Unha ITV para conquistar mundo
Para competir con éxito nesta era global hai que ser distinto. Ofrecer ao potencial cliente valor engadido, un factor diferencial que decante a balanza cando chega a hora de conquistar un contrato. Conscientes diso, en Supervisión y Control (SyC), a empresa galega que gestiona e explota os puntos de Inspección Técnica de Vehículos (ITV) que hai na comunidade, decidiu hai case dous anos activar un proxecto que habería de impulsar os plans de internacionalización nos que traballa. A idea? Unha ITV modular, fácil de montar e desmontar, trasladable ademais con relativa sinxeleza a calquera país do mundo polo que apostase.
Máis información en La Voz de Galicia