axeitadas (en particular, compromisos contractuais) para garantir que os seus datos estean suficientemente protexidos.

Máis información

Dereitos

Entre outros, os dereitos de acceso, rectificación e cancelación de datos persoais e o dereito de oposición ao tratamento de datos persoais e de revogar o seu consentimento. En particular, ten o dereito de opoñerse ao tratamento dos seus datos persoais en calquera momento, cando se basee no interese lexítimo de SYC.

O exercicio destes dereitos pódese facer efectivo escribindo un correo electrónico, incluíndo unha copia do seu DNI ou documento de identidade a privacidad@sycitv.com

Máis información

Información ampliada

Dispoñible nesta dirección.

Recomendámoslle que lea esta información detidamente.

Vostede ten o dereito para opoñerse ao tratamento dos seus datos persoais, en calquera momento, cando o mesmo se basee no interese lexítimo, incluíndo para fins como o envío de avisos recordatorios de próxima inspección e de vencemento de inspección enviando un correo electrónico a privacidad@sycitv.com, incluíndo a referéncia “Protección de Datos” e acompañando unha fotocopia do seu D.N.I. ou documento de identificación equivalente.

Desexa rexistrarse?

Se desexa rexistrarse pode solicitalo na Estación ITV máis próxima ou a través do noso Centro de Atención ao Cliente chamando ao 981 903 000