Eladio Iglesias, o home da ITV
É un pionero da Inspección Técnica de Vehículos. Cando empezou a traballar, cansouse de ver Renaults 5. Eladio Iglesias González, xefe da estación de ITV de Sabón, acábase de xubilar logo de máis de tres décadas na empresa Supervisión y Control. Empezou na ITV de O Porriño en 1987 e foi pasando por distintas estacións ata o seu último destino no citado polígono. Compañeiros procedentes de varios puntos de Galicia acudiron á cea organizada con tal motivo no restaurante El Pantano. Tratándose da empresa que se trata esta festa, deberían repetila cada ano para poder comprobar o estado do xubilado.
Ler o artigo en La Voz de Galicia